viernes, 31 de mayo de 2013

El año en que me enamoré de todas, de Use Lahoz

Esta é a historia de Sylvain Saury, un mozo parisiense adicto á vida que se achega perigosamente aos trinta e que sofre a síndrome de Peter Pan. Ten moitas virtudes: é sensible, bilingüe e sabe facer amigos, pero tamén ten grandes defectos: en cuestións de amor non consegue pasar páxina, tende a meterse onde non lle chaman e o verbo 'madurar' asústalle.

Cando recibe a proposta dun traballo mal pagado en Madrid non llo pensa: prefi ere vivir alí a salto de mata que facerse adulto en París. E, ademais, en Madrid vive Heike Krüger, a súa exnoiva alemá, a quen non conseguiu esquecer.

Mentres se instala, Sylvain vai trazando o plan de reconquista de Heike, pero o inesperado achado dun manuscrito cambiará os seus plans e abriralle unha ventá a unha historia emocionante, chea de sorpresas e casualidades. Esta lectura trastornará o seu compás e lle
recordará a gran verdade oculta tras a frase coa que o despediu de París o seu amigo Michel Tatin: "O corazón está para usalo".



Premio Primavera de Novela 2013

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N LAH año novidades romántica

jueves, 30 de mayo de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo "O aviador" con Elefante Elegante

Un espectáculo de aventuras destinado ao público infantil. A narración oral é acompañada por manipulación de obxetos, sombras chinesas, monicreques, música e xestualidade, creando un universo cómico, interactivo e poético

Unha actividade para nen@s de 3 a 6 anos

Non é necesaria inscripción previa

Mañá, venres 31, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 29 de mayo de 2013

Premio "Entidade Amiga"


Hoxe queremos compartir convosco o premio outorgado á Biblioteca polo IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, nomeándonos "Entidade Amiga 2013". Dende aquí queremos darlles as grazas por tal honra e estamos encantados de poder colaborar con outros centros da cidade. Ademais, publicaron unha presentación con fotos do acto de entrega que non podemos deixar de poñer! De novo, moitas grazas!!



Os relatos e debuxos gañadores

Aquí están as historias gañadoras da Fase Local do Certame de Debuxo e Narración "Letras Galegas 2013". Premede na imaxe e desfrutade da lectura destas inxeniosas narracións!


Ademáis, na nosa galería de Facebook podédes ver os debuxos gañadores

martes, 28 de mayo de 2013

Novidades do cómic

Marchando unha de novidades da Comiteca!! Que mellor para acabar o mes que ler algún destes apaixoantes cómics... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...








Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


lunes, 27 de mayo de 2013

Na sala de audiovisuais... El exótico Hotel Marigold

"El exótico Hotel Marigold" cóntanos a historia dun grupo de cidadáns británicos de clase alta e idade avanzada que viaxan á India para gozar dos anos que aínda lles quedan de vida. Suponse que é a solución que a India propón aos cidadáns máis selectos de Reino Unido para que gocen da súa xubilación -un lugar onde poder pasar a súa idade dourada rodeados de suntuosos servizos e comodidades-, e en efecto así é ata que sete xubilados cunha perentoria necesitade de cambio preséntanse á entrada deste complexo vacacional.

Entón comeza unha cómica e romántica aventura nun lugar cheo de praceres. E a medida que empezan a establecer novas amizades e a realizar inesperados descubrimentos, comezan a deixar atrás o seu pasado.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: COMEDIA EXO novedades


(fuente: La Butaca)

viernes, 24 de mayo de 2013

Xa temos aos gañadores!

Queredes saber quenes foron os gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2013" na súa fase local? Pois estes son os nosos escritores e artistas merecedores deste premio...



DEBUXO

Categoría A (ata 8 anos)
Jimena Carreira Sampere
María López Carnero
Sara Álvarez Civera

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Paula Barreiro Rodríguez
Patricia Rodríguez Dafonte
Ana Treitas Iglesias

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Martiño Pereira Camarero
Esperanza Romero Moreno
Borja Corral López



NARRACIÓN

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Candela Ángela Neira Villares
Iria Rodríguez Ascariz
Martín Iglesias Pereiro

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Pablo Rico Echegaray
Silvia Rouco Rodríguez
Jonathan Fariñas Bermúdez


A entrega de premios terá lugar o próximo martes 28, ás 18:00 horas no Salón de Actos.

Noraboa a todos!!


jueves, 23 de mayo de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo de maxia e poesía "Abrapalabra" con Matapiollos

Vide compartir con nós este gran espectáculo

Unha actividade para nen@s de 3 a 12 anos

Non é necesaria inscripción previa

Mañá, venres 24, ás 18:00 h. no Salón de Actos



miércoles, 22 de mayo de 2013

A cita da semana


Nova reunión do Café Filosófico


Hoxe terá lugar a oitava reunión do Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: lei e moral

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


martes, 21 de mayo de 2013

Mesa de conversa en francés


Hoxe tera lugar unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 20 de mayo de 2013

O poder dos contos



jueves, 16 de mayo de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Para que nesta ponte desfrutedes dunha boa lectura, hoxe traemos as últimas novidades de non-ficción. Unha multitude de temas para mentes inquedas Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


miércoles, 15 de mayo de 2013

A cita da semana


Pola Feira do Libro de Lugo...


É onde, como anos anteriores, podédes atopar o stand da Biblioteca. Nesta ocasión temos unha nova caseta aberta a todos, nenos e maiores, e aquí vos deixamos algunhas fotos da primeira xornada.

E recordade que estaremos na feira ata o domingo 19, vide visitarnos!



"Has de cantar..."


Un espectáculo sobre a nosa poeta máis internacional, baseado na súa obra "Cantares Gallegos" e interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o músico Xocas Meijide.

Os textos de Rosalía son acompañados de pezas de Bach adaptadas para clarinete e clarinete alto escenificando así a súa poesía. O repertorio baseado en Cantares Galegos amosa a persoalidade da artista, a súa audacia e conviccións, a súa paixón pola nosa terra. Este concerto exalta a dramaticidade e profundidade da súa obra utilizando recursos teatrais como coreografías e obxectos na súa posta en escena, poemas vitais despoxados de toda solemnidade, incorporando a poesía na cotidianidade das nosas vidas.

Mañá, xoves 16, ás 18:30 h. no Salón de Actos




martes, 14 de mayo de 2013

La ridícula idea de no volver a verte, de Rosa Montero

Cando Rosa Montero leu o marabilloso diario que Marie Curie comezou tras a morte do seu esposo, e que se inclúe ao final deste libro, sentiu que a historia desa muller fascinante que se enfrontou á súa época lle enchía a cabeza de ideas e emocións. A ridícula idea de non te volver ver naceu dese incendio de palabras, dese vertixinoso turbillón.

Ao fío da extraordinaria traxectoria de Curie, Rosa Montero constrúe unha narración a medio camiño entre o recordo persoal e a memoria de todos, entre a análise da nosa época e a evocación íntima. Son páxinas que falan da superación da dor, das relacións entre homes e mulleres, do esplendor do sexo, da boa morte e da bela vida, da ciencia e da ignorancia, da forza salvadora da literatura e da sabedoría dos que aprenden a gozar da existencia con plenitude e con lixeireza.

Vivo, libérrimo e orixinal, este libro inclasificable inclúe fotos, recordos, amizades e anécdotas que transmiten o primitivo pracer de escoitar boas historias. Un texto auténtico, emocionante e cómplice que te atrapará dende as súas primeiras páxinas.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: OX MON rid novidades

Mesa de conversa en inglés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 13 de mayo de 2013

A Biblioteca na Feira do Libro


Como anos anteriores a Biblioteca vai participar na Feira do Libro de Lugo, sita na Praza Maior. Dende mañá, martes 14 ata o domingo 19 podédesvos achegar ata o noso stand e coñecer as últimas novidades e todos os servizos que dos que dispón a Biblioteca. E se aínda non sodes socios tamén tedes a oportunidade de solicitar o noso carné, é totalmente gratuito! 

Agardamos a vosa visita!





viernes, 10 de mayo de 2013

The Underground Library


Ese é o nome do proxecto de tres estudiantes de Miami para fomentar a lectura no metro, unha especie de biblioteca virtual que permita aos viaxeiros ler durante a súa viaxe, é ademáis promover o uso das bibliotecas públicas. Explicámosvos un pouco en que consiste...

A prosposta está baseada no metro de Nova York e consiste na instalación duns paneis interactivos en cada vagón, dende os cales, a través do teléfono móbil, os usuarios poden descargarse as 10 primeiras páxinas de varios libros no seu teléfono. Unha cantidade suficiente para un traxecto en metro, e para xerar o suficiente interese no lector, que ao saír do metro sería informado por unha aplicación da biblioteca máis próxima á súa posición onde podería seguir lendo o libro, levalo en préstamo, etc...

Unha interesante iniciativa que pode converterse en realidade en breve. Aquí vos deixamos o vídeo explicativo dos seus creadores.



jueves, 9 de mayo de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Letras na corda. Roberto Vidal Bolaño" con Teatro Babaluva

Os participantes decorarán o espazo con letras de cartón, conformando palabras que poñan en valor a nosa cultura a través da lingua...

Unha actividade para nen@s de 6 a 14 anos

É necesaria inscripción previa (20 prazas)

Mañá, venres 10, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 8 de mayo de 2013

Cabaret Pompeya, de Andreu Martín

Barcelona, 1920, é a época convulsa das bombas e o pistolerismo. Fernando, Miguel e Víctor coñécense no Pompeya, un dos máis animados music halls do Paralelo. Fernando é bandoneonista e Miguel e Víctor traballan no porto; os tres teñen vinte anos, son alegres, sedutores, amigos da diversión, e están dispostos a comer o mundo, pero tampouco son alleos aos ideais políticos que se respiran no ambiente.

A historia da súa amizade, que resistirá as crueis acometidas da Guerra Civil e a posguerra, é o fío condutor desta novela de trama trepidante e aditiva, de axentes dobres, tanguistas, comisarios, anarquistas e maquis, de odio, amor, inxustizas e vinganzas.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MAR cab novidades intriga e misterio

"Rosalía, flor da palabra viva"


Mañá temos unha nova actividade relacionada cunha das nosas grandes escritoras galegas: Rosalía de Castro.

O escritor Isidro Novo falará de pasaxes da vida da autora, intercalando recitación de poemas e textos.

Podedes asistir todos, nenos e maiores

Agardámosvos mañá, xoves 9, ás 19:30 h. no Salón de Actos



martes, 7 de mayo de 2013

A cita da semana


Mesa de conversa en francés


Hoxe tera lugar unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 6 de mayo de 2013

Presentación do libro "España SL, la colmena insostenible"


Mañá, o escritor José Luis Durán presenta o seu novo libro "España SL, la colmenta insostenible", acompañado polo escritor e xornalista Xulio Xiz Ramil, que falará sobre o autor e a súa obra.

Non vos perdades este encontro có autor!

Mañá, martes 7, ás 20:00 h. no Salón de Actos


Novidades no fondo de adultos: Ficción

Para pasar un agradable día de primavera, que mellor que facelo lendo unha boa novela baixo os primeiros raios de sol do ano. Un pequeno pracer que non é difícil de conseguir coas nosas novidades de ficción. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí