jueves, 28 de febrero de 2013

A cita da semana


Aviso: Sala infantil pechada por obras


Estamos de obras mellorando os nosos servizos, e por iso dende o próximo luns 4 de Marzo (incluído) e ata novo aviso, a Sala infantil (1º andar) permanecerá pechada.

As devolucións poderán realizarse no mostrador da pranta baixa, nas máquinas de autopréstamo ou no buzón exterior.

Durante este tempo haberá unha selección de documentos infantís e xuvenís na entrada da Biblioteca (pranta baixa).

Desculpade as molestias.



Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de animación á lectura con Fátima Fernández "Adiviña a cor do crocodilo"

Adiviña, adiviñanza: ¿que cor ten o noso amigo o crocodilo?

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 1, ás 18:00 h. no Salón de Actos



miércoles, 27 de febrero de 2013

El maestro del Prado, de Javier Sierra

Sendo estudante en Madrid, unha tarde Javier Sierra ten un singular encontro no Museo do Prado. Un misterioso personaxe misterioso ofrécese a explicarlle as claves ocultas das súas pinturas máis célebres.

Segundo o inesperado mestre, visións místicas, anuncios proféticos, conspiracións, herexías e ata mensaxes que parecen chegadas do «outro lado» inspiraron a mestres como Rafael, Tiziano, o Bosco, Juan de Juanes, Botticelli, Brueghel ou o Greco.

Unha historia fascinante de como un aprendiz de escritor aprendeu a mirar cadros e a entender unhas mensaxes ocultas que difiren da ortodoxia da Igrexa católica, unha institución que no Renacemento era visto máis como opresores que como espiritual.

Unha nova obra que entusiasmará aos miles de seguidores de Javier Sierra.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SIE mae novidades intriga e misterio






martes, 26 de febrero de 2013

Aviso: Sala pechada por obras


Dende o día 27 de Febreiro ata novo aviso, a Sala de adultos (2º andar) permanecerá pechada por mor das obras que se realizarán no chan da mesma.

O servizo de préstamo de portátiles e e-books trasladarase ao mostrador de préstamos e devolucións da pranta baixa.

Desculpade as molestias.



Use Lahoz, Premio Primavera de Novela


O escritor catalán Use Lahoz acaba de gañar o Premio Primavera de Novela 2013, convocado por Espasa e Ámbito Cultural do Corte inglés, pola novela "El año en que me enamore de todas". Unha novela que según o xurado "é unha novela orixinal e brillante que xunta o mellor da escritura de Lahoz: a súa prosa inconfundible no relato da saga familiar dos Fournier coa frescura da historia de Sylvain en Madrid, dous tons e dous relatos engarzados con soltura que dotan á novela dun estilo tan característico como persoal".

Na Biblioteca podédes atopar dous das súas novelas, "Los Baldrich" e "La estación perdida". Desfrutade da súa lectura!


lunes, 25 de febrero de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Hoxe traemos as novidades de non-ficción. Para os que vos gusta coñecer a historia, aprender novas recetas de cociña, ou descubrir a vida de persoaxes relevantes... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.

















Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


viernes, 22 de febrero de 2013

El asesino hipocondríaco, de Juan Jacinto Muñoz Rengel

O señor Y. debe cumprir o seu último encargo como asasino profesional, pero para conseguilo terá que superar un grave obstáculo: non lle queda máis que un día de vida.

En realidade, o enigmático asasino a soldo que responde ás iniciais M.Y. leva anos morréndose, dende o mesmo momento en que veu a este mundo. Perséguenlle tantas enfermidades que calquera podería consideralo un milagre médico. Agora, por encarga dun cliente misterioso que se mantén na sombra, debe matar o escorregadizo Eduardo Blaisten antes de que lle asalte unha apoplexía terminal ou unha úlcera gangrenosa ou un empeoramento da súa Síndrome de Espasmo Profesional.

A súa incomprensible mala sorte irá frustrando un tras outro todos os seus intentos de homicidio, e establecendo unha máxica conexión entre as súas propias penalidades e os grandes males físicos, psicolóxicos e imaxinarios, que torturaron a Poe, Proust, Voltaire, Tolstói, Molière, Kant e ao resto dos hipocondríacos ilustres da historia da literatura e o pensamento.

Unha intelixente e divertida novela que xunta intriga, obsesión, asasinato e amor incondicional pola literatura.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MUÑ ase intriga e misterio



jueves, 21 de febrero de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Raquel Queizás "Nanocontos"

Para os nosos amigos os animais cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender mentres xogan cas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno as cousas máis sinxelas convértense en todo un reto. 

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 22, ás 18:00 h. na Sala de actividades (Ludoteca)



miércoles, 20 de febrero de 2013

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Había uns cantos días que non tiñamos novidades pola biblioteca, pero xa están aquí!! Estos son tan só algúns dos títulos. Desfrutade!! Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.

















Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


martes, 19 de febrero de 2013

A imaxe do día

"Recortar en bibliotecas durante unha recesión é como recortar en hospitais durante unha praga"
Eleanor Crumblehulme

Autor: Daniel Solis, via Flickr



Nova reunión do Café Filosófico


Mañá terá lugar a quinta reunión do Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: o altruismo

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


lunes, 18 de febrero de 2013

Mesas de conversa en inglés


Hai uns días comezaban na Biblioteca as mesas de conversa en francés. E mañá, comenzan as mesas de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

A primeira sesión terá lugar mañá, martes 19 de Febreiro, ás 18:30 na sala multiusos da Biblioteca.



viernes, 15 de febrero de 2013

"Poesía de amor... e lectura de poemas de Rosalía de Castro"


Continuamos coas actividades do "Bibliovol", o programa de voluntariado nas bibliotecas nodais galegas.

"Poesía de amor... e lectura de poemas de Rosalía de Castro", correrá a cargo da voluntaria Melina López e nel falará sobre a escritora Rosalía de Castro e a súa obra poética.

Se queredes coñecer máis a fondo á autora galega por excelencia, achegádevos o próximo día 19, ás 19:30 h. á Sala multiusos da Biblioteca.



La historia del mundo en 100 objetos, de Neil Macgregor

Este libro ofrece un enfoque único da historia da humanidade a través do estudo de obxectos que as distintas civilizacións foron deixando ao seu paso. Estas obras convértense nunha sorte de prismas a través dos cales podemos explorar mundos antigos e coñecer algo máis sobre as vidas dos homes e mulleres que os habitaron.

O propósito de Neil MacGregor é mostrarnos o significado destes obxectos: como unha columna de pedra nos fala sobre un grande emperador indio que predicaba tolerancia ao seu pobo; como moedas españolas de oito, acuñadas en Potosí, nos explican as orixes dunha moeda global, ou como un xogo de té da época vitoriana nos revela cal foi a importancia do imperio.

Cada capítulo somerxe o lector nunha civilización pasada e acompáñao cun guía de excepción. Un festín para o intelecto e para a vista, un dos libros de historia máis orixinais e fascinantes que se publicaron en anos

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: 94 (100) MAC his




jueves, 14 de febrero de 2013

A cita da semana

Liberación de libros na Biblioteca


Hoxe, e para celebrar o Día dos namorados, o grupo Bookcrossing Lugo vai a facer na biblioteca unha cita a cegas cos libros.

Terá lugar sobre ás 18:00 h., e a idea é liberar libros no punto de bookcrossing da biblioteca, envoltos en papel de regalo, e así o libro escollido será unha sorpresa! Unha verdadeira cita a cegas!!

Pode participar todo o mundo, así que animádevos a liberar os vosos libros!



Mañá na Biblioteca...


Temos animación á lectura con Anxo Moure "A música das árbores"

Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música cando as move o vento, ou cando a choiva cae nas súas follas. A chegada dos incendios destruíu inmensas partituras musicadas das fragas e dos soutos. O trasno anda na procura de nenos/as que lle axuden a salvar a música das árbores.

Unha actividade para nen@s de 5 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 15, ás 18:00 h. na Sala de actividades (Ludoteca)



miércoles, 13 de febrero de 2013

Manhattan nos libros

Hai uns días falabamos dos mapas literarios, e hoxe queremos ensinarvos outro un pouco distinto. É un proxecto do periódico The New York Times, e consiste nun mapa interactivo da illa de Manhattan, no que aparecen reflexadas 99 obras literarias. Simplemente premendo nos libros espallados polo mapa podemos acceder á información dos libros e protagonistas. Premede na imaxe e botádelle un ollo!




Amor, amor, amor


Mañá, con motivo do día dos namorados, a todos os que levedes máis dun documento en préstamo regalarémosvos un bonito marcapáxinas, con citas adicadas ao amor. Porque nunca está de máis esparexer un pouco de amor polo mundo! ;)




lunes, 11 de febrero de 2013

Exposición "Metáforas visuales - los túneles de la mente"


Dende o día 4 ata o día 28 de febreiro podédes visitar na Biblioteca a exposición fotográfica "Metáforas visuales - los túneles de la mente" de Román Montesinos.

Román Montesinos naceu na Coruña, na cidade vella, dín que unha tarde neboenta de finais de agosto, de alá, polo ano 52. Comezou a súa andaina fotográfica a finais dos anos 60 e é xeólogo, especializado en Paleontoloxía, e actualmente profesor na Universidade da Coruña.

Vincularon a súa obra fotográfica coa fotografía metafórica e a “poesía visual”, ainda que o uso deste último concepto o encontra bastante inexacto e ambiguo. Segundo él, semanticamente, “poesía visual” é un concepto o suficiente amplo como para que unha paisaxe pode ser poético sendo visual ao mesmo tempo. As metáforas créanse e/ou indécense e, por iso, considera máis acertado o uso deste outro concepto. Na líña da “poesía visual” é inevitable que algunhas persoas comparasen a súa obra coa do xenial Chema Madoz, pero ambos os dous teñen camiños moi diferentes polo que os seus traballos non son no absoluto equiparables.

Nas suas fotografías evoca distintos tipos de sentimentos conxugando o material (obxectos diversos e/ou persoas) co anímico e pueden conter varios planos inmersos. Na súa obra predominan os dobres ou triplos sentidos e, con moita frecuencia, un humor subxacente.





Novos centros de interese


Durante o mes de Febreiro podédes atopar novos centros de interese na Biblioteca.

Na sala de audiovisuais temos "Son de Oscar", unha selección de películas e bandas sonoras que foron premiadas nos premios Oscar.


E na sala de préstamo, adicamos un rincón a Rosalía de Castro, conmemorando o aniversario do seu nacemento, o 24 de febreiro.


viernes, 8 de febrero de 2013

Aviso: Horario de Entroido



Con motivo do Entroido, os días 11 e 13 de Febreiro

 o horario da biblioteca será de 9:00 a 20:00 horas.



As poesías gañadoras da Fase Provincial do Certame de Poesía


Estas son as poesías gañadoras da fase Provincial do Certame de poesía "Nadal 2012". Desfrutade da súa lectura!