miércoles, 5 de febrero de 2014

As crónicas do Club de Lectura (IX)

Fai un tempo limos no club de lectura “En el tiempo de las mariposas”, unha novela de Julia Álvarez que está baseada na historia real das hermanas dominicanas Mirabal. Un libro que gustou moito pola maneira de contar e pola fascinante forza e ánimo de superación que desprendía esa familia.

Na novela a autora narra a vida da familia Mirabal durante a tiranía de Trujillo. Patria, Minerva e Teresa (tres das irmás), asumen un compromiso político para tentar derrocar ao réxime ditatorial. Acosadas e perseguidas, as irmás Mirabal foron asesinadas pola policía secreta do dictador dominicano Rafael Leónidas Trujillo o 25 de Novembro de 1960. Tamén coñecidas como “Las mariposas”, morreron cando regresaban de visitar aos seus maridos encarcelados na Fortaleza de San Felipe, ao norte de Santo Domingo, só uns días antes do derrocamento definitivo do ditador.

Recuperamos hoxe a súa historia neste blog na honra de Bélgica Adela Mirabal (Dedé), a última das irmás Mirabal, que faleceu o sábado pasado aos 88 anos de idade, e en cuia memoria a ONU foi quen de establecer o 25 de Novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

“Dedé”, como única supervivinte desa masacre, foi quen se fixo cargo dos seis fillos das súas irmás asasinadas e quen preservou a memoria da familia. Co tempo, esta muller foise convertindo nun símbolo da democracia dominicana e heroína da liberdade no seu país.

Tamén no ano 2001, Salma Hayek protagonizou a película do mesmo nome que a novela. Ambos soportes moi recomendables para coñecer máis de preto sobre a ditadura dominicana e a historia das mariposas.



No hay comentarios: