miércoles, 12 de marzo de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XIV)

Iniciamos semana lectora nestas crónicas, co libro que temos entre mans no club de lectura: “Mi India” de Jim Corbett. Como ben pode deducirse do título trátase dun fresco sobre o país.

Falamos do autor, do que podemos dicir que naceu en 1875 en Naini Tal, aos pés do Himalaia. Foi coronel do exército inglés e cazador, e mentres rexistra fotográficamente gran parte das paisaxes da India. Co tempo, convértese nun cazador e naturalista de sona, que destacará polo seu activismo conservacionista e polas súas cacerías de animais antropófagos, sendo logo, un dos máis famosos proteccionistas da vida salvaxe.

Trala súa morte, o goberno indio da o seu nome á máis importante reserva de tigres do país, o “santuario” de Kumaon, denominado dende entón Jim Corbett National Park.

Non foi ata 1907 cando Corbett cazou o seu primeiro animal antropófago: a tigresa de Champawat. Segundo os rexistros oficiais, esta femia de tigre tiña atacado, matado e comido a 438 persoas, de xeito que se convertera nun pesadelo para os nativos e as autoridades coloniais que puxeran prezo a súa cabeza. O goberno asignara un importante número de shikaris (denominación na India dos cazadores profesionais) gurkhas (forzas nepalesas ao servizo do exército británico) e soldados, pero ninguén a puido atopar. Así foi que nunha viaxe, Corbett aceptou o convite para cazala: poñendo dúas condicións: que os cazadores marcharan e que retiraran a recompensa.


O naturalista nunca cobrou por cazar animais e sempre viu coma un deber, eliminar feras que asolaban a población local, sendo unha medida defensiva. A tigresa de Champawat caeu finalmente baixo o fogo do seu vello Martini Henry de pólvora negra. Jim Corbett tiña un nivel de observación excelente e moita resistencia, ademais de poñer tódolos seus sentidos na lectura das sinais que o bosque ofrecía e así predecir o movemento da fauna salvaxe.

Doutra banda, o autor británico foi quen de mesturarse dun xeito incríble cos nativos da zona e a población local: comendo a súa comida, falando a súa lingua, vivindo con eles e sendo sensible á súa cultura e crenzas religiosas.

A casa do naturalista en Kaladhungi (a 28 km do Parque Nacional) é agora un museo que atrae e moitos turistas e admiradores de tódalas partes do mundo.Xa que logo, a zona atópase na unión de dúas rexións ben distintas da colina de Uttaranchal y Kumaon, e polo tanto, o Parque representa unha síntesis das culturas destas dúas zonas de montaña.

No tocante a obra de Corbett, hai que dicir que se trata íntegramente de relatos e artigos co denominador común que foi a India. Seis volúmenes conforman o legado do escritor e cando se len, un advirte nesas obras, o estilo marcado polos grandes narradores da súa época: Stevenson, Conrad ou Kipling de quen foi admirador e con quen compartiu o seu amor pola selva e os seus habitantes.

Os relatos sobre cacerías son sobrios, sen escenas macabras, nus de presunción e heroísmo. Son realistas e transportan ao lector cara a fría e oscura espera do tigre na medianoite da selva. Cando lemos estamos alí; sos con Corbett, o seu rifle e a lámpada de queroseno...Agardando...


1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi interesante, parece