miércoles, 11 de diciembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (IV)

“Había encontrado a un nuevo amigo. Lo sorprendente era el lugar donde lo encontré, no en lo alto de un árbol, ni enfurruñado a la sombra, ni chapoteando en un arroyo, sino en un libro: Nadie nos había dicho que los amigos podían hallarse también allí. Ni que podíamos meternos en la piel de otro. Ni viajar a otro lugar con marjales, donde, a nuestros oídos, los malos hablaban como piratas”.

Nova proposta do club de lectura que veño contarvos hoxe: “El señor Pip” de Lloyd Jones. Mellor libro da Commonwealth en 2007 e premio Readers’ Choice Award en Nova Zelanda.

A novela conta a relación que se establece entre Matilda, unha nena que vive na illa de Bouganville, e o señor Pip, o protagonista de “Grandes esperanzas” de Dickens.

Son os primeiros anos da década dos 90 e a illa atópase inmersa nunha guerra civil, de xeito que todos viven rodeados de horror, destrucción e un bloqueo, que non permite chegar nin comida, nin medicamentos ou roupa á illa. Situámonos no Pacífico Sur. No conxunto de illas que comprende Papúa Nueva Guinea, e para ser máis exactos as Illas Solomon, que sufriron as consecuencias da independencia, recén adquirida en 1975.


Nesas circunstancias, un estrano home blanco, o señor Watts, decide facerse cargo da escola e lerlles aos pequenos, “Grandes esperanzas”. É desenvolver a idea de que a imaxinación axuda a facer máis soportable unha triste realidade.

Moitos califican a obra como metaliteraria: fala de literatura e fai referencias concretas a obras clásicas ou coñecidas.

O autor, Lloyd Jones, naceu en Nova Zelanda e aínda que estudou Ciencias Políticas, non chegou a graduarse. Exerceu o xornalismo viaxando por todo o mundo e comezou a publicar en 1985, sendo gañador de diversos premios literarios.

Veremos o que nos reporta esta lectura que, a priori, parece ben interesante.


No hay comentarios: