martes, 8 de octubