miércoles, 27 de marzo de 2013

Na sala de audiovisuais... Los descendientes

Matt King (George Clooney), casado e pai de dúas nenas, vese obrigado a reconsiderar o seu pasado e a canalizar o seu futuro cando a súa muller sofre un terrible accidente de barco en Waikiki. 

Matt intenta torpemente recompoñer a relación coas súas fillas -a precoz Scottie, de 10 anos (Amase Miller), e a rebelde Alexandra, de 17 (Shailene Woodley)-, ao mesmo tempo que se enfronta á difícil decisión de vender as terras da familia.

Herdanza da unión entre a realeza hawaianaa e os misioneiros, os King posúen algunhas das últimas zonas virxes de praia tropical das illas, dun valor incalculable.
Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: DRAMA DES novedades



(fuente: Fotogramas)


martes, 26 de marzo de 2013

Reabrimos salas


A partir do próximo luns 1 de Abril, reabrimos a sala de consulta (2º andar) e a sala infantil (1º andar) tras rematar as obras.

Desculpade as molestias ocasionadas estes días



Mesa de conversa en francés


Hoxe tera lugar unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos a partir das 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 25 de marzo de 2013

Aviso: Préstamo pechado por obras


Dende o próximo luns 1 de Abril (incluído) e ata novo aviso, 
a Sala de préstamo de adultos (-1º andar) permanecerá pechada.

Durante este tempo haberá unha selección de documentos na entrada da Biblioteca (pranta baixa).

Desculpade as molestias.



La reina descalza, de Ildefonso Falcones

En xaneiro de 1748, unha muller negra deambula polas rúas de Sevilla. Atrás deixou un pasado escravo na afastada Cuba, o fillo ao que nunca volverá ver e unha longa viaxe en barco ata as costas españolas. Caridade xa non ten un amo que lle dea ordes, pero tampouco un lugar onde abeirarse cando se cruza no seu camiño Milagros Carmona, unha moza xitana de Triana por cuxas veas corre o sangue da rebeldía e a arte dos da súa raza.

As dúas mulleres convértense en inseparables e, entre zarabandas e fandangos, a xitana confesa á súa nova amiga o seu amor polo aposto e arrogante Pedro García, de quen a separan antigos odios entre ambas as dúas familias. Pola súa banda, Caridade esfórzase por acalar o sentimento que está a nacer no seu corazón cara a Melchor Vega, o avó de Milagros, un home desafiante, pícaro e sedutor aínda que tamén asine defensor da honra e a lealdade para cos seus.

Pero cando un mandato real converte a todos os xitanos en proscritos, a vida de Milagres e Caridade dá un tráxico xiro. Aínda que os seus camiños se separan, o destino volverá unilas nun Madrid onde conflúen contrabandistas e cómicos, nobres e viláns; un Madrid que se rende á paixón que emana das voces e bailes desa raza de príncipes descalzos.

Ildefonso Falcones proponnos unha viaxe a unha época apaixonante, tinguida polos prexuízos e a intolerancia. Dende Sevilla ata Madrid, dende o tumultuoso bulicio da gitanería ata os teatros señoriais da capital, os lectores gozarán dun fresco histórico poboado por personaxes que viven, aman, sofren e pelexan polo que cren xusto. Fiel reflexo duns homes e mulleres que non agacharon a cabeza e que alzaron a voz para enfrontarse á orde establecida.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N FAL rei novidades histórica





sábado, 23 de marzo de 2013

Aviso: Cambio de horario durante Semana Santa



Os días 25, 26, 27, 30 e 1 de Abril, o horario da biblioteca será:

Luns a venres: de 9:00 a 20:00 h.

Sábados: de 10:00 a 14:00 h.


viernes, 22 de marzo de 2013

"Coñeces a... Arto Paasilinna (o humor na novela)"


O próximo martes temos unha nova actividade do Bibliovol: "Coñeces a... Arto Paasilinna (o humor na novela)".

Coma noutras ocasións, a actividade correrá a cargo da voluntaria Melina López e faráse unha lectura en voz alta, repasará os seus títulos máis relevantes e coñeceredes autores afíns.

Se vos gusta descubrir novos autores, non o dubidédes e achegádevos o próximo martes 26, ás 19:30 h., á Sala multiusos da Biblioteca.

E para despois, estes son algúns dos títulos que podédes atopar na Biblioteca ;)









jueves, 21 de marzo de 2013

A cita da semana


Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Soledad Felloza "Caballito-hop"

Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasea tantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá. A lúa, que sabe dos seus sonos, unha noite faralle un regalo especial...

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 22, ás 18:00 h. no Salón de Actos



miércoles, 20 de marzo de 2013

Nova reunión do Café Filosófico


Hoxe terá lugar a sexta reunión do Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: o individualismo

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


martes, 19 de marzo de 2013

Los hombres mojados no temen la lluvia, de Juan Madrid

Liberto Ruano, avogado mullereiro e perdidamente romántico, socio do bufete Feiman & Ruano móvese con igual soltura por xulgados e baixos fondos. Todo vai cambiar cando se ve envolvido no asasinato dunha prostituta, ameazada a causa dun DVD comprometedor, distraído a un magnate de turbios negocios.

Para aclarar o caso e escapar ás sospeitas, Liberto só conta coa axuda do seu informante, Aurelio Pescador, un home estraño de non moi claro pasado, e Andrés Feiman, un exiliado arxentino de exquisita cultura, socio do bufete. Pero nada, nin ninguén é o que parece. Que contén en realidade o DVD? Que ten que ver a ´ndrangheta, a misteriosa organización mafiosa calabresa, cos grandes banqueiros, fóra de toda sospeita?

En "Los hombres mojados no temen la lluvia", Juan Madrid alcanza o seu cume literario grazas aos seus atinados e brillantes diálogos, a unha prosa medida e eficiente, tramas con xiros inesperados e personaxes inesquecibles, como o avogado Liberto Ruano, enfrontado ao seu pasado e aos tentáculos inmisericordes das altas finanzas, aliadas das mafias que operan no mundo dos negocios. Esta novela conta o que acontece nestes momentos: a corrupción e o engano das grandes fortunas, amasadas grazas á dobre verdade, a dobre moral e a dobre contabilidade

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MAD hom novidades histórica




lunes, 18 de marzo de 2013

Mesa de conversa en inglés


Mañá terá lugar una nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 19, ás 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 15 de marzo de 2013

O libro máis pequeno do mundo


É o que ven de publicar a editorial xaponesa Toppan Printing. De 0,75 mm. e 22 páxinas a obra titúlase "Flores de las cuatro estaciones" e é un compendio da flora do archipélago nipón, no que aparecen as súas afamadas cerdeiras.

A obra pódese ver no museo da editorial en Tokio e como vedes na fotografía e case tan pequeno coma o ollo dunha agulla.

Aínda non está no libro Guinnes dos Records pero a empresa solicitará a súa inscripción tras bater o record anterior, unha edición de 0,9 mm. de "El Camaleón" de Antón Chejóv.


jueves, 14 de marzo de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Viaxando sobre un papel" con Noemí López

Obradoiro a través do cal os nen@s aprenderán algunhas técnicas sinxelas para inventar e trasladar ao papel mundos imaxinarios.

Unha actividade para nen@s de 6 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 15, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 13 de marzo de 2013

Na sala de audiovisuais... Drive

Drive (Ryan Gosling) é un condutor especialista de cine polo día e un condutor para fugas pola noite. Pero non importa o traballo que teña que facer porque Drive se sente sempre a gusto detrás do volante.

Shannon (Bryan Cranston) é mentor de Drive á vez que o seu xefe. Dende que se decatou do talento de Drive ao volante, búscalle directores de cine e televisión do mundo do entretemento ou a ladróns que necesitan o mellor condutor para as súas fugas, pero levándose unha comisión en ambos os dous casos.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: AVENTURAS DRI novedades


(fuente: La Higuera)

martes, 12 de marzo de 2013

El testigo invisible, de Carmen Posadas

Leonid Sednev, desenfeluxador imperial e máis tarde pinche de cociña, tiña quince anos a noite do 17 de xullo de 1918, cando un grupo de militares da Revolución bolxevique asasinou brutalmente a familia imperial rusa. Leonid foi o único supervivente e testemuña invisible da traxedia.

Moito tempo despois, un Leonid xa ancián decide recompoñer os seus recordos e comeza este relato, dende os ollos do servente da familia imperial, co que recrea os últimos anos do Imperio ruso e o cambio de réxime.


