miércoles, 12 de febrero de 2014

As crónicas do Club de Lectura (X)

Din as lenguas literarias de pro que se eres un verdadeiro hipster (grupo de persoas cun estilo de vida fóra do convencional, que por regra xeral establecen novas tendencias alternativas asociadas á música independente ou correntes culturais alonxadas do predominante) das letras, tes que ler entre outros, a Philip Roth.

Así que tomamos a luva tendida no club e imos esta semana con “La mancha humana”.

E quén é Philip Roth? Pois probablemente un dos autores máis premiados da súa xeración. O National Book Award foi acadado por dúas das súas novelas, e con “La mancha humana” foi quen de obter o premio británico WH Smith Literary como libro do ano. Punto e aparte dun Pulitzer conseguido pola obra “Pastoral americana” e do premio Príncipe de Asturias das letras do 2012 en España. Despois do cal, Philip Roth confirmou a súa decisión de non seguir escribindo.

Parece ademáis que é un dos autores máis influintes nos EE.UU. onde existe unha revista semestral chamada Philip Roth Studies avalada pola Purdue University Press y la Philip Roth Society.

O escritor, nado en 1933, crece en Newark, sendo o segundo fillo dunha familia xudea estadounidense recén emigrada da rexión de Galitzia, en Europa Central. Logo de graduarse, foi a Universidade de Chicago e obtivo unha mestría en literatura inglesa. Exerce como profesor de escritura creativa e máis tarde, de literatura comparada. Sirve dous anos no exército e no 1960, gaña co seu libro Goodbye Columbus, o seu primeiro premio.

A sinopsis da novela que nos toca ler esta semana, diría así: Coleman Silk, un catedrático de Universidade, ve como a súa carreira e reputación quedan destrozadas logo de facer un comentario racista inoportuno. Estamos en 1998 e o puritanismo e a corrección política invaden os Estados Unidos. Pero a verdade de Silk vai desarmar ás acusacións dos seus detractores, xa que logo, garda un secreto que ninguén coñece. Será o escritor Nathan Zuckerman (un alter ego creado por Roth que aparece en diversas das súas obras) quen reconstruirá a biografía descoñecida de Silk.

Roth afirma: “Si me pregunta si quiero que mi ficción cambie la cultura, la respuesta sigue siendo no. Lo que yo quiero es poseer a mis lectores mientras leen mi libro- si puedo, poseerlos de una manera que otros escritores no hacen-“ e dende o club queremos ser poseídos pola escritura ata atraparnos se é posible.

Coma sempre, se queredes ler canda nós, a novela está dispoñible na Biblioteca baixo a sinatura N ROT man. E os comentarios neste blog tamén son benvidos!


No hay comentarios: