viernes, 13 de diciembre de 2013

Novo servizo "A biblioteca na túa casa"


Hoxe queremos informarvos do noso novo servizo "A biblioteca na túa casa". E en que consiste? Pois en achegar a biblioteca á xente que por problemas de saúde ou de mobilidade non pode vir ata a biblioteca, levando os préstamos ata as vosas casas.

O servizo é gratuito, e o único requisito é que vivades dentro do casco urbano de Lugo. Se vivides fóra da zona urbana, teríades que correr cos gastos do envío por correo. Os préstamos levaraos a voluntaria cultural María.

Podedes facer uso deste servizo de dúas maneiras:

1. Cubrindo este impreso (descargar aquí) e enviárnolo:

 Vía email:

Vía correo ordinario:
Biblioteca Pública Nodal de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro nº23
27002 Lugo

2. Chamando por teléfono ao 982 222 585, e dicindo que queredes facer uso do servizo de levar os préstamos a casa. Pediránvos o número de carné de socio e os libros / películas / revistas que queirades que vos leven a casa.

O préstamo é igual que o presencial, podedes solicitar 5 libros, 3 audiovisuais (música, películas, cd's) e 2 revistas, coa diferenza de que o plazo de préstamo será de 30 días.


Agardamos os vosos pedidos!


No hay comentarios: