jueves, 7 de noviembre de 2013

Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón


Mañá podedes desfrutar dunha nova actividade para todos os públicos: “Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón" con Viravolta Títeres

Recreación con formas do teatro popular, onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus osos a cárcere. Nestas andanzas inspirouse Ramón María del Valle-Inclánpara escribir a súa obra "As galas do difunto"

Non volo perdades!

Mañá, venres 8, ás 18:00 h. no Salón de Actos


No hay comentarios: