miércoles, 27 de noviembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (II)

"¿Quién fue William Petty? ¿Un experto en arte clásico o un ladrón de obras de arte? Lo que sabemos con certeza es que fue uno de los primeros aventureros en perseguir los tesoros de la antigua Grecia a lo largo de la orilla del Mediterráneo y también uno de los primeros locos que consiguió apoderarse de las obras maestras de la humanidad. La historia ha olvidado su nombre. Sin embargo, William Petty fue el pionero que siguió los rastros de la Antigüedad para ofrecerlos a la posteridad.(…)

La historia de nuestro protagonista es un misterioso viaje. Petty empleó cualquier método, lícito o no, para llevar a Inglaterra trofeos de incalculable valor. Obras que hoy, cuatro siglos después, seguimos admirando en los más importantes museos del mundo."

A miña experiencia como lectora, faime desconfiar das contraportadas porque non lle son fieis ao libro en máis do 50% dos casos. No club de lectura andamos a ler “La extraordinaria vida de William Petty”, de Alexandra Lapierre e velaí tedes un exemplo de cómo distorsionar a información de cara a captar lectores ávidos de aventuras.

Acontece varias veces que, no club, temos que “partir” as lecturas. Isto é: naqueles libros nos que a extensión é moi ampla, vémonos na obriga de facer lecturas fraccionadas en varias sesións. Esta vez é así, xa que a novela acada as 460 páxinas, notas da autora aparte. De xeito que para a sesión inicial, propúxosenos a lectura das 120 primeiras.

E aquí era onde quería eu chegar. Nestas circunstancias, estou en condicións de reafirmarme no anterior: a obra ata o momento non ofrece aventuras, nin sequera un chisco de intriga para un ladrón como se di de Petty, de obras de arte.

De maneira que así estamos: tentando averiguar se Alexandra Lapierre (filla do afamado Dominique Lapierre) foi quen de, non só facer unha investigación exhaustiva (que parece que si), senón de trasladar á ficción o que prometía ser unha máis que interesante vida. A historia do personaxe real William Petty.

Na biblioteca podedes atopar esta historia baixo a sinatura N LAP ext

E tamén as obras máis recentes da mesma autora, como son:


Máis información sobre a autora en www.alexandralapierre.com


No hay comentarios: