miércoles, 6 de noviembre de 2013

Por si se va la luz, de Lara Moreno

Non se levaron nada, ou case; nin sequera o gusto pola aventura. E cando chegaron ao pobo, entraron na casa e botáronse enriba dun colchón coma se a noite non fose a rematar nunca. Amenceu, e á luz do sol descubriron que había máis vida alí: unhas cantas casas, uns hortos, homes e mulleres que falaban o xusto.

Devagar, Nadia e Martín foron coñecendo a Enrique, o dono dun bar onde había pouco máis que libros e viño rancio, a Elena e Damián, dous vellos feitos de pura pedra, e a Ivana, que un bo día apareceu acompañada dunha nena, filla de todos e de ninguén.

Que sentido tiña aquela viaxe, e aquela xente, e aquel ir vivindo sen imaxes, sen música, sen mensaxes que contestar e só algo de comida e sexo para aliviar os días? Quizais se tratase de chegar a vellos agora que xa non quedaba ninguén nas cidades, quizais buscasen un xeito de ser e de facer algo digno nese tempo que aínda lles quedaba antes de que se apagase a luz. Quen sabe.

Como todos os grandes libros, "Por si se va la luz" non se anda con respostas, senón con boas preguntas. Lara Moreno é unha muller que empeza e tempo quédalle para dicir o seu, pero con esta primeira novela entréganos xa literatura en maiúsculas.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MOR por novidades vida cotiá


No hay comentarios: