jueves, 31 de octubre de 2013

Na sala de audiovisuais... Las sesiones

Baseada nos conmovedoramente optimistas escritos autobiográficos do xornalista e poeta, Mark O'Brien.

"Las sesiones" conta a historia dun home que pasou a maior parte da súa vida confinado nun pulmón de aceiro e que está decidido -aos seus 38 anos- a perder a súa virxindade.

Coa axuda do seu terapeuta e a orientación do seu sacerdote, acomete a empresa de converter o seu sono en realidade

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA SES


(fuente: LaButaca)

miércoles, 30 de octubre de 2013

A cita da semana

Mesa de conversa en francés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Biblioteca.

Animádevos a participar!



martes, 29 de octubre de 2013

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Estes días chegaron novos títulos aos nosos andeis... Vide botarlles un ollo á biblioteca, ou se o preferides sempre podedes consultar o noso boletín en internet, vos elexides! ;)  Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premede aquí


lunes, 28 de octubre de 2013

Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini

A decisión dunha humilde familia campesiña de dar unha filla en adopción a un matrimonio adiñeirado é o fundamento sobre o que Khaled Hosseini, autor dos inesquecibles "Cometas en el cielo" e "Mil soles espléndidos" teceu este formidable tapiz no que se entrelazan os destinos de varias xeracións e explóranse as infinitas formas en que o amor, o valor, a traizón e o sacrificio desempeñan un papel determinante nas vidas das persoas.

A historia arranca nunha remota e desolada aldea de Afganistán, onde Sabur e a súa segunda muller se enfrontan en condicións precarias á chegada doutro inverno implacable. Abdulá, o fillo maior, de dez anos, coidou da súa irmá Pari dende que era pequena, e agora ambos os dous escoitan cativados a triste historia que lles relata o seu pai antes de deitalos, a véspera de iniciar unha longa viaxe que os conducirá ata Kabul. Alí, nas buliciosas rúas da capital, dará comezo este fascinante itinerario que guiará o lector dende o outono de 1952 ata o presente, de Kabul a París, dende a illa grega de Tinos ata San Francisco.

Seis anos despois da publicación da súa anterior novela e superados os 38 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, Khaled Hosseini volve demostrar o seu inmenso talento para narrar historias con valor universal e a súa inesgotable capacidade para crear personaxes que nos resultan asombrosamente próximos e auténticos.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N HOS yla novidades vida cotiá



viernes, 25 de octubre de 2013

A cita da semana


Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 26, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



jueves, 24 de octubre de 2013

Pequeno Museo Itinerante


Mañá podedes desfrutar dunha nova actividade para todos os públicos, o “Pequeno Museo Itinerante de obxectos e fragmentos de contos" con José Campari

Un encontro có contador de historias e autor de varios libros editados por OQO, José Campari

Non volo perdades!

Mañá, venres 25, ás 18:00 h. no Salón de Actos


miércoles, 23 de octubre de 2013

Mañá na Biblioteca...


 E con motivo do Día da Biblioteca, temos o espectáculo "Historia dunha semente" con Caramuxo

Un espectáculo de monicreques de mesa e actores contado en clave de comedia. Unha fábula que trata sobre a natureza e os cambios que se producen nela.

Unha actividade para nen@s a partir de 3 anos

Non é precisa inscripción previa

Mañá, xoves 24, ás 18:00 h. na Ludoteca


24 de Outubro, Día da Biblioteca


Mañá é o Día da Biblioteca, e para celebralo temos Xornada de Portas Abertas; para todos aqueles que queirades coñecer a Biblioteca moito máis a fondo.

Ademáis, presentaremos o vídeo "Benvido á tua casa” onde se fai un breve percorrido pola biblioteca e tamén o novo servizo “A biblioteca na tua casa”

"A biblioteca na túa casa" é un servizo que vai a levar a biblioteca á xente que por problemas de saúde ou de mobilidade, non pode achegarse á biblioteca.

Consistirá en levar os préstamos á casa. O servizo é gratuito, e o único requisito é que vivas dentro do casco urbano de Lugo. Se vives fóra da zona urbana, terías que facerte cargo dos gastos de envío por correo. Os préstamos levaraos a voluntaria cultural María

Para máis información entrade na nosa web www.rbgalicia.xunta.es/lugo/ ou chamade por teléfono ó 982 228 525.


Esperemos que desfrutedes do noso día!


martes, 22 de octubre de 2013

Mesa de conversa en inglés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mañá na Biblioteca...


Temos a actividade"En busca do tesouro" coa nosa voluntaria Melina

Unha actividade para moz@s a partir de 10 anos

Non é precisa inscripción previa

Mañá, mércores 23, ás 18:00 h.


lunes, 21 de octubre de 2013

Circo máximo: la ira de Trajano, de Santiago Posteguillo

"Circo Máximo" é a historia de Trajano e o seu goberno, guerras e traizóns, lealdades insubornables e historias de amor imposibles. Hai unha vestal, un xuízo, inocentes acusados, un avogado especial, mensaxes cifradas, códigos secretos, batallas campais, fortalezas inexpugnables, asedios sen fin, dous aurigas rivais, o Anfiteatro, os gladiadores e tres carreiras de cuadrigas.

Hai tamén un cabalo especial, diferente a todos, leis antigas esquecidas, sacrificios humanos, amargura e terror, pero tamén fulgores de nobreza e esperanza, como a chama de Vesta, que mentres arde preserva a Roma. Só que hai noites nas que a chama do Templo de Vesta treme. A roda da Fortuna comeza entón a xirar. Neses momentos, todo pode pasar e ata a vida do propio Trajano, aínda que el non o saiba, corre perigo. E, isto é o mellor de todo, aconteceu: houbo un complot para asasinar a Marco Ulpio Trajano.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N POS cir novidades histórica



viernes, 18 de octubre de 2013

Mesa de conversa en portugués


Mañá comezamos unha nova actividade, as Mesas de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 19, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



jueves, 17 de octubre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo "Un bosque de sons" con Cucarandainas

Un convite a viaxar, a crear imaxes, a potenciar a nosa creatividade.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 18, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 16 de octubre de 2013

"II Xornadas de divulgación histórica" de Terra Copora


Este sábado, 19 de outubro, terán lugar na Biblioteca as "II Xornadas de Divulgación Histórica" da asociación lucense Terra Copora.

Terra Copora é unha asociación cultural e de recreación histórica xurdida, do interese compartido polas orixes de Lugo e o contexto histórico cultural daquela época, achegando á cidadanía lucense ao mundo da reconstrución e a divulgación histórica.

O obxectivo destas xornadas é achegar a historia ao público xeral, abordando temas que esperten a súa curiosidade.

Ademáis, estas xornadas reúnen a empresas e personalidades do ámbito cultural e da divulgación, e pretenden asentar este tipo de iniciativas en Lugo, non só aumentando a oferta cultural da cidade senón buscando convertelas nun referente.

Aquí vos deixamos o programa de actividades:

11:00 h. - Inauguración. Arranque de lume

12:00 h. - Conferencia por Yeyo Balbás

17:00 h. - Conferencia “Las vías romanas” por Isaac Moreno Gallo

19:00 h. - Conferencia. Presentación da Editorial Despertaferro e charla sobre Cesar contra os belgas por Alberto Pérez.

20:00 h. - Acto de clausura Rito en honor a onomástica da cohors I Celtiberorum


Mesa de conversa en francés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Biblioteca.

Animádevos a participar!



martes, 15 de octubre de 2013

Café Filosófico


Hoxe retomamos as reunións do noso Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema moi interesante: o ben e o mal

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


lunes, 14 de octubre de 2013

¡Puaj! os libros máis noxentos....

Este mes na sala infantil temos un centro de interese do máis noxento! De seguro que  os pequenos desfrutarán aprendendo e lendo historias sobre cousas do máis escatolóxicas. Aquí vos deixamos algúns dos títulos que podédes atopar.









viernes, 11 de octubre de 2013

Mitos, monstros e lendas de Galicia


"Mitos, monstros e lendas de Galicia" é un percorrido guiado e ilustrado para coñecer mellor algúns dos seres que poboan o imaxinario dos galegos e galegas.

Unha actividade a cargo de Antonio Reigosa, escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Esta tarde, ás 19:00 h. no Salón de Actos


jueves, 10 de octubre de 2013

Presentación das "II Xornadas de divulgación histórica" de Terra Copora


Mañá, ás 13:00 h. no Salón de Actos, presentamos as "II Xornadas de divulgación histórica" que terán lugar na Biblioteca, organizadas pola asociación lucense Terra Copora.

O obxectivo destas xornadas é achegar a historia ao público xeral, abordando temas que esperten a súa curiosidade.

Ademáis, estas xornadas reúnen a empresas e personalidades do ámbito cultural e da divulgación, e pretenden asentar este tipo de iniciativas en Lugo, non só aumentando a oferta cultural da cidade senón buscando convertelas nun referente.

As xornadas terán lugar o día 19 de outubro, sábado, dende as 11:00 h. Aquí vos deixamos o programa de actividades:

11:00 h. - Inauguración. Arranque de lume

12:00 h. - Conferencia por Yeyo Balbás

17:00 h. - Conferencia “Las vías romanas” por Isaac Moreno Gallo

19:00 h. - Conferencia. Presentación da Editorial Despertaferro e charla sobre Cesar contra os belgas por Alberto Pérez.

20:00 h. - Acto de clausura Rito en honor a onomástica da cohors I Celtiberorum

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro coa "Crea formas con copos" coa Escola Lucense de Tempo Libre

Crea formas con estas pezas naturais fabricadas con millo e tinguidas con colorante alimentario. 100% biodegradables e ecolóxicas. Fomenta de diferentes maneiras o desenvolvemento da comprensión espacial e da motricidade.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 11, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 9 de octubre de 2013

Mesa de conversa en inglés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



martes, 8 de octubre de 2013

A cita da semana


El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa

"El héroe discreto" narra a historia paralela de dous personaxes: o ordenado e entrañable Felícito Yanaqué, un pequeno empresario de Piura, que é extorsionado; e de Ismael Carrera, un exitoso home de negocios, dono dunha aseguradora en Lima, quen orde unha sorpresiva vinganza contra os seus dous fillos lacazans que quixeron velo morto.

Ambos os dous personaxes son, ao seu modo, discretos rebeldes que intentan facerse cargo dos seus propios destinos, pois tanto Ismael coma Felícito lle botan un pulso ao curso dos acontecementos. Mentres Ismael desafía todas as convencións da súa clase, Felícito aférrase a unhas poucas máximas para sentar cara á chantaxe. Non son xusticeiros, pero están por enriba das mesquindades do seu ámbito para vivir segundo os seus ideais e desexos.

Vellos coñecidos do mundo vargasllosiano aparecen nestas páxinas: o sarxento Lituma e os inconquistables, don Rigoberto, dona Lucrecia e Fonchito, todos movéndose agora nun Perú moi próspero.

Un libro cheo de humor, con elementos propios do melodrama, onde Piura e Lima xa non son espazos físicos, senón reinos da imaxinación poboados polos personaxes do grande escritor que é Mario Vargas Llosa.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N VAR her novidades vida cotiá



lunes, 7 de octubre de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

E comezamos a semana con outra tanda de novidades, desta volta de non-ficción. Aprende novas receitas, descobre a historia de distintos paises ou desfruta cos libros de manualidades... Preme nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queres saber que máis podes atopar na sección de novidades, 
preme aquí