jueves, 10 de octubre de 2013

Presentación das "II Xornadas de divulgación histórica" de Terra Copora


Mañá, ás 13:00 h. no Salón de Actos, presentamos as "II Xornadas de divulgación histórica" que terán lugar na Biblioteca, organizadas pola asociación lucense Terra Copora.

O obxectivo destas xornadas é achegar a historia ao público xeral, abordando temas que esperten a súa curiosidade.

Ademáis, estas xornadas reúnen a empresas e personalidades do ámbito cultural e da divulgación, e pretenden asentar este tipo de iniciativas en Lugo, non só aumentando a oferta cultural da cidade senón buscando convertelas nun referente.

As xornadas terán lugar o día 19 de outubro, sábado, dende as 11:00 h. Aquí vos deixamos o programa de actividades:

11:00 h. - Inauguración. Arranque de lume

12:00 h. - Conferencia por Yeyo Balbás

17:00 h. - Conferencia “Las vías romanas” por Isaac Moreno Gallo

19:00 h. - Conferencia. Presentación da Editorial Despertaferro e charla sobre Cesar contra os belgas por Alberto Pérez.

20:00 h. - Acto de clausura Rito en honor a onomástica da cohors I Celtiberorum

No hay comentarios: