jueves, 13 de febrero de 2014

Cita ás cegas na Sala Infantil


Se vés pola biblioteca é sinal de que amas os libros...

Desta vez, na Sala infantil propoñémosche unha "cita ás cegas". Mañá poderás atopar libros envoltos de xeito que non poidas ver nin autor nin título. Só teñen unha indicación de cor coa idade recomendada e unha "pista" que nos dí "algo" do libro. ¿Serás quén de escoller algún destes libros misteriosos?

Poida que xa o coñezas ou poida que non. Poida que non che guste nada ou que te namores del. É o risco dunha "cita ás cegas"…

Agardamos que as escollas se convirtan en doces sorpresas!

P.D.: se queres manter o misterio ata chegar á túa casa, deberás prestalo na propia Sala Infantil / Xuvenil ou no mostrador central de préstamo.


No hay comentarios: