jueves, 31 de enero de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de animación á lectura con Cucarandainas "Un ratiño de campo"

Descobre connosco as diferenzas entre vivir no campo ou na cidade.

Unha actividade para nen@s de 5 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 1, ás 18:00 h. na Sala de actividades (Ludoteca)



miércoles, 30 de enero de 2013

El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares, de Ransom Riggs

"El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares" é unha enigmática historia sobre nenos extraordinarios e monstros escuros; unha fantasía arrepiante ilustrada con inquietantes fotografías vintage que deleitará a mozos e adultos.

De neno, Jacob creou un vinculo moi especial co seu avó, que lle contaba estrañas historias e lle ensinaba fotografías de nenas levitando e nenos invisibles. Agora, seguindo a pista dunha misteriosa carta, emprende unha viaxe cara á illa remota de Gales na que o seu avó se criou. 


Alí, encontra vivos os nenos e nenas das fotografías, aínda que os paisanos afirmen que morreron hai moitos anos.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: J RIG hog novidades




martes, 29 de enero de 2013

A cita da semana

Calendario da Lectura 2013


Grazas aos compañeiros das Bibliotecas de Redondela, descubrimos este calendario para o 2013, da Fundación Alonso Quijano para o fomento da lectura. Cada mes está acompañado dunha fotografía premiada no V Concurso de Fotografía "Momentos de Lectura", e todos os días teñen efemérides relacionadas co mundo do libro e a lectura. E ademais, podédesvolo descargar aquí. Nos xa temos o noso!


lunes, 28 de enero de 2013

50 bibliotecas universitarias que merecen unha visita

En internet podemos atopar listas de todo tipo, e hoxe encontramos as "50 bibliotecas universitarias máis impresionantes do mundo". Na páxina BestMastersPrograms.org fixeron esta recopilación, e estas son algunhas das escollidas:

Biblioteca de Filoloxía da Universidad Pública de Berlín


Biblioteca Beinecke de libros raros e manuscritos da Universidade de Yale




Biblioteca da Universidade de Salamanca





Biblioteca Jacob-und-Wilhelm-Grimm-Zentrum da Universidade de Humboldt (Berlín)

Se queredes ver máis, premer aquí



viernes, 25 de enero de 2013

Una vacante imprevista, de J.K. Rowling

A historia desta primeira obra de Rowling para adultos céntrase en Pagford, un imaxinario viliña do sudoeste de Inglaterra onde a súbita morte dun concelleiro desata unha feroz pugna entre as forzas vivas do pobo para facerse co posto do falecido, factor clave para resolver un antigo litixio territorial.

A minuciosa descrición das virtudes e miserias dos personaxes conforman un microcosmos tan intenso como revelador dos obstáculos que lastran calquera proxecto de convivencia, e, ao mesmo tempo, debuxan unha divertido e polifacético mostraxe da infinita variedade do xénero humano.

Sen que o lector apenas o perciba, Rowling consegue involucralo en temas de profundo calado mentres o conduce sen pausa a un sorprendente desenlace final.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ROW vac novidades vida cotiá



jueves, 24 de enero de 2013

Entrega de premios do Certame de Poesía "Nadal 2012"


A entrega de premios da fase local do Certame de Poesía "Nadal 2012"
terá lugar o día 29 de Xaneiro, ás 18:00 h. no Salón de Actos.

Noraboa a todos os gañadores!!


A cita da semana

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Avoa Youja "Da pinga e da folerpa"

Nube por qué bebes o mar? Non cho digo, agarda... é unha sorpresa. Estamos no inverno e Pinga, sen imaxinalo, emprenderá unha viaxe que a levará alto, moi alto. Aló estanlle a preparar unha grande sorpresa; é que Pinga, a nosa Pinga de auga, converterase nunha fermosa folerpa de neve que nos vírá a visitar no inverno.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 25, ás 18:00 h. na Sala de actividades (Ludoteca)



miércoles, 23 de enero de 2013

Doces para amantes da lectura


Se coñecedes a algún amante dos libros ou a lectura que estea a piques de celebrar o seu cumpreanos, estos pasteis de seguro que lle encantan!! A creadora destas orixinais delicias é a pasteleria Victoria's Kitchen de Londres, e personalizan os pasteis según os gustos do agasallado. A min non me importaría darlles un bocado!



martes, 22 de enero de 2013

Tabletas e e-readers para os máis pequenos

Hoxe queremos compartir con vos un artículo moi interesante do CILIJ, o Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Son especialistas nos pequenos e as súas recomendacións soen ser de moita axuda. E neste caso fálannos dos distintos e-readers e tabletas que podemos atopar no mercado para pequenos lectores. Estes son algúns deles:
e-Paquito (de Imaginarium), permite leer, escoitar música e ver vídeos nunha pantalla de 7". Inclúe contido para nenos maiores de 6 anos e na páxina oficial comentan que favorece o pensamento creativo e construtivo, e a formación de intereses e gustos propios. 

Outro dos modelos é a tableta Clan, de RTVE, que ofrece aos pais unha ferramenta deseñada para facilitar e dar garantías de seguridade no achegamento dos seus fillos ás novas tecnoloxías. Tamén de 7".

Para os que esteades interesados, aquí tedes o enlace ao artigo do CILIJ, onde atoparedes máis información.


lunes, 21 de enero de 2013

As poesías gañadoras do certame "Nadal 2012"


Estas son as poesías gañadoras da fase Local do Certame de poesía "Nadal 2012". Desfrutade da súa lectura!

Xa temos aos gañadores...

... da Fase Local do Certame de Poesía "Nadal 2012". Aquí tedes os nomes dos nen@s gañadores nas diferentes categorías:




Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - Pablo Hernández Martínez

2º premio - Noé López Sufuentes

3º premio - Sabela López Saavedra


Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Abel González García

2º premio - María García Fernández

3º premio - Adela Hervés García


Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio - Marina Isabel Riesco Amurrio

2º premio - Icía López Saavedra

3º premio - Nina Figuera Doval


viernes, 18 de enero de 2013

Actividade "Coñeces a... Amélie Nothomb (o lado salvaxe da novela)"


Hai uns días falabamos do "Bibliovol", o programa de voluntariado nas bibliotecas nodais galegas. E hoxe traemos a primeira actividade englobada neste programa!

"Coñeces a... Amélie Nothomb (o lado salvaxe da novela)", correrá a cargo da voluntaria Melina López e nesta ocasión compartirá información e anécdotas da autora belga e das súas novelas. Ademáis faranse lecturas en voz alta de certos pasaxes e recomendaránse libros relacionados.

Se vos gusta a literatura e queredes coñecer a unha nova autora, non o dubidédes e achegádevos o próximo día 22, ás 19:30 h., á Sala multiusos da Biblioteca.

E para despois, estes son algúns dos títulos que podédes atopar na Biblioteca ;)







jueves, 17 de enero de 2013

A cita da semana

Mañá na Biblioteca...


Temos animación á lectura con Fátima Fernández "Un mundo ao revés"

É a historia dun neno que ve o mundo con outra perspectiva

Unha actividade para nen@s de 5 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 18, ás 18:00 h. na Sala de actividades (Ludoteca)



miércoles, 16 de enero de 2013

El ángel esmeralda, de Don DeLillo

"El ángel Esmeralda" reúne, por primeira vez en español, os contos completos de Don DeLillo, na edición establecida polo propio autor. 

Escritos entre 1979 e 2011, estes nove relatos descobren unha faceta pouco coñecida deste coloso das letras estadounidenses, e demostran unha vez máis que «ninguén escribe mellor que Don DeLillo».

A clarividente mestría de DeLillo vibra en cada unha destas páxinas: na peza que dá título ao volume, dúas monxas que traballan nas violentas rúas do sur do Bronx confirman un milagre, a aparición dunha nena morta, Esmeralda. En «Creación», unha parella remata un cruceiro nunha illa do Caribe e non pode saír dela: voos cancelados, falta de diñeiro, reservas sen confirmar... «Momentos humanos da Terceira Guerra Mundial» describe como dous astronautas en órbita arredor da Terra escoitan voces procedentes dunha radio estadounidense de hai cincuenta anos.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DEL ang novidades


martes, 15 de enero de 2013

Nova reunión do Café Filosófico


Mañá terá lugar a cuarta reunión do Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: o destino

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


lunes, 14 de enero de 2013

Novidades do Cómic

Chegaron á Comiteca unhas cantas novidades... Estes son tan só algúns dos títulos fresquiños, fresquiños...

















Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


Obradoiro "Iniciación a escrita"


Mañá comeza o obradoiro "Iniciación a escrita", a cargo de Francisco Xosé Fernández Naval. Nel analizaranse os aspectos relacionados coa creación dun texto narrativo, comparando por exemplo o cine e a literatura, examinando como narran os dous xenéros.

Terá lugar os días 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24 e 25 de Xaneiro (de martes a venres), cun horario de 18:00 a 19:30 h.


Agardamos que desfrutedes!


viernes, 11 de enero de 2013

Os libros máis leidos no mundo

(vía Jared Fanning)

1. A Biblia
2. O Libro vermello de Mao
3. Harry Potter
4. O señor dos aneis
5. O alquimista
6. O código Da Vinci
7. Saga Crepúsculo
8. O que o vento se levou
9. Pense e fágase rico
10. O diario de Ana Frank

jueves, 10 de enero de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos maxia con Cucarandainas "Escola de maxia"

Visita esta especial escola, os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos, rescatando ao mago que todos levamos dentro.

Unha actividade para nen@s de 6 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 11, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 9 de enero de 2013

La marca del meridiano, de Lorenzo Silva

Nunha sociedade envilecida polo diñeiro sucio e a explotación das persoas, aínda o amor pode abrandar as feras.

Un garda civil retirado aparece colgado dunha ponte, asasinada de xeito humillante. A partir dese momento, a investigación que ha de levar a cabo o seu vello amigo e discípulo, o brigada Bevilacqua, abrirá a caixa de Pandora: corrupción policial, delincuentes sen escrúpulos e un home quixotesco que buscará no deber e o amor imposible a redención dunha vida fracturada.

Ambientada na Cataluña actual, esta absorbente novela policíaca de Lorenzo Silva, mestre indiscutible do xénero, intérnase máis alá dos feitos e presenta un sólido retrato do ser humano ante a dúbida moral, o combate interior e as decisións equivocadas.

Gañadora do Premio Planeta 2012

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SIL mar novidades intriga e misterio


martes, 8 de enero de 2013

A cita da semana

lunes, 7 de enero de 2013

Historias esculpidas

Eso é o que fai a artista Jodi Harvey-Brown, amante da lectura e dos libros. Colle as novelas e converte as súas follas nas protagonistas das mesmas historias... Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que poidades desfrutar da súa obra, dende a web My Modern Met

Harry Potter


Tom Sawyer



Bambi


Lo que el viento se llevó


La isla del tesoro