miércoles, 5 de marzo de 2014

Curso "Aprende inglés utilizando as novas tecnoloxías"


Este curso permitirá ao alumnado mellorar a plasticidade cerebral, o desempeño intelectual, potenciar a aprendizaxe, a concentración e a memoria, aumentando así a súa capacidade, mediante unha serie de actividades interactivas realizadas a través do ordenador (xogos, vídeos e comentarios de noticias dispoñibles en Internet).

O alumno/a aprenderá de forma autodidacta tanto o idioma como o manexo das TIC´s na súa casa.

Para participar é necesario ter coñecementos e experiencia previa no manexo do ordenador e Internet.

Terá lugar os días 11, 14 e 18, de 16:30 a 18:20 h. (duración: 6 horas)

Hai 20 prazas dispoñibles, inscríbete xa na oficina de Administración.


No hay comentarios: