viernes, 29 de noviembre de 2013

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 30, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



jueves, 28 de noviembre de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Xa se achega Decembro e temos un montón de novidades nos andeis de non-ficción!! Unha boa maneira de botarlle un ollo a algún libro e coller ideas para regalar este Nadal. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premede aquí


Mañá na Biblioteca...


Temos animación con Os contos de Pablísimo "Príncipas e Princesos"

¡Faise saber que se buscan príncipes rosas...e princesas azuis!
¡Faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de Príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!
Son contos de Príncipas e Princesos! Unha divertida reflexión sobre a igualde.

Unha actividade para nen@s de 4 a 9 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 29, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 27 de noviembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (II)

"¿Quién fue William Petty? ¿Un experto en arte clásico o un ladrón de obras de arte? Lo que sabemos con certeza es que fue uno de los primeros aventureros en perseguir los tesoros de la antigua Grecia a lo largo de la orilla del Mediterráneo y también uno de los primeros locos que consiguió apoderarse de las obras maestras de la humanidad. La historia ha olvidado su nombre. Sin embargo, William Petty fue el pionero que siguió los rastros de la Antigüedad para ofrecerlos a la posteridad.(…)

La historia de nuestro protagonista es un misterioso viaje. Petty empleó cualquier método, lícito o no, para llevar a Inglaterra trofeos de incalculable valor. Obras que hoy, cuatro siglos después, seguimos admirando en los más importantes museos del mundo."

A miña experiencia como lectora, faime desconfiar das contraportadas porque non lle son fieis ao libro en máis do 50% dos casos. No club de lectura andamos a ler “La extraordinaria vida de William Petty”, de Alexandra Lapierre e velaí tedes un exemplo de cómo distorsionar a información de cara a captar lectores ávidos de aventuras.

Acontece varias veces que, no club, temos que “partir” as lecturas. Isto é: naqueles libros nos que a extensión é moi ampla, vémonos na obriga de facer lecturas fraccionadas en varias sesións. Esta vez é así, xa que a novela acada as 460 páxinas, notas da autora aparte. De xeito que para a sesión inicial, propúxosenos a lectura das 120 primeiras.

E aquí era onde quería eu chegar. Nestas circunstancias, estou en condicións de reafirmarme no anterior: a obra ata o momento non ofrece aventuras, nin sequera un chisco de intriga para un ladrón como se di de Petty, de obras de arte.

De maneira que así estamos: tentando averiguar se Alexandra Lapierre (filla do afamado Dominique Lapierre) foi quen de, non só facer unha investigación exhaustiva (que parece que si), senón de trasladar á ficción o que prometía ser unha máis que interesante vida. A historia do personaxe real William Petty.

Na biblioteca podedes atopar esta historia baixo a sinatura N LAP ext

E tamén as obras máis recentes da mesma autora, como son:


Máis información sobre a autora en www.alexandralapierre.com


martes, 26 de noviembre de 2013

La boda de Kate, de Marta Rivera de la Cruz

Despois de que a inesperada reedición das pouco exitosas novelas do seu tío a fixese herdar unha pequena fortuna, a repousada e sensata Kate Salomon vive unha existencia prácida nunha casa en Ribanova que comparte con dúas amigas. Pero o día do seu 72 aniversario acontece algo completamente inesperado: Forster Smith, o home ao que rexeitou tres veces e do que estivo namorada dende os vinte anos, preséntase ante a súa porta cun ramo de flores e unha oferta de matrimonio.

A partir de aí, a vida de Kate -e das súas dúas anciás amigas girará en torno á preparación desta voda, coa que case ninguén está de acordo... en especial a familia de Kate, que teme que Forster Smith acabe coa herdanza que esperan recibir.


E mentres ela prepara o seu vestido de noiva, a pequena comunidade de Ribanova bole en torno a este acontecemento singular que non só vai cambiar as vidas dos noivos.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N RIV bod novidades romántica




lunes, 25 de noviembre de 2013

A cita da semana

Mesa de conversa en francés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 26, a partir das 12:30 na Sala multiusos

Animádevos a participar!



viernes, 22 de noviembre de 2013

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 23, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Certame de poesía infantil "Nadal 2013"


Xa está aquí o Certame de Poesía "Nadal 2013"

Nel poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal". Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición (descargar aquí), e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha sola cara.

Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C --- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 23 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. O fallo do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2014.


Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.



jueves, 21 de noviembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo "Pequena" con Talia Teatro

Un espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo. Unha contada con sorpresas como o pequeno circo de pulgas, as botas de sete leguas,...

Unha actividade para nen@s de 4 a 10 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 22, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 20 de noviembre de 2013

A cita da semana



Comezamos "As crónicas do Club de Lectura"

“Un libro es una cosa entre las cosas, un volumen perdido entre los
volúmenes que pueblan el universo, hasta que da con su lector,
con el hombre destinado a sus símbolos”
Jorge Luis Borges


Veño apurada, chego un pouco tarde e non me gusta perderme as intervencións dos meus compañeiros; pero en canto abro a porta oio:

"El conde me ha invitado a su castillo. Naturalmente yo llevaré la bebida"
(microrelato de Ángel García Galiano)

O seguinte, un sorriso. E é que na sesión de hoxe, tocaba comentar relatos e microrrelatos. Así, debullando palabras, expresións e pequenas sentenzas é como nos imos internando no mundo da literatura breve, seguindo a selección ofrecida polo noso coordinador.

O meu lema é: "Se les, compárteo"... e se nunca fuches a un club de lectura, vanche entrar as ganas. É o meu terceiro ano nun club e crea adicción. Asegúrocho!

Sabes cando cres que o protagonista da novela é un pedante fachendoso? Ou cando che entran ganas de dicirlle ao detective que ti fai varias páxinas que sabes quen é o asasino? Pois iso é o que facemos no club: compartir lectura para intercambiar impresións. 


O caso é que lemos a proposta semanal cada un polo seu lado, reunímonos todos os xoves na biblioteca para comentala e cando pechamos a porta da sala para abrir o libro, facemos maxia.

Entón, descubrimos libros que non leramos, historias escondidas que non crías que podían existir e o que é mellor e parece máis incrible: coñeces xente que, como ti, goza lendo.

Isto é a antesala dunha crónica exhaustiva, compartida e en ocasións delirante, que pretende narrar as andanzas deste club de lectura.

Non cho perdas. Ofrézoche recensións de libros, por se che faltan propostas; detalles curiosos, por se hai ganas de arrancar un sorriso e literatura que todo o cura. O café, terás que poñelo tú...ou o té, que tamén é moi oportuno.



martes, 19 de noviembre de 2013

Mesa de conversa en inglés


Mañá, mércores 20, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Café Filosófico


Hoxe temos unha nova reunión do noso Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema:  o amor

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


lunes, 18 de noviembre de 2013

Mesa de conversa en francés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 19, a partir das 12:30 na Sala multiusos

Animádevos a participar!



14, de Jean Echenoz

Como escribir sobre a Gran Guerra, a primeira guerra «tecnolóxica» do século XX, e a porta, tamén, a medio século de barbarie sen precedentes?

Echenoz enfróntase a un novo reto literario que supera con mestría. A atinada pluma do escritor avanza xunto aos soldados nas súas longas xornadas de marcha polos países en guerra e acompaña catro mozos da Vendée, Anthime e os seus amigos, no medio dunha masa indiscernible de carne e metal, de proxectís e mortos.

Pero tamén nos conta a vida que continúa, lonxe das trincheiras, a través de personaxes como Blanche e a súa familia. E todo iso sen renunciar a esa sutil ironía que caracteriza a súa escritura, condimento imprescindible dun relato apaixonante.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ECH cat novidades histórica

viernes, 15 de noviembre de 2013

Ler é perigoso


Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 16, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



jueves, 14 de noviembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos actividade por partida dobre con A Illa d@s Nen@s e "Maxia vs. Ciencia"

Primeiro, un espectáculo para todos os públicos, ás 18:00 h. no Salón de Actos

E despois, un obradorio para rapaces de 7 a 14 anos, ás 19:00h. na Sala mulitusos 

Para participar no obradoiro é necesario inscribirse no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Agardámosvos!!


miércoles, 13 de noviembre de 2013

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Unhas pouquiñas novidades para pasar estas tardes de frio (que xa están chegando) acurrucadiños na casa? Pois vide dar unha volta pola biblioteca e escollede algún dos novos títulos que temos para vós. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premede aquí


martes, 12 de noviembre de 2013

Ampliamos o prazo para o curso de Ofimática Básica


Informámosvos de que aínda estades a tempo de apuntarvos ao noso curso de Ofimática Básica. Para inscribirse tan só é necesario ser socio da biblioteca. Un bo xeito de achegarse ás novas tecnoloxías e perderlle o medo ao ordenador. O curso ten un cupo de 10 prazas.

Manterémosvos informados das datas e horario no que comece o curso.

Podedes descargar a folla de inscripción aquí


Mesa de conversa en francés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos hoxe, martes 12, a partir das 12:30 na Sala multiusos

Animádevos a participar!



lunes, 11 de noviembre de 2013

Los años de peregrinación del chico sin color, de Haruki Murakami

Cando Tsukuru Tazaki era adolescente, sentábase durante horas nas estacións para ver pasar os trens. Agora, con trinta e seis anos, é un enxeñeiro que deseña e constrúe estacións de ferrocarril e que leva unha vida tranquila, talvez demasiado solitaria. Cando coñece a Sara, unha muller pola que se sente atraído, empeza a formularse cuestións que cría definitivamente resoltas. 

Entre outras, un traumático episodio da súa xuventude: cando ía á universidade, o que foi o seu grupo de amigos dende a adolescencia cortou bruscamente, sen dar explicacións, toda relación con el, e a experiencia foi tan dolorosa que Tsukuru mesmo acariciou a idea do suicidio. Agora, dezaseis anos despois, quizais logre descubrir que sucedeu exactamente.

Ecos do pasado e do presente, pianistas capaces de predicir a morte e de ver a cor das persoas, mans de seis dedos, sonos perturbadores, rapazas fráxiles e mortes que suscitan interrogantes compoñen a paisaxe, pautado polas notas de "Los años de peregrinación" de Liszt, polo que Tsukuru viaxará en busca de sentimentos longo tempo ocultos. Decididamente, chegoulle a hora de subir a un tren.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MUR año novidades vida cotiá




viernes, 8 de noviembre de 2013

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 9, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



jueves, 7 de noviembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos "Obradoiro de música" coa nosa voluntaria Vanesa

Unha actividade para nen@s de 4 a 7 anos

Para participar é necesario inscribirse no mostrador da Sala Infantil (10 prazas)

Mañá, venres 8, ás 18:00 h. na Sala multiusos