lunes, 30 de septiembre de 2013

Dispara, yo ya estoy muerto, de Julia Navarro

Unha extraordinaria novela de personaxes inesquecibles cuxas vidas se entrelazan con momentos clave da Historia, dende finais do século XIX ata mediados do XX, e que recrea a vida en cidades tan emblemáticas como San Petersburgo, París ou Xerusalén.

"Dispara, yo ya estoy muerto" é unha historia chea de historias, unha gran novela que esconde dentro moitas novelas, e que, dende o seu enigmático título ata o seu inesperado final, alberga máis dunha sorpresa e emocións a flor de pel.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N NAV dis novidades histórica





viernes, 27 de septiembre de 2013

Na sala de audiovisuais... El irlandés

En "eL irlandés" coñeceremos a Gerry Boyle (Brendan Gleeson), un policía dun pequeno pobo irlandés que posúe unha personalidade conflitiva e un sentido do humor subversivo.

A súa nai estase a morrer, se ben iso non lle impide gozar da súa principal "afección": as prostitutas. Non é de estrañar que, cando o seu camiño se cruce co do axente do FBI Wendell Everett (Don Cheadle), quen quere capturar a unha importante banda que trafica con drogas, a Boyle lle importe ben pouco a resolución do caso... polo menos ao principio.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: COMEDIA IRL


(fuente: LaButaca)

jueves, 26 de septiembre de 2013

Electroqueer Visual Cinemateka


Gústache a música? Gozas coa lectura dun bo libro? Es un apaixonado do cine? Ven a unha Visual Biblio Sesión!!! Unha sesión de electroqueer VJ que mestura audiovisuais, música electrónica e os diferentes fondos cos que conta a biblioteca relacionados co cine.

Un espectáculo para todos os públicos

Mañá, venres 27, ás 18:00 h. no Salón de Actos


miércoles, 25 de septiembre de 2013

A cita da semana


martes, 24 de septiembre de 2013

Mesa de conversa en inglés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 23 de septiembre de 2013

Un amigo así, de Martín Casariego

José e Lucas son dous amigos que levan case tres décadas escalando as montañas de medio mundo. Aínda que a súa amizade parece inmune a todo, un deles sabe que unha fina greta leva anos fendéndoa.

Nunha épica ascensión ao Mont Blanc na que o frío, a neve, o vento e a natureza no seu estado puro levarán os dous protagonistas ao límite, descubrirán que sempre hai segredos inconfesables e deberán enfrontarse aos seus fantasmas e medos, pasados e futuros.

Martín Casariego escribiu unha marabillosa novela que se le co corazón nun puño.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CAS ami novidades  vida cotiá



viernes, 20 de septiembre de 2013

El Chef, la receta de la felicidad - XXXV Semana de Cine de Lugo


Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "El Chef, la receta de la felicidad", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: O mozo Jacky Bonnot soña con triunfar nun gran restaurante. Pero a súa precaria situación económica obrígao a aceptar traballos como cociñeiro que nin sequera consegue conservar. Un día crúzase no seu camiño Alexandre Vauclair, un célebre xefe de cociña, cuxa acomodada posición se ve ameazada polo grupo financeiro propietario dos seus restaurantes.




jueves, 19 de septiembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos espectáculo con Soledad Felloza "Caballito-hop"

Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasea tantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá. A lúa, que sabe dos seus sonos, unha noite faralle un regalo especial...

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 20, ás 18:00 h. na Ludoteca



Love's Kitchen - XXXV Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Love's Kitchen", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Rob é un recoñecido xefe de cociña de londres, a súa carreira é un éxito e a vida sorrille... ata que un accidente remata coa vida da súa esposa. Superado pola tristura, Rob perde o seu restaurante e o seu interese pola cociña, ata que animado por un grupo de amigos e a súa filla, decide empezar de novo e abrir un pequeno restaurante no campo. Así coñecerá a Kate, unha crítica gastronómica, que pronto lle axudará a conseguir a receita perfecta, a do amor. A vida da pequena aldea e dos seus pintorescos personaxes verase completamente alterada cando o restaurante se converte no lugar de moda.




miércoles, 18 de septiembre de 2013

Sólo postres - XXXV Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Solo postres", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Marco Poloni nunca deixou de soñar en converterse nun pasteleiro famoso, a pesar de que a pastelaría familiar está a punto de ser vendida a unha gran cadea. Pero o destino pon no seu camiño un das sobremesas máis perfectas que probou xamais, e ao xefe de cociña que o fixo: esixente, temperamental e un xenio na cociña, o xefe de cociña Grace Carpenter é xusto a muller que busca Marco.


martes, 17 de septiembre de 2013

Mesa de conversa en francés


Mañá comenza de novo a nosa Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Biblioteca.

Animádevos a participar!



American Cuisine - XXXV Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "American Cuisine", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Calquera cociñeiro que se prece soña con igualar o talento do maior xenio culinario de Francia, Louis Boyer, pero só alguén tan atrevido como Loren Collins podería albergar o sono de compartir fogóns con el. En principio, as posibilidades de facelo realidade parecen nulas: non estudou nunha alta escola de cociña, traballa para o exército dos EE.UU., procede dunha familia que se dedica ao negocio das pizzas e, por último, é un cidadán americano. Non obstante, tras unha disputa cun oficial do exército, Loren, sen un franco no peto, parte para Francia.




lunes, 16 de septiembre de 2013

La gran comilona - XXXV Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "La gran comilona", dentro do ciclo "Y para comer... Lugo" de la XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Catro amigos, Marcello, o piloto de liña, Ugo, o restaurador, Michel, o realizador de televisión e Philippe, o xuíz que vive co seu ama de chaves, reúnense un fin de semana na vila señorial deste último para realizar un suicidio gastronómico colectivo, que consiste en comer sen parar diversas especialidades. Ugo encárgase da elaboración dos pratos mentres que Marcello fai vir a unhas prostitutas. Non obstante, asustadas polo cariz que van tomando os acontecementos, estas foxen pola mañá moi temperán e queda só a profesora Andréa, fascinada pola empresa suicida dos protagonistas.


viernes, 13 de septiembre de 2013

XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo


Do 16 ao 20 de setembro celébrase a XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, e coma todos os anos a Biblioteca participa cun ciclo de películas.

A entrada é gratuita, e como en anos anteriores o ciclo está dedicado á gastronomía no cine, co título "Y para comer... Lugo"As proxeccións serán ás 20:00 h. no Salón de Actos.

Aquí vos deixamos a programación, que tamén estará dispoñible na nosa axenda...

Luns 1620.00 h. - La gran comilona (1973)


Martes 17 - 20.00 h. - American Cuisine (1999)


Mércores 18 - 20.00 h. - Sólo postres (2004)


Xoves 19 20.00 h. - Love's Kitchen (2011)


Viernes 20 20.00 h. - El Chef, la receta de la felicidad (2012)


jueves, 12 de septiembre de 2013

Voltamos ao noso horario


Dende o próximo luns 16 voltamos ao noso horario habitual:

Luns a venres de 9 a 21 horas

Sábados de 10 a 14 horas


Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Recortes para soñar" con Noemí López

Con recortes en cartolina e outros papeis faremos unha ampla galería de personaxes.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 13, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 11 de septiembre de 2013

Co teu libro favorito na solapa

Dende o blog Papel en blanco chégannos estes bonitos broches, obra dunha manitas londinense. E qué teñen de especial? Pois que están feitos con anacos de obras da literatura universal. Están a venda na páxina da autora aquí. Eu, sen dúbida, quédome coa pipa de Sherlock Holmes ;)










martes, 10 de septiembre de 2013

Mesa de conversa en inglés


Mañá comenza de novo a Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 9 de septiembre de 2013

Ojos de hielo, de Carolina Solé

La Cerdanya, mes de novembro. Chove de madrugada e unha néboa densa cobre o fondo do val. O corpo de Jaime Bernat, o terratenente máis poderoso da bisbarra, xace inerte sobre a terra xélida dunha era. Entre os veciños, todas as sospeitas apuntan a Dana Prats, cuxa familia mantén un litixio xeracional coa familia Bernat por un asunto terras. Axexada, Dana pide axuda á súa amiga de infancia, a avogada Kate Salas, quen regresará ao seu pobo natal disposta a demostrar a inocencia da súa amiga.

"Ojos de hielo" é unha historia de familias que nos invita a reflexionar sobre a ambición e os seus límites, sobre o modo en que a nenez condiciona a vida adulta, sobre as ofensas que o tempo e a memoria converten en agravios imperdoables... E sobre a inescusable necesidade de perdoar.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SOL ojo novidades intriga e misterio





viernes, 6 de septiembre de 2013

Na sala de audiovisuais... El lado bueno de las cosas

Tras pasar oito meses nunha institución mental por agredir o amante da súa muller, Pat (Bradley Cooper) volve co posto vivir na casa dos seus pais (Robert De Niro e Jacki Weaver). 

Determinado a ter unha actitude positiva e recuperar a súa ex-muller, o mundo de Pat ponse do revés cando coñece a Tiffany (Jennifer Lawrence), unha rapaza con certos problemas e non moi boa fama no barrio.

A pesar da súa mutua desconfianza inicial, entre eles pronto se desenvolverá un vínculo moi especial que lles axudará a encontrar nas súas vidas o lado bo das cousas.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: COMEDIA LAD novedades


(fuente: ElSéptimoArte)

jueves, 5 de septiembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o contacontos "Contos de aquí e dacolá" con Fátima Fernández

Contos de onte, para ser contados agora, gracias a tradición oral.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 6, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 4 de septiembre de 2013

Peter Pan...


Apúntate aos nosos clubes de lectura


Como todos os anos, abrimos unha nova etapa dos nosos clubes de lectura.

Como xa explicamos outras veces, un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo o mesmo libro, cada un na súa casa, e que logo se reunen na biblioteca, para compartir e contrastar as súas opinións. 

A biblioteca proporciona os libros aos integrantes do club, así que non vos teredes que preocupar de conseguir determinado título... Nós poñemos todo o necesario!

Dende o día 2 ata o 30 de Setembro, podedes inscribiros directamente na Biblioteca, ou ben enviando a solicitude por correo electrónico a esta dirección:

biblio.publica.lugo@xunta.es

CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS

20 prazas
Horario das reunións: Todos os xoves, de 18:00 a 20:00 h.

CLUB DE LECTURA INFANTIL


O grupo estará formado por un máximo de 15 nen@s, e as reunións serán unha vez ao mes.


CLUB DE LECTURA EN INGLÉS


Está orientado a maiores de 18 anos e as reunións serán unha vez ao mes.




martes, 3 de septiembre de 2013

El club de las necrológicas, de Marcelo Birmajer

Un grupo de amigos reúnese cada domingo nun bar da Recoleta a tomar café, fumar, falar pouco e ler os diarios. Todo se desenvolve pracidamente ata que unha necrolóxica esperta a atención do grupo. Baixo unha estrela de David, o texto di: «Os meus dous perifoles, cortados na flor da idade, descansen en paz. A súa nai que as ama».

O interese aumenta cando descobren que a mesma necrolóxica se repite mes a mes, e que de pronto se interrompe. Arrastrados pola curiosidade, o grupo de amigos decídese a investigar o que lles pasou a eses «dous perifoles». Desta busca emerxe unha historia de paixóns cruzadas, amores imposibles e traizóns imperceptibles; unha sorte de Madame Bovary ambientada nun barrio xudeu de Bos Aires.


Genaro Dabar déixase levar polo tempo ata Fernanda Terzek, sen saber nunca se será o aventureiro ou o náufrago, nunha Arxentina que tamén ignora o seu destino.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N BRI clu novidades intriga e misterio



lunes, 2 de septiembre de 2013

O que len os neoiorquinos no metro...

Eso é no que se basa o proxecto "Underground New York Public Library" da fotógrafa Ourit Ben-Haïm. Unha web de fotografías de xente lendo nos vagóns e estacións do metro de Nova York, onde ademáis podemos atopar información de cada un dos libros que aparecen nas fotografías. Todo un mosaico de gustos e xéneros...