jueves, 3 de octubre de 2013

Mañá na Biblioteca...

Temos actividades para os pequenos por partida dobre!

Primeiro o noso "Obradoiro de música" 


Unha actividade para nen@s de 4 a 7 anos

Para participar é necesario inscribirse no mostrador da Sala Infantil (10 prazas)

Mañá, venres 4, ás 17:30 h. na Sala multiusos

E despois...



 O espectáculo "As marionetas do mundo e os mundos de Barriga verde" con Seisdedos 

Quen inventou os monicreques? Os avós xa divertíanse vendo marionetas? Como se lles dá vida? A estas e a outras moitas cuestións daránlle resposta o monicrequeiro Anxo García e a investigadora Comba Campoy nunha charla moi divertida na que contarán cuns axudantes moi especiais...

Unha actividade para todos os públicos

Ás 18:00 h. no Salón de Actos


No hay comentarios: