viernes, 28 de junio de 2013

Novidades do cómic

Nestes días de verán (aínda que as veces non o pareza) que mellor que uns cantos cómics para vivir novas aventuras ou simplemente rir un anaco. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...








Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades,
premer aquí


jueves, 27 de junio de 2013

Roteiro literario "Libros entre murallas"


Mañá temos unha novidosa actividade para todos aqueles que vos animedes a participar nela. Será o noso primeiro roteiro literario a cargo da nosa voluntaria Melina. Un paseo por escenarios reais que de seguro non vos deixará indiferentes.

A saída será ás 18:00 h. dende o vestíbulo da biblioteca e non é necesaria inscripción previa
Agardámosvos!


miércoles, 26 de junio de 2013

Nova reunión do Café Filosófico


Hoxe terá lugar a novena reunión do Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: a culpa

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


martes, 25 de junio de 2013

Mesa de conversa en inglés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 21 de junio de 2013

Novo horario de verán



Dende o martes 25 ata o sábado 29 de Xuño, o horario da biblioteca será: 

Luns a venres de 9:00 a 20:00 h.
Sábados de 10:00 a 14:00 h.


E  durante os meses de Xullo e Agosto, abrimos 

Luns a venres de 8:30 a 14:30 h.


A desfrutar das lecturas estivais!!



Memorias de un sinvergüenza de siete suelas, de Ángela Becerra

Sevilla paralízase cando Francisco Valiente, un triunfador feito a si mesmo e que conseguiu ter a toda a cidade rendida aos seus pés, morre de forma repentina. O seu funeral congrega as personalidades sociais e políticas máis importantes do lugar mentres a súa muller e a súa eterna amante van debullando a vida do defunto. O que non imaxinan ningunha das dúas é que el tamén as está a ver, e que terá moita voz no seu propio enterro.

O libro descobre as peripecias vitais deste casanova moderno que encontrou no cortexo unha inesgotable fonte de diversión. Unha novela cargada de humor, ironía e sensualidade que afonda nas trampas do corazón e na tendencia ao engano das emocións amorosas. Tamén é unha obra que reflicte con acerto a hipocrisía social e as súas estúpidas leis baseadas na aparencia.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N BEC mem novidades romántica


Apadriña un lector


Ese é o nome dunha fermosa iniciativa levada a cabo polo IES Leiras Pulpeiro o pasado martes. Comezaron no ano 2011 e visto o ben que funciona repiten todos os anos.

A actividade consiste en que alumnos de ESO e BAC do centro len libros a nenos de 5 anos do colexio Casás. A iniciativa ten como obxectivo fomentar o interese pola lectura e potenciar as relacións interpersonais, e cremos que o cumpren, e dun xeito estupendo. A selección dos libros foi feita por técnicos da nosa biblioteca e estamos encantados de poder participar neste tipo de actividades.

Aquí vos deixamos unha presentación realizada polo IES Leiras Pulpeiro onde podédes ver o ben que o pasan pequenos e maiores ;)




jueves, 20 de junio de 2013

A cita da semana


Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de contacontos con "Sarabela"

Engaiolados coas palabras é a intención desta contada que a través do xogo dramático implicará aos nenos ata conseguir que aprendan que cando se sintan aburridos poderán contar coa maxia do seu propio lapis invisible para viaxar polas historias.

Unha actividade para nen@s a partir de 4 anos

Non é necesaria inscripción previa

Mañá, venres 21, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 19 de junio de 2013

Keep calm & ...


É un dos logotipos máis de moda neste momento e que serve para todo. O logotipo orixinal "Keep calm and carry on" (Mantén a calma e segue adiante) foi diseñado no 1939 polos ingleses ao comezo da II Guerra Mundial para animar aos cidadáns a resistir ante a guerra, e curiosamente, nunca foi empregado. Saíu a luz no ano 2000 e dende entón é empregado nun sen fin de deseños e eslogans. Ata existe unha páxina web, The Keep Calm-o-matic, onde calquera pode facer o seu propio diseño. E nós, hoxe, compartimos estes deseños adicados ao mundo dos libros, o noso ;)








martes, 18 de junio de 2013

Mesa de conversa en francés


Hoxe tera lugar unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 17 de junio de 2013

Na sala de audiovisuais... Moonrise Kingdom

Nova Inglaterra, verán de 1965. Nunha illa onde se instalou un campamento boy-scout, Sam (Jared Gilman) e Suzy (Kara Hayward), de 12 anos, namóranse e establecen un plan secreto para fuxir e encontrarse no medio da natureza. 

Mentres ameaza a chegada dunha forte tormenta, os habitantes da illa mobilízanse para dar con eles.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA MOO novedades


(fuente: Fotogramas)

Diferenzas...



viernes, 14 de junio de 2013

Os relatos e debuxos gañadores da fase provincial

Aquí están as historias gañadoras da Fase Provincial do Certame de Debuxo e Narración "Letras Galegas 2013". Premede na imaxe e desfrutade da lectura destas inxeniosas narracións!



Ademáis, na nosa galería de Facebook podédes ver os debuxos gañadores




Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Economía, manualidades, educación, ciencia, internet... Son moitos os temas que tratan as nosas novidades de non-ficción. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


jueves, 13 de junio de 2013

Si te abrazo, no tengas miedo, de Fulvio Ervas

Andrea é un adolescente autista: vive nun mundo afastado e paralelo; as palabras escápanlle e loita constantemente por atrapalas. Durante anos, Franco, o seu pai, lévao a todo tipo de terapias: tradicionais, espirituais, experimentais... Por insólito que pareza, mediante o ordenador, Andrea é capaz de comunicarse cos seus pais, e a través das súas palabras albíscase o vendaval de sentimentos e sonos que leva dentro: «Son un home prisioneiro dos meus desexos de liberdade. Andrea quere curarse.» Neste descubrimento está a clave que o pai necesita para dar un xiro decisivo ás súas vidas.

Un día de 2010, e en contra de todas as opinións expertas, Franco parte con Andrea nunha viaxe incrible: percorrerán en moto 38.000 km do continente americano, dende Miami ata Porto Seguro, durante máis de catro meses.

Esta novela é o relato desta viaxe, tal e como llo contaron durante un ano os protagonistas ao autor, Fulvio Ervas. Unha aventura grandiosa, impredicible, como Andrea. Un conmovedor relato sobre o poder transformador das viaxes, os sonos dunha vida digna e a imparable forza do amor dun pai polo seu fillo

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ERV sit novidades vida cotiá



Mañá na Biblioteca...


Temos concerto con "Ouvirmos"

Un concerto didáctico que presenta os diferentes instrumentos da cultura galega clasificados segundo o elemento que orixina o seu son. Unha viaxe sonora para afondar na orixe, evolución, construción, etc. de 25 instrumentos, acompañados de cantigas populares nas que o público poderá interactuar.

Unha actividade para nen@s a partir de 6 anos

Non é necesaria inscripción previa

Mañá, venres 14, ás 18:00 h. no Salón de Actos



miércoles, 12 de junio de 2013

Documental "Caminos hacia la libertad"


Esta semana contamos coa proxección do documental “Caminos hacia la libertad - Caminos hacia Europa Común" do Instituto Fundación Lech Walesa.

Non volo perdades!

Mañá, ás 19:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca


Xa temos aos gañadores da fase provincial!

Estes son os escritores e artistas da provincia que mereceron este premio...


DEBUXO
************************************************************************

Categoría A (ata 8 anos)
Jimena Carreira Sampere (Biblioteca Nodal de Lugo)
María Sánchez Villalba (Biblioteca de Lourenzá)
María López Carnero (Biblioteca Nodal de Lugo)

Accésits
Sara Álvarez Civeira (Biblioteca Nodal de Lugo)
Aroa Fernández Saá (Biblioteca de Sober)
Adrián Pérez Álvarez (Biblioteca de Barreiros)

************************************************************************

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Paula Barreiro Rodríguez (Biblioteca Nodal de Lugo)
Patricia Rodríguez Dafonte (Biblioteca Nodal de Lugo)
David Rodríguez Jiménez (Biblioteca de O Saviñao)

Accésits
Ana Treitas Iglesias (Biblioteca Nodal de Lugo)
Iago López Méndez (Biblioteca de Monforte)

************************************************************************

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Martiño Pereira Camarero (Biblioteca Nodal de Lugo)
Alba Blanco Pardo (Biblioteca de Xermade)
Nerea Rivas Trabadelo (Biblioteca de Ribadeo)

Accésits
Guillermo Cruzado Martín (Biblioteca de Ribadeo)
Borja Corral López (Biblioteca Nodal de Lugo)



NARRACIÓN
************************************************************************

Categoría A (ata 8 anos)
Aitana Gesto Rego (Biblioteca de Vilalba)
Paula Enríquez Barcia (Biblioteca de Burela)
Xavier Román Iriarte Álvarez (Biblioteca de Ribadeo)

Accésits
Jerom Moiron (Biblioteca de Lourenzá)
Sara Rodríguez Rodríguez (Biblioteca de Monforte)
Héctor Fernández Otero (Biblioteca de Antas de Ulla)

************************************************************************

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Yago Montero Gradaílle (Biblioteca de Burela)
Javier Álvarez Méndez (Biblioteca de Lourenzá)
Jorge Chapero García (Biblioteca de Ribadeo)

Accésits
Candela Ángela Neira Villares (Biblioteca Nodal de Lugo)
Antía Lillo Irimia (Biblioteca de Lourenzá)

************************************************************************

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Miguel Casariego Cao (Biblioteca de Ribadeo)
Lucía Amaro Losada (Biblioteca de Monforte)
Irene Rico Gómez (Biblioteca de Burela)

Accésits
Sara Canto González (Biblioteca de Ribadeo)
Andrea Santiso Arias (Biblioteca de Antas de Ulla)
Irene Barreira Díaz (Biblioteca de A Fonsagrada)
Ánxela Jorge Vidal (Biblioteca de Sober)



A entrega de premios terá lugar o próximo venres14, ás 18:00 horas no Salón de Actos.

Noraboa a todos!!


martes, 11 de junio de 2013

Capitulo 1...



Mesa de conversa en inglés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 10 de junio de 2013

Presentación da novela "Ninguén lembra"


Mañá, martes 11, podédes asistir á presentación da novela "Ninguén lembra" da escritora Vanesa SantiagoUnha historia chea de fantasía e orixinalidade publicada por Urco Editorial que de seguro desfrutaredes.

Agardámosvos mañá, ás 19:00 h., no Salón de Actos da Biblioteca


viernes, 7 de junio de 2013

Na sala de audiovisuais... Bel Ami, historia de un seductor

Georges Duroy, un mozo aposto e sen escrúpulos, chega a Paris procedente de Alxeria, onde pasou dous anos mobilizado co exército. O seu grande atractivo físico e encanto persoal pronto comezan a abrirlle portas. Cando toma conciencia das súas posibilidades, as súas aspiracións crecen e o seu ascenso se precipita de xeito tan vertixinoso como a súa actitude moral degrádase. 

A maquinación e a sedución elévano ata o lugar que decidiu élle propio: as máis altas esferas de Paris

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA BEL novedades


(fuente: E-Cartelera)

jueves, 6 de junio de 2013

Aviso: Pechamos o sábado 8


O sábado 8 a Biblioteca permanecerá pechada por mor das obras.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Xogando coa historia" con Cucarandainas

Este obradoiro propón descubrir o mundo do imperio romano, dun xeito diferente: aprender xogando.

Unha forma creativa e instrutiva, xa que fomenta de diferentes maneiras o desenrolo da comprensión espacial e a motricidade.

Unha actividade para nen@s a partir de 4 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da sala infantil (20 prazas)

Mañá, venres 7, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 5 de junio de 2013

Fragmentaria


Hoxe querémos falarvos dun proxecto sobre escritura no internet moi interesante, "Fragmentaria". E en qué consiste Fragmentaria? Pois na creación dunha novela por parte de cinco escritores, entre eles unha lucense, Aurora López, acompañada de María Valdés Mariño, Javier Valls Borja, José Romano e Francisco Marcos Herrero.

A partires das suxerencias do coordinador do proxecto, Jaime Gonzalo Cordero, os escritores dialogan entre sí e proxectan percorridos narrativos para as súas personaxes. Cada semana publican un novo capítulo que podédes ler na súa web en moi distintos formatos (epub, pdf, mobi, ou na propia páxina). A súa distribución é gratuita baixo  unha licenza Creative Commons, pola cal o texto pode ser descargado e compartido citando a autoría, sempre que sexa sen ánimo de lucro e sen posibilidade de derivar do texto outras obras.

Calquera iniciativa relacionada coa escritura e a lectura parécenos moi interesante, así que dende aquí vos animámos a crear proxectos deste tipo e compartilos.


Novidades no fondo de adultos: Ficción

Parece que estes días van asomando algúns raios de sol e que o verán está a volta da esquina, e como xa sabedes, unha das mellores cousas que se poden facer no verán é ler un bo libro. E nós sempre estamos dispostos a ofrecervos as últimas novidades para que poidades desfrutar delas! Premede nas imaxes para ver os rexistros do catálogo...














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí