miércoles, 26 de febrero de 2014

As crónicas do Club de Lectura (XII)

Comezamos esta semana coa proposta de lectura de Arto Paasilinna e o seu “Delicioso suicidio en grupo”, unha novela máis que coñecida xa, do autor finlandés.

Xa fai tempo que defendo unha particular cruzada a favor de Paasilina, baseada no seu fantástico tratamento do humor. Non é fácil atopar na literatura contemporánea boas historias tinguidas de humor que ao mesmo tempo leven á reflexión.

En “Delicioso suicidio en grupo” coñecemos a Onni Rellonen, xerente dunha pequena empresa que quebrou, que anda co ánimo destartalado e na noite de San Xoán, decide poñer fin a súa vida. Parece ter atopado o lugar perfecto nun graneiro, pero descubre sorprendentemente que non está solo: outro home, o coronel Kemppainen, tamén escolleu o mesmo sitio para suicidarse.

Logo dese encontro, ámbolos dous fanse amigos e chegan a idea xenial de fundar unha asociación de aspirantes a suicidas. Así, coñecerán a unha serie de personaxes do máis pintorescos e recorrerán Europa na procura do mellor acantilado no que abandoarse á morte.

"– Si ahora nos tirásemos al lago para ahogarnos, dejaríamos a más de seiscientas personas a su suerte. Podrían matarse. Moralmente seríamos responsables de sus muertes – filosofaba el director al borde del embarcadero.

- Bueno, sí... ahora no sirve de mucho suicidarse, justo cuando nos hemos echado sobre las espaldas a un batallón de pobres diablos -admitió el coronel.

- Un auténtico batallón de suicidas – añadió Rellonen." (fragmento da obra)

Con este prantexamento está claro que o lector atopará, situacións absurdas e cómicas que arrincarán máis dun sorriso, pero tamén é verdade que Paasilinna persegue a reflexión. Porque non podemos esquecer que a relación dos finlandeses coa morte é especial, xa que o país rexistra un dos índices máis altos de suicidio.

"El enemigo más poderoso de los finlandeses es la oscuridad, la apatía sin fin. La melancolía flota sobre el desgraciado pueblo y durante miles de años lo ha mantenido bajo su yugo con tal fuerza, que el alma de éste ha terminado por volverse tenebrosa y grave. Tal es el peso de la congoja, que muchos finlandeses ven la muerte como única salida a su angustia." (fragmento da obra)

As novelas deste autor son un retrato encarnizado da sociedade contemporánea (especialmente da nórdica) e a crueldade da que parten sería imposible de dixerir sen o tamiz de humor que el lle impregna. Paasilinna non frivoliza, senón que tende a conducir ao lector cara unha perspectiva nova de ver as cousas.

Ocorre deste xeito en todas as súas obras, xa que en temática e estilo e bastante recorrente: a morte, a amistade, a defensa da natureza,…vistas dende unha perspectiva humorística. Delas, podedes atopar unha selección interesante na biblioteca; das que destacaría, ademáis da presente, “El bosque de los zorros” (N PAA bos). Xa tamén dispoñible na súa tradución ao galego “ O bosque dos raposos aforcados” (G-N PAA bos).


1 comentario:

Anónimo dijo...

O ano pasado tivemos ocasión de ver á adaptación ao teatro da obra en Lugo