miércoles, 16 de octubre de 2013

"II Xornadas de divulgación histórica" de Terra Copora


Este sábado, 19 de outubro, terán lugar na Biblioteca as "II Xornadas de Divulgación Histórica" da asociación lucense Terra Copora.

Terra Copora é unha asociación cultural e de recreación histórica xurdida, do interese compartido polas orixes de Lugo e o contexto histórico cultural daquela época, achegando á cidadanía lucense ao mundo da reconstrución e a divulgación histórica.

O obxectivo destas xornadas é achegar a historia ao público xeral, abordando temas que esperten a súa curiosidade.

Ademáis, estas xornadas reúnen a empresas e personalidades do ámbito cultural e da divulgación, e pretenden asentar este tipo de iniciativas en Lugo, non só aumentando a oferta cultural da cidade senón buscando convertelas nun referente.

Aquí vos deixamos o programa de actividades:

11:00 h. - Inauguración. Arranque de lume

12:00 h. - Conferencia por Yeyo Balbás

17:00 h. - Conferencia “Las vías romanas” por Isaac Moreno Gallo

19:00 h. - Conferencia. Presentación da Editorial Despertaferro e charla sobre Cesar contra os belgas por Alberto Pérez.

20:00 h. - Acto de clausura Rito en honor a onomástica da cohors I Celtiberorum


No hay comentarios: