viernes, 30 de agosto de 2013

Na sala de audiovisuais... Una pistola en cada mano

"Una pistola en cada mano" trata sobre oito homes arredor dos 40 anos de idade que, desconcertados e perplexos, vense envolvidos en situacións cotiás que reflicten o seu principal conflito: a crise de identidade masculina.

A súa incapacidade para expresar o que senten condúceos a situacións cómicas e patéticas que deixan atónitas as mulleres. Un retrato en clave de comedia, irónico e sen compaixón sobre as carencias, debilidades e outras "virtudes" dos homes de hoxe: perdidos e confusos en busca dunha nova identidade. Un filme coral que radiografa a vida sentimental duns homes... e dalgunhas mulleres

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL PIS novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 29 de agosto de 2013

A cita da semana


Aviso: Cambio de horario


Dende o próximo luns 2 ata o sábado 14 de setembro, ambos incluídos,
este será o noso horario:

Luns a venres de 9 a 20 horas

Sábados de 10 a 14 horas


miércoles, 28 de agosto de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro para nenos "Un decorado de conto. Pop-art"

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, xoves 29, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 27 de agosto de 2013

Imaxes de onte

Hoxe traemos estas imaxes dende a web Retronaut, dunha campaña de recollida de donativos de libros e revistas da Biblioteca Pública de Nova York no ano 1918. Semella que conseguiron uns cantos...






lunes, 26 de agosto de 2013

Victus : Barcelona 1714, de Albert Sánchez Piñol

«Contareino todo! Como foderon ao xeneral Villarroel, como derrotaron as nosas vitorias. Porque, ata agora, daquela guerra só oín as versións que veñen de arriba ou do inimigo.»

VICTUS é unha novela histórica que nos narra a guerra de Sucesión española, un conflito que pode considerarse como a primeira das contendas mundiais e que remata o 11 de setembro de 1714 co apocalíptico asalto a Barcelona. Tamén é a traxedia de Martí Zuviría, un mozo barcelonés, alumno avantaxado do marqués de Vauban, que se converte nun xenio da enxeñaría militar.

VICTUS é un dispendio de información e rigor histórico ao servizo dun relato áxil, potente e desenfadado, cunha dicción rabiosamente contemporánea que nos leva de Francia a Barcelona pasando por Madrid, Toledo, Tortosa ou as batallas de Brihuega e Almansa. E é tamén unha obra sobre a Barcelona irredutible de 1714, que sufriu un asedio desigual de trece meses e o bombardeo de máis de trinta mil proxectís.

VICTUS cuestiona as versións oficiais de ambos os dous bandos e cede a palabra aos auténticos protagonistas da historia, dende a figura inmensa de Villarroel, o xeneral que defendeu a capital catalá con bágoas nos ollos, ata os civís e soldados anónimos de todas as nacións que loitaron a un lado e outro das murallas.

Pero ante todo, VICTUS é un festín literario de primeira orde que se devora do modo en que sempre se devoraron as grandes obras, como o demostra o que antes da súa aparición xa se vendesen os dereitos ao ruso, o alemán, o holandés e o francés.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SAN vic histórica




viernes, 23 de agosto de 2013

Na sala de audiovisuais... El capital

"El capital" é a historia do imparable ascenso de Marc Tourneuil (Gad Elmaleh), un prescindible sicario do capital que se converte no seu indiscutible amo e señor.

En palabras do director Costa-Gavras: «Somos escravos do capital. Tambaleámonos cando se tambalea. Alegrámonos cando crece e triunfa. Quen nos liberará? Deberiamos liberarnos nós? Deberiamos coñecer polo menos aos que o serven e como o fan»



Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: POLITICO CAP novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 22 de agosto de 2013

Benvido a túa casa

Hoxe queremos compartir convosco o vídeo que realizamos para dar a coñecer a biblioteca. Esperamos que vos guste!




miércoles, 21 de agosto de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro para nenos "Un mundo de monicreques de pau"

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, xoves 22, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 20 de agosto de 2013

La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Jöel Dicker

Quen matou a Nola Kellergan é a grande incógnita a desvelar neste thriller incomparable cuxa experiencia de lectura escapa a calquera tentativa de descrición.

Intentémolo: unha gran novela policíaca e romántica a tres tempos 1975, 1998 e 2008 acerca do asasinato dunha moza de quince anos na pequena cidade de Aurora, en New Hampshire. En 2008, Marcus Goldman, un novo escritor, visita ao seu mentor Harry Quebert, autor dunha aclamada novela, e descobre que este tivo unha relación secreta con Nola Kellergan. Pouco despois, Harry é arrestado, acusado de asasinato, ao encontrarse o cadáver de Nola enterrado no seu xardín. Marcus comeza a investigar e a escribir un libro sobre o caso. Mentres intenta demostrar a inocencia de Harry, unha trama de segredos sae á luz.

A verdade só chega ao final dun longo, intricado e apaixonante percorrido.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DIC ver novidades intriga e misterio





lunes, 19 de agosto de 2013

Arte e lectura nas rúas de Australia


Dende a páxina Leamosmas.com chéganos esta nova da outra punta do mundo, Melbourne (Australia). Alí, o colectivo de artistas Luzinterruptus creou a instalación de arte “Traffic v/s Light” (“Tráfico v/s luz”), empregando máis de 10.000 libros desbotados das bibliotecas públicas. Así, crearon un río de libros e luces que atraía a atención dos peóns, algúns dos cales non dubidaron en pararse a ler un rato ou mesmo levarse algún exemplar á súa casa. Aquí vos deixamos algunhas imaxes...




(Via: Leamosmas)


viernes, 16 de agosto de 2013

Na sala de audiovisuais... Gangster Squad

Los Ángeles, 1949. O mafioso Mickey Cohen (Sexan Penn) leva a batuta na súa cidade, obtendo os sucios beneficios das drogas, as armas, a prostitución e de todas as apostas que se fagan ao oeste de Chicago. E todo isto faino baixo a protección non só dos seus matóns a soldo, senón tamén da policía e dos políticos baixo o seu control.

É suficiente como para intimidar mesmo o policía máis valente e avezado, pero non o pequeno grupo secreto dos adxuntos ao Departamento de Policía de Los Ángeles, encabezado polo sarxento John O'Mara (Josh Brolin) e Jerry Wooters (Ryan Gosling), que xuntaron as súas forzas para intentar despezar o mundo de Cohen. "Gangster squad (Brigada de elite) " é o relato sobre os acontecementos en torno aos esforzos do Departamento de Policía de Los Ángeles para recuperar a súa cidade natal das mans dun dos mafiosos máis perigosos de todos os tempos.


Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: SUSPENSE GAN novedades


(fuente: LaButaca)

miércoles, 14 de agosto de 2013

El Sr. Penumbra y su librería 24 horas abierta, de Robin Sloan

A crise económica obriga a Clay Jannon a deixar atrás a súa vida como deseñador de páxinas web en San Francisco e as casualidades, a curiosidade máis absoluta e a habilidade de subir escaleiras coma se fose un mono lévanlle a empezar o seu novo traballo na libraría permanentemente aberta do señor Penumbra. Despois duns días traballando, Clay decátase de que a libraría é un lugar moito máis extravagante do que o seu nome indica. Só hai uns cantos clientes, pero van continuamente e nunca compran nada. O que fan é levarse libros prestados, exemplares misteriosos que se encontran nos lugares máis recónditos da libraría, todo de acordo a un trato especial que manteñen con Penumbra.

Clay conclúe que a tenda non é máis que unha tapadeira para outro negocio e a súa curiosidade pronto lle leva a poñerse a analizar o complexo comportamento dos clientes e a arrastrar os seus amigos para que lle axuden a descubrir que é o que realmente pasa na libraría. Non obstante, cando lle levan os seus descubrimentos ao Sr. Penumbra, rematan por descubrir que os segredos se estenden moito máis alá das paredes da libraría?

A libraría permanentemente aberta do señor Penumbra é exactamente o que o seu nome indica: un lugar no que entras e do que non quererás saír, un gabinete das marabillas contemporáneo, que lle dará ao lector curioso unha descarga de enerxía, sen que importe a hora do día.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SLO srp novidades fantástica



martes, 13 de agosto de 2013

Antisocial...



lunes, 12 de agosto de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Esta semana traemos máis novidades de non ficción para os máis curiosos... Preme nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queres saber que máis podes atopar na sección de novidades, 
preme aquí


viernes, 9 de agosto de 2013

Na sala de audiovisuais... Amor

Georges e Anne, os oitenta cumpridos, son dous profesores de música clásica xubilados que viven en París. A súa filla tamén se dedica á música, e vive en Londres co seu marido británico. Un día, Anne sofre un infarto. Ao volver do hospital, un lado do seu corpo está paralizado. O amor que uniu á parella durante tantos anos verase posto a proba.

Gañadora do Oscar 2012 á Mellor Película de Fala Non Inglesa, Palma de Oro á Mellor Película no Festival de Cannes, Globo de Oro á Mellor Película de Fala Non Inglesa, 2 BAFTA e 5 premios César


Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA AMO novedades


(fuente: FilmAffinity)

jueves, 8 de agosto de 2013

La invención del amor, de José Ovejero

Dende a súa terraza, Samuel observa a trasfega cotiá como quen está de volta sen chegar a nada. El é unha persoa que non se compromete con nada nin con ninguén. Unha madrugada, alguén lle anuncia por teléfono que Clara morreu nun accidente. Aínda que Samuel non coñece a ningunha Clara, decide asistir ao seu funeral, empurrado por unha mestura de curiosidade e aburrimento.

Fascinado pola posibilidade de suplantar a persoa coa que o confunden, Samuel inventa unha relación con Clara para Carina, a irmá desta, e entra nun xogo do que vai perdendo o control; ao pouco tempo non ten nada claro se o amor que está a inventar o vai salvar ou acabar de afundilo.

Unha novela que combina a intriga do thriller coa inmediatez da reportaxe. Narrada en primeira persoa, a través dunha voz próxima, inquisitova e irónica, o protagonista vai desvelando as imposturas do amor e ao mesmo tempo a súa absoluta necesidade.

Premio Alfaguara de Novela 2013


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N OVE inv novidades romántica




miércoles, 7 de agosto de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro para nenos "Un globo, dous globos, un mundo de animais"

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, xoves 8, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 6 de agosto de 2013

Vacaciones...


lunes, 5 de agosto de 2013

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Comezamos a semana cunha chea de novidades. Misterio, amor, intriga e aventuras para todos vós. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queredes saber que máis podes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


viernes, 2 de agosto de 2013

"Convírtete noutra persoa"

Qué vos parece a publicidade desta librería de Lituania? Orixinal e innovadora






(vía Buzzfeed)