Carmen Posadas somérxenos, coa súa habitual mestría, no fascinante mundo da familia imperial rusa: luces e sombras de pazo, nun desfile de princesas e desenfeluxadores, tsares e bolxeviques, luxo e miseria.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N POS tes novidades histórica





lunes, 11 de marzo de 2013

A cita da semana


Mesa de conversa en francés


Mañá tera lugar unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 12, a partir das 18:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 8 de marzo de 2013

Na sala de audiovisuais... Intocable

Tras un accidente de parapente, Philippe, un rico aristócrata, contrata a Driss como asistente e coidador, un mozo procedente dun barrio de vivendas públicas que saíu recentemente de prisión... Noutras palabras, a persoa menos indicada para o traballo.

Xuntos, van mesturar a Vivaldi e "Earth, Wind & Fire",  a dicción elegante e a xerga na rúa, os traxes e os pantalóns de chándal...

Dous mundos van chocar e van ter que entenderse mutuamente para dar lugar a unha amizade tan demencial, cómica e sólida como inesperada, unha relación singular que xera enerxía e os fai... intocables!

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: COMEDIA INT novedades


(fuente: La higuera)

jueves, 7 de marzo de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de animación á lectura con Sherezade Bardaji "Píntame un soño"

As verbas poden ser tán máxicas como nos queiramos. Poden estar agochadas na boca dunha bruxa ou na barriga dun xigante … as veces, os contos poden converterse en cores: verdes, vermellos, amarelos para pintar os nosos soños.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 8, ás 18:00 h. no Salón de Actos



miércoles, 6 de marzo de 2013

A cita da semana

Exposición "Forma de vida en Senegal"


Dende o día 4 ata o día 2 de abril podédes visitar na Biblioteca a exposición fotográfica "Forma de vida en Senegal" do fotógrafo vivairense Xulio Leira Sanmartín.

Nesta exposición podedes atopar fotografías da forma de vida do pobo senegalés, no que o 63% da poboación é analfabeta total.




martes, 5 de marzo de 2013

Mysterium, de Rita Monaldi

Outono de 1646, Atto Melani, castrato e axente secreto ao servizo dos Medici, é enviado polos mecenas a París para interpretar unha ópera da que nada se sabe. Durante a travesía, o barco no que viaxa é atacado por piratas islámicos e Atto e outros superviventes refúxianse na antiga abadía da illa de Gorgona, no mar da Toscana.

Alí encontrará un manuscrito en latín que cuestiona toda a Historia da humanidade: o antigo Exipto, a verdade sobre Grecia e o esplendor do Imperio romano. Son as notas de Jacques Bouchard, asasinado cinco anos atrás en estrañas circunstancias cando descubriu un códice ancestral escondido entre os volumes da biblioteca do Vaticano.

Atto Melani relacionará os dous textos e descubrirá quen está detrás da morte de Bouchard. Pero por descontado, non é algo que os sabios da igrexa pretendan desvelar...

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MON mys histórica



lunes, 4 de marzo de 2013

Novidades do cómic

Xa temos uns cantos cómics novos na Comiteca. Estabades agardando algún número? Pois botade un ollo... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.








Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


viernes, 1 de marzo de 2013

Na sala de audiovisuais... Grupo 7

Como xa sabedes, na Biblioteca ademáis de libros temos cd's de música, dvd's, videoxogos e moitas cousas máis. Así que decidimos, ao igual que facemos cos libros, recomendarvos películas e discos. E hoxe comezamos con "Grupo 7", recente gañadora de dous premios Goya.

Para o Grupo 7 non existe a delgada liña que separa os recursos pouco éticos dos abertamente ilegais. O seu "modus operandi": violencia, coaccións, mentiras, e medias verdades... todo vale.

Grupo 7 compóñeno: Anxo (Mario Casas), un mozo aspirante a inspector, intelixente e compasivo, Rafael (Antonio de la Torre) un policía expeditivo, contundente e arrogante, Miguel (José Manuel Poga) e Mateo (Joaquín Núñez) que son os retranqueiros do Grupo e capaces das maiores brutalidades, pero tamén de inesperadas mostras de tenrura.

Entre Anxo e Rafael xurdirá unha estraña comprensión e rematarán parecéndose o un ao outro máis do que tivesen imaxinado nunca. Ángel transita, cada vez con máis soltura, polo camiño da ambición e dos excesos policiais, mentres que algo no interior de Rafael se transforma grazas ao amor inesperado da bela e enigmática Lucía.

O xogo de traizóns, lealdades e sentimentos complicarase a medida que o Grupo 7 acumula éxitos e condecoracións.

Podes atopala na sala de audiovisuais có rótulo: CINE ESPAÑOL GRU novedades


(fuente: FilmAffinity)