miércoles, 18 de diciembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (V)

Como xa falabamos a semana pasada, no club de lectura estamos rematando a novela “El señor Pip”, de Lloyd Jones.

Aí andamos, nun lugar como o da foto, pero nun contexto moito menos apacible.

De xeito que xa adiantei, a historia está contada na voz dunha pequena, Matilda, que vive certos días nos anos 90, embelesada por outra historia: a de “Grandes Esperanzas”, de Dickens; xa que Mr. Watts emprégaa como medio de aprendizaxe na escola.

Pero todo iso acontece nunha época de revoltas e conflictos que se desenvolven na illa por aquel entonces e que marcan un momento de gran crispación e horror no que se verán inmersos todos os personaxes da historia.

A lectura dividímola en dúas partes (dúas sesións do club), así que a nosa visión inicial, troca nestes días a medida que avanzan as páxinas. Non entanto, estabamos case todos de acordo, na idea de que é un acerto completo do autor, a voz narradora.

Matilda resulta ser a voz dunha pequena que lle resta importancia as cousas que para ela non a teñen. Nese senso, os protagonistas da historia atópanse nunha situación moi tráxica e dramática, pero ao lector esa sensación chégalle mitigada e iso fai a lectura moito máis levadeira.

Varios temas agroman na historia: a devastación que supón calquera conflicto, a morte, a idea da literatura como refuxio,…pero o máis salientable, por abarcar toda a estructura da novela, é o enfrontamento do home blanco co home negro. O imperialismo e as súas consecuencias.

Trátase, polo tanto, dunha historia capaz de satisfacer polos personaxes, pola ambientación (posto que, para a maioríai da xente, está situada nun lugar case descoñecido), polo ton e por ser de lectura áxil.

O título atópase dispoñible, en préstamo intrabibliotecario.



No hay comentarios: