martes, 30 de abril de 2013

Mesa de conversa en inglés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 29 de abril de 2013

Intemperie, de Jesús Carrasco

Un neno escapado de casa escoita, acazapado no fondo do seu acocho, os berros dos homes que o buscan. Cando a partida pasa, o que queda ante el é unha chaira infinita e árida que deberá atravesar se quere afastarse definitivamente daquilo que o fixo fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro e, a partir dese momento, xa nada será igual para ningún dos dous.

Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola seca e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, no que a moral escapou polo mesmo sumidoiro polo que se foi a auga. Nese escenario, o neno, aínda non de todo malogrado, terá a oportunidade de iniciarse nos dolorosos rudimentos do xuízo ou, pola contra, de exercer para sempre a violencia que mamou.

A través de arquetipos como o neno, o cabreiro ou o alguacil, Jesús Carrasco constrúe un relato duro, salpicado de momentos de gran lirismo. Unha novela tallada palabra a palabra, onde a presenza dunha natureza inclemente ganduxa toda a historia ata confundirse coa trama e na que a dignidade do ser humano xermola entre as gretas secas da terra cunha forza inusitada.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CAR int novidades vida cotiá

viernes, 26 de abril de 2013

Na sala de audiovisuais... La voz dormida

En plena postguerra, Pepita (María León), unha moza cordobesa, abandona a súa aldea e viaxa a Madrid para estar preto da súa irmá Hortensia (Inma Cuesta) que está embarazada e en prisión. Unha vez na capital, namórase de Paulino (Marc Clotet), un valenciano de familia burguesa que segue loitando na serra de Madrid.

Hortensia é xulgada e condenada a morte, pero a execución non se levará a cabo ata despois do parto. Pepita intenta por todos os medios que lle condonen a pena e, ao mesmo tempo, fai tamén canto está na súa man para que lle entreguen o neno a ela en lugar de dalo en adopción ou envialo a un orfanato.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL VOZ


(fuente: FilmAffinity)

jueves, 25 de abril de 2013

A cita da semana

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración "Cantoconta contaconto" con Avoa Youja

Xogando ás palabras un son atopei, atopín! Atopaches? Cantei. Un conto contei! Un canto e un conto contei. Bailaremos coas palabras e os sons na viaxe dun conto cantor, sube e dálle lume ó teu canto, prende o motor.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 26, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 24 de abril de 2013

La verdad de la señorita Harriet, de Jane Harris

"Pareceravos estraño que sexa eu a primeira en falar de Ned Gillespie, pero quen senón eu ía facelo?"

Así empeza a súa historia Harriet Baxter, unha dama de case oitenta anos que en 1933, comodamente instalada na súa casa de Londres, recorda un día de primavera de 1888, cando ela, que xa roldaba os trinta e cinco anos e estaba condenada a ser unha solteirona, visitou por primeira vez Glasgow con ocasión da Exposición Internacional.

Nun dos seus paseos polas rúas da cidade, Harriet volveu encontrar a Ned Gillespie, un mozo pintor da escola de Glasgow, e empeñouse entón en coñecer a toda a súa familia. As visitas á casa onde vivía o artista coa súa esposa e as súas dúas fillas foron cada vez máis frecuentes, ata que un crime cambiou por completo o destino dos Gillespie, e Harriet de súpeto tivo que vérllelas coa xustiza.

Por que a policía chegou a sospeitar dunha dama tan entregada? A voz da anciá vai debullando unha versión moi persoal dos feitos... Está en mans do lector fiarse ou non das súas palabras.

Novela valente e ambiciosa, "La verdad de la señorita Harriet" é un espléndido thriller psicolóxico gobernado por unha voz poderosa que atrapa e manipula o lector dende as primeiras páxinas e valeu á súa autora a nominación National Book Award.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N HAR ver novidades intriga e misterio


Nova reunión do Café Filosófico


Hoxe terá lugar a sétima reunión do Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: a relixión ou relixións

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


martes, 23 de abril de 2013

Mesa de conversa en francés


Hoxe tera lugar unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Biblioteca.

Animádevos a participar!



Actividades con motivo do Día do Libro


Con motivo do Día do Libro a Biblioteca celebra diversas actividades ao longo do día.

As 18:00 h. terá lugar o obradoiro "Hoxe todos somos escritores, ilustradores e editores", e tamén recibiremos a visita do servizo de Animación Sociocultural do Concello de Lugo.
Ao longo da tarde o grupo Bookcrossing Lugo realizará unha liberación masiva de libros na Biblioteca, así que animarvos a participar e traer os vosos libros para percorran o mundo ;)


Feliz Día do Libro a todos!



¡Feliz Día do Libro!

lunes, 22 de abril de 2013

Mañá na Biblioteca...


E con motivo do Día Internacional do libro, temos o obradoiro "Hoxe todos somos escritores, ilustradores e editores"

Contos para pequenos e para non tan pequenos, que nos permitirá viaxar a través da imaxinación.

Unha actividade para nen@s e maiores

É necesaria inscrición previa (30 prazas)

Mañá, martes 23, ás 18:00 h.



viernes, 19 de abril de 2013

Novidades do cómic

Xa están aquí as novidades da comiteca!! Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...








Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


jueves, 18 de abril de 2013

Reabrimos a sala de préstamo


Mañá, venres 19, xa podédes acceder de novo a Sala de préstamo de adultos (-1º andar)

Desculpade as molestias das obras destes días, e a ler moito!



Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración "Contos para levar no peto" con Iago López

Contos para pequenos e para non tan pequenos, que nos permitirá viaxar a través da imaxinación.

Unha actividade para nen@s a partir de 4 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 19, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 17 de abril de 2013

Aviso: Pechamos o sábado 20


O sábado 20 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tareas de desinfectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar...

A cita da semana


Secreto de hermanas, de Belinda Alexandra

Os lazos entre irmás son tan fortes que o que lles sucede pode correr o risco de repetirse xeración tras xeración.

Que facer se o que lles pasa ás túas fillas te recorda á túa propia historia e á da túa irmá?

E se esa historia está rodeada de misterio, morte e un amor imposible?

Adéla e Klára terán que enfrontarse ao seu pasado para poder sobrevivir.

Nesta novela ambientada en Praga e Australia trala Primeira Guerra Mundial, Belinda Alexandra cautívanos non só cunha perfecta ambientación histórica senón coa emoción e o misterio que nace dunha das ataduras máis fortes do ser humano: os lazos de sangue...

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ALE sec novidades histórica



martes, 16 de abril de 2013

Doces de libro

Hai uns días vos falabámos dos marabillosos pasteis literarios de Victoria's Kitchen, e hoxe dende Flavorwire chégannos unhas tartas que serían a delicia de calquera lector...

"Las crónicas de Narnia"

"Mujercitas"

"Donde viven los monstruos"


"Orgullo y Prejuicio"


"Harry Potter"


Colección da editorial Penguin

Verdadeiras obras de arte, non vos parece?



Mesa de conversa en inglés


Hoxe temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 15 de abril de 2013

Na sala de audiovisuais... Salvajes

Dous mozos emprendedores de Laguna Beach, Ben (Aaron Johnson), un budista pacífico e caritativo, e o seu mellor amigo Chon (Taylor Kitsch), ex membro das forzas especiais (SEAL) da Mariña estadounidense e ex mercenario, montaron un lucrativo negocio caseiro: cultivar e vender unha das mellores marías que xamais se obtivo. 

Tamén comparten un amor único coa extraordinaria e bela Ophelia (Blake Lively). Ambos os dous levan unha vida idílica nesta viliña do sur de California... ata que se instala un cártel mexicano de Baixa California e esixe que o trío se asocie con eles.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: SUSPENSE SAL novedades


(fuente: El Séptimo Arte)

viernes, 12 de abril de 2013

Los años perdidos, de Mary Higgins Clark

Coa súa nai enferma de Alzheimer imputada como principal sospeitosa, Mariah Lyons intenta descubrir quen foi o verdadeiro asasino do seu pai.

Tras toda unha vida dedicada aos estudos bíblicos, Jonathan Lyons cre ter encontrado o máis buscado e valioso dos pergameos, unha carta posiblemente escrita por Xesucristo e que desapareceu da Biblioteca Vaticana arredor do ano 1500.

Pouco despois do achado, Jonathan é encontrado morto dun disparo no seu estudo e á súa muller Kathleen, enferma de Alzheimer, escondida nun armario, desorientada e coa arma do crime na man.

Matou Kathleen o seu marido nun ataque de celos tal e como sospeita a policía? Ou quizais a morte de Jonathan estea ligada ao pergameo desaparecido de novo?

Coa súa nai imputada polo asasinato e nin rastro do manuscrito, Mariah Lyons loitará por descubrir que se oculta detrás da morte do seu pai.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CLA año novidades intriga e misterio



jueves, 11 de abril de 2013

A cita da semana


Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Descubrindo os mandalas" con Cucarandainas

Este obradoiro propón descubrir que son as mandalas, de onde veñen e experimentar con elas a partir da cor e as súas formas. Para levar a cabo este taller empregaremos material de reciclaxe fomentando así entre os participantes novas condutas de conciencia ambiental e sostibilidade

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 12, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 10 de abril de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Nestes días grises e aburridos nos que parece que a choiva non quere marchar, nada mellor que un bó libro E para iso aquí están as últimas novidades de non-ficción, temas para todos e para aprender un pouquiño, que nunca está de máis. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


martes, 9 de abril de 2013

Peores maneras de morir, de Francisco González Ledesma

O brutal asasinato de dúas rapazas no barrio do Raval pon en alerta ao inspector Méndez, a quen non lle falla o olfacto para tirar do fío e descubrir que, detrás de tal atrocidade, se oculta unha sórdida organización internacional dedicada ao tráfico de belas mulleres eslavas.

"Peores maneras de morir" é unha radiografía social da Barcelona actual, na que os ideais do pasado se renderon ante un capitalismo feroz que, xa sen inimigos que o conteñan, converteu os seres humanos nunha mera mercadoría. A Barcelona de Méndez está a desaparecer e, talvez, o vello policía fágao con ela.

Francisco González Ledesma é o autor de referencia da novela policíaca ambientada en Barcelona. A novela mestura á perfección o estilo clásico do xénero negro (intriga,suspense, vidas cruzadas nos baixos fondos co gran dispendio dos ricos...) cunha intencionada denuncia social. A serie policíaca do policía Méndez é de recoñecido éxito internacional.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GON peo novidades intriga e misterio



Mesa de conversa en francés


Hoxe tera lugar unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 8 de abril de 2013

Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2013"

Como todos os anos, a biblioteca convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2013", na súa fase local.


Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dous modalidades: Narración e Debuxo, e este ano o tema seleccionado é "A toda máquina (coa imaxinación)"

As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos
B -- nenos de 9 a 11 anos
C --- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

O xurado, que estará formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos. Os seleccionados daránse a coñocer antes do Día das Letras Galegas, e recibirán cadanseu diploma e lote de libros nun acto de entrega de premios na Biblioteca.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Descarga aquí a solicitude de inscrición.