miércoles, 20 de noviembre de 2013

Comezamos "As crónicas do Club de Lectura"

“Un libro es una cosa entre las cosas, un volumen perdido entre los
volúmenes que pueblan el universo, hasta que da con su lector,
con el hombre destinado a sus símbolos”
Jorge Luis Borges


Veño apurada, chego un pouco tarde e non me gusta perderme as intervencións dos meus compañeiros; pero en canto abro a porta oio:

"El conde me ha invitado a su castillo. Naturalmente yo llevaré la bebida"
(microrelato de Ángel García Galiano)

O seguinte, un sorriso. E é que na sesión de hoxe, tocaba comentar relatos e microrrelatos. Así, debullando palabras, expresións e pequenas sentenzas é como nos imos internando no mundo da literatura breve, seguindo a selección ofrecida polo noso coordinador.

O meu lema é: "Se les, compárteo"... e se nunca fuches a un club de lectura, vanche entrar as ganas. É o meu terceiro ano nun club e crea adicción. Asegúrocho!

Sabes cando cres que o protagonista da novela é un pedante fachendoso? Ou cando che entran ganas de dicirlle ao detective que ti fai varias páxinas que sabes quen é o asasino? Pois iso é o que facemos no club: compartir lectura para intercambiar impresións. 


O caso é que lemos a proposta semanal cada un polo seu lado, reunímonos todos os xoves na biblioteca para comentala e cando pechamos a porta da sala para abrir o libro, facemos maxia.

Entón, descubrimos libros que non leramos, historias escondidas que non crías que podían existir e o que é mellor e parece máis incrible: coñeces xente que, como ti, goza lendo.

Isto é a antesala dunha crónica exhaustiva, compartida e en ocasións delirante, que pretende narrar as andanzas deste club de lectura.

Non cho perdas. Ofrézoche recensións de libros, por se che faltan propostas; detalles curiosos, por se hai ganas de arrancar un sorriso e literatura que todo o cura. O café, terás que poñelo tú...ou o té, que tamén é moi oportuno.



4 comentarios:

Anónimo dijo...

Espero que vos gusta a iniciativa

Anónimo dijo...

Hola

maribel dijo...

Estoy intentandolo

maribel dijo...

Hola Melina: Tienes que perdonar por no contestarte antes pero yo sóla no me atrevia,y ahora con la ayuda de una de mis hijas ya me lanzo.Voy algún jueves que otro por el club para tomar nota de lo que van leyendo y asi no perder el listado de mi libreta.Un beso gracias por acordarte de mí.Ph