miércoles, 31 de julio de 2013

Mañá na Biblioteca...



Temos o obradoiro para nenos "Creamos con cartón o personaxe ao revés"

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, xoves 1, ás 12:00 h. na Sala multiusos



martes, 30 de julio de 2013

A cita da semana


lunes, 29 de julio de 2013

El festín de John Saturnall, de Lawrence Norfolk

Inglaterra, 1625. No remoto pobo de Buckland a multitude clama contra a bruxaría. John Sandall e a súa nai Susan vense obrigados a esconderse no bosque. Alí Susan abre o seu libro e conta ao seu fillo a historia dun antigo festín mantido en segredo durante xeracións.

O festín é toda a herdanza de John. Pero mentres as marabillosas receitas xorden das páxinas, todo arredor sucumbe ao frío. Ese inverno a nai de John morre. Acosado polos nenos do arredores como fillo dunha bruxa, John é acollido en Buckland Manor, a ancestral morada de sir William Fremantle, onde é posto a traballar nas cociñas que ocupan o subsolo.

John recibe un encargo: convencer a Lucretia, a filla de sir William, que abandone o desafío lanzado ao seu pai negándose a comer. A medida que o amor xorde entre eles, os conflitos afloran por todas as partes. A Guerra Civil lanza a John e Lucretia á loita pola supervivencia contra os fanáticos soldados do New Order. Para conservar aquilo que máis quere, John ten que realizar a visión.


"El festín de John Saturnall" narra a vida dun home dende fumegantes cociñas a dormitorios ilícitos, a través de campos de batalla e antigos bosques máxicos. Entre a realidade e o mito esta fascinante novela describe unha rica e complexa historia de amor e de guerra na Inglaterra do século dezasete.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N NOR fes novidades histórica




viernes, 26 de julio de 2013

Na sala de audiovisuais... La vida de Pi

Pi Pattel é un mozo que vive en India, o seu pai é o propietario e encargado do zoolóxico da cidade pero deciden emigrar a Canadá e procurarse unha vida mellor coa venda dos animais. Tras complexos trámites, a familia Pattel inicia unha travesía que se verá truncada pola traxedia: unha terrible tormenta fai naufragar o barco onde viaxaban.

Pi terá que botar man do enxeño para sobrevivir mentres os animais tratan de ocupar o seu posto na cadea de alimentación e, ao cabo, terá que defender o seu liderado fronte ao único que, previsiblemente, quedará vivo: un tigre. O mozo intentará domar a fera, demostrar quen é o macho alfa e, deste modo, sobrevivir

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: AVENTURAS VID novedades


(fuente: E-Cartelera)

jueves, 25 de julio de 2013

"Ler é sexy"

É un slogan moi de moda últimamente nas redes sociais, asi que aquí vos deixamos algunhas imaxes por se alguén aínda non o cre ;)









miércoles, 24 de julio de 2013

Libro nuevo...



martes, 23 de julio de 2013

El camino mozárabe, de Jesús Sánchez Adalid

Doce anos despois de publicarse "El mozárabe", Jesús Sánchez Adalid volve transportarnos ao marabilloso e subyugante escenario do século X da man de personaxes inesquecibles.

Os lectores que quedaron fascinados con El mozárabe volverán gozar nestas páxinas con lendarios episodios, como a épica batalla de Simancas, onde Abderramán III perdeu o seu precioso exemplar do Corán; a perigosa misión levada a cabo pola raíña Goto, viúva do último rei de Gallaecia, para rescatar as reliquias de san Paio, que repousan en terra infiel, algo que moitos intentaron antes e ningún logrou; ou a delicada tarefa das embaixadas enviadas por Abderramán III e o rei Radamiro, as cales se cruzan na vella ruta hispana, presa de guerras e batallas dende tempos inmemoriais.

Poder, prestixio, intrigas e anhelos de paz encóntranse nunha espléndida novela que rescata os olores e aromas da marabillosa Córdoba do califato, paséanos pola bucólica Galicia e aproxímanos de xeito sinxelo e á vez apaixonante a unha época importante da nosa historia.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SAN cam novidades histórica


lunes, 22 de julio de 2013

Os dereitos do lector


Según o escritor Daniel Pennac, estes son os 10 dereitos do lector, ¿que vos parecen?

1.  Dereito a non ler un libro
2. Dereito de saltar as páxinas
3. Dereito a non rematar un libro
4. Dereito a reler
5. Dereito de ler o que sexa
6. Dereito ao Bovaryismo (enfermidade textual transmisible)
7. Dereito a ler onde sea
8. Dereito de buscar libros, abrilos onde sea e ler un anaco
9. Dereito de ler en voz alta
10. Dereito de calar


viernes, 19 de julio de 2013

Na sala de audiovisuais... Melancolía

Kirsten Dunst e Charlotte Gainsbourg interpretan dúas irmás que, mentres celebran unha festa xunto aos seus maridos alleas á inminente colisión entre a Terra e outro planeta, se decatarán que as súas vidas están tan á deriva como o propio universo. 

O seu director, Lars von Trier definiuna como "unha bela película sobre o fin do mundo".

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA MEL


(fuente: Fotogramas)

jueves, 18 de julio de 2013

El jurado número 10, de Reyes Calderón

Os integrantes dun modesto despacho de avogados de provincias veranse envolvidos, sen querelo nin o desexar, nun caso que os supera totalmente: drogas de deseño, branqueo de capitais e corrupción a grande escala...

Efrén Porcina, un tipo encantador que rolda os cento trinta e oito quilos, segue unha dieta por internet e leva unha vida tranquila, e a súa única socia, Salomé, unha secretaria cando menos particular que cambia de noivo cada dous por tres, xunto coa inestimable axuda dun ex policía borrachón, serán os encargados de botar luz e buscar a verdade nun intricado caso con ramificacións internacionais.

As vidas duns e outros estarán pendentes do acerto dun xuíz, a cordura dun xurado popular e o misterioso xurado número dez...

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CAL jur novidades intriga e misterio

IV Premio Abogados de Novela


miércoles, 17 de julio de 2013

Novidades do cómic

Unha visitiña pola comicteca e descubriredes todas as novidades deste mes en banda deseñada... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...









Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí

martes, 16 de julio de 2013

Un dominó de libros

A Biblioteca de Seattle ven de conseguir un récord mundial cunha cadea de efecto dominó feita de libros. Encántanos!



lunes, 15 de julio de 2013

Las lágrimas de San Lorenzo, de Julio Llamazares.

«-Cada estrela que pasa -dixo Otto- é un verán da nosa vida.
-Non -corrixiulle Nadia, a súa noiva, sen deixar de mirar ao ceo-. Cada estrela que pasa é unha vida.»

Un profesor de universidade que rodou por Europa como unha bóla do deserto sen botar raíces en ningún lugar regresa a Eivissa, onde pasou os seus mellores anos de mozo, para asistir xunto co seu fillo, do que vive separado hai xa tempo, á chuvia de estrelas da máxica noite de San Lorenzo. A contemplación do ceo, o olor do campo e do mar e o recordo dos días pasados desatan nel a melancolía, pero tamén a imaxinación.

«-Víchela? -dime Pedro, mirándome.
-Si -respóndolle eu. 

Dá igual que a vise ou non. Ao neno dálle o mesmo que sexa verdade ou mentira e, no fondo, prefire que lle minta con tal de compartir a súa emoción comigo.
Tróuxeno ata aquí arriba para velas. Lonxe das construcións que ocupan toda a illa e cuxas luces iluminan a distancia coma se fose un ceo invertido. É imposible escapar delas por máis que un se afaste de onde están.»

Unha emocionante historia sobre os paraísos e infernos perdidos -pais e fillos, amantes e amigos, encontros e despedidas- que percorren toda unha vida entre a fugacidade do tempo e as ancoraxes da memoria.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N LLA lag novidades  vida cotiá



viernes, 12 de julio de 2013

Na sala de audiovisuais... Los Miserables

O filme transcorre na Francia do século XIX. Hugh Jackman protagoniza a adaptación deste musical que á súa vez se basea na obra de Victor Hugo. Jackman encarna a Jean Valjean, un individuo que é enviado a prisión tras roubar un anaco de pan co que pretendía alimentar os seus sobriños e a súa irmá viúva. Russell Crowe dá vida a Javert, o home que lle fará a vida imposible, mentres que Anne Hathaway se pon na pel de Fantine, unha muller que sofre non poucos infortunios ao longo da súa vida.

"Los Miserables" é a nova película de Tom Hooper, o oscarizado director de "El discurso del rey".

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: MUSICAL MIS novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 11 de julio de 2013

Experiencias do noso roteiro literario



Hai uns días comezaba o noso roteiro literario "Libros entre murallas" coordinado pola nosa voluntaria Melina, e así nos comenta a primeira experiencia:

"Alguén dixo que houbera unha morte no hotel, así que saímos a recoñecer o escenario do crime. A ruta literaria "Libros entre murallas" comezou así: coa lectura da obra de Marta Rivera de la Cruz, "Hotel Almirante", ambientada en Lugo e onde se conta a morte de Cristina Sanjuán nada máis comezar a historia.

A idea era coñecer e visitar en primeira persoa os escenarios que se mencionan na novela; de modo que despois dunha primeira sesión na que nos coñecemos e se propuxo a lectura, nunha segunda ocasión, nos trasladamos a eses lugares para charlar sobre eles e poñerlle voz ás nosas impresións.

Visitar lugares que son escenarios literarios, é unha experiencia única. O lector non só pode coñecer "in situ" os diferentes espazos, senón que compartilo ofrece lecturas variadas moi enriquecedoras.

Despois achegámonos á Praza Maior de Lugo e dende alí, fomos debullando anécdotas da historia lucense, ao tempo que trasladabamos á realidade, eses escenarios pintados na historia do hotel Almirante.

Quizais sexa este o primeiro paso para crear unha guía de sitios literarios lucenses: lectores e escritores por un obxectivo común!"




miércoles, 10 de julio de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos un obradoiro para os máis pequenos

Traballaremos con personaxes dos libros de contos máis coñecidos e faremos unha exposición cos traballos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, xoves 11, ás 12:00 h. na Sala multiusos



Los capullos no regalan flores, de Moderna de Pueblo (Raquel Córcoles)

Moderna de Pobo, unha rapaza de hoxe, nova e con ganas de vivir experiencias novas, que se define dicindo «Es de pobo se naciches nun lugar onde non hai Corte Inglés». De aí iso de Moderna de pobo, de aí as súas primeiras decepcións ao descubrir que a vida na cidade non é tan atractiva como parecía. Pero a nosa Moderna sabe repoñerse e pelexar por un lugar onde aloxarse, traballar e... namorarse. 

Namorarse? Ben, polo menos intentalo, porque a vida está sementada de flores, pero os capullos abundan. Hai os egoístas, avaros, falsamente liberados ou pegados aínda ás faldras da súa nai. Hai os que che contan mentiras e outros que son demasiados sinceros, e tamén uns cantos que che piden que te abras de corazón e pernas sen chiar.

Acompañan a Moderna un montón de amigos, dúas irmás moi especiais e unha nai que quere o mellor para a súa filla, pero segundo a súa propias leis.

Podes atopalo na comicteca có rótulo: CE COR cap novidades




martes, 9 de julio de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Es dos que lles gusta aprender algo interesante á vez que len? Pois nas nosas novidades de non-ficción podes atopar unha morea de temas apaixoantes. Preme nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queres saber que máis podes atopar na sección de novidades, 
preme aquí


lunes, 8 de julio de 2013

Lo que mueve el mundo, de Kirmen Uribe

En maio de 1937, tras o bombardeo de Gernika, miles de nenos vascos partiron do porto de Bilbao rumbo ao exilio. Entre eles encontrábase Karmentxu, unha nena de oito anos que foi acollida en Gante, Bélxica, polo escritor Robert Mussche. A vida de Robert cambiará coa chegada da nena, a súa implicación na resistencia durante a Guerra Civil e a chegada da Segunda Guerra Mundial.

Herdeira de "Sostiene Pereira" de Tabucchi ou "El último encuentro" de Sándor Márai, esta novela é a historia que o propio autor lle conta o seu mellor amigo, recentemente falecido, «a historia dun heroe anónimo, deses que vemos pola rúa».

A voz cálida que dá forma a "Lo que mueve el mundo" murmura o esencial para recuperar lazos familiares perdidos, nun relato que ganduxa as escenas, garda os silencios do esquecemento e recrea o instante fugaz coa sensibilidade, a tenrura e o talento narrativo de Kirmen Uribe.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N URI loq novidades social e política



viernes, 5 de julio de 2013

Na sala de audiovisuais... Argo

Irán, ano 1979. Cando a embaixada dos Estados Unidos en Teherán é ocupada por seguidores do Ayatolá Jomeini para pedir a extradición do Sha de Persia, a CIA e o goberno canadiense organizaron unha operación para rescatar a seis diplomáticos estadounidenses que se refuxiaron na casa do embaixador de Canadá. 

Con este fin recorreuse a un experto en rescatar rehenes e preparouse o escenario para o rodaje dunha película de ciencia-ficción, de título "Argo", na que participaba un equipo de cazatalentos de Hollywood. A misión: ir a Teherán e facer pasar aos diplomáticos por un equipo de filmación canadiense para traelos de volta a casa.

Gañadora de tres premios Oscar: Mellor película, Mellor guión adaptado e Mellor montaje

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: SUSPENSE ARG novedades


(fuente: Filmaffinity)

jueves, 4 de julio de 2013

Hoxe na Biblioteca...


Temos un obradoiro para os máis pequenos

Traballaremos con personaxes dos libros de contos máis coñecidos e faremos unha exposición cos traballos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Hoxe, xoves 4, ás 12:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 3 de julio de 2013

Curso "Iniciación á informática"


Mañá comezamos un curso de iniciación á informática para os máis pequenos!

Terá lugar os martes e xoves do mes de Xullo, comezando este xoves día 4,  de 11:00 a 12:00 h.

Hai 15 prazas dispoñibles, para nen@s maiores de 6 anos,  e podédes inscribiros na Sala infantil.

Unha boa maneira de ocupar as mañás de verán e aprender moito ;)


Novidades no fondo de adultos: Ficción

Andas a buscar algo para ler este verán? Les todo o que che cae nas mans? Pois na biblioteca temos unhas cantas novidades de ficción que de seguro faranche desfrutar. Novelas para todos os gustos e cores ;) Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí