lunes, 28 de octubre de 2013

Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini

A decisión dunha humilde familia campesiña de dar unha filla en adopción a un matrimonio adiñeirado é o fundamento sobre o que Khaled Hosseini, autor dos inesquecibles "Cometas en el cielo" e "Mil soles espléndidos" teceu este formidable tapiz no que se entrelazan os destinos de varias xeracións e explóranse as infinitas formas en que o amor, o valor, a traizón e o sacrificio desempeñan un papel determinante nas vidas das persoas.

A historia arranca nunha remota e desolada aldea de Afganistán, onde Sabur e a súa segunda muller se enfrontan en condicións precarias á chegada doutro inverno implacable. Abdulá, o fillo maior, de dez anos, coidou da súa irmá Pari dende que era pequena, e agora ambos os dous escoitan cativados a triste historia que lles relata o seu pai antes de deitalos, a véspera de iniciar unha longa viaxe que os conducirá ata Kabul. Alí, nas buliciosas rúas da capital, dará comezo este fascinante itinerario que guiará o lector dende o outono de 1952 ata o presente, de Kabul a París, dende a illa grega de Tinos ata San Francisco.

Seis anos despois da publicación da súa anterior novela e superados os 38 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, Khaled Hosseini volve demostrar o seu inmenso talento para narrar historias con valor universal e a súa inesgotable capacidade para crear personaxes que nos resultan asombrosamente próximos e auténticos.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N HOS yla novidades vida cotiá



No hay comentarios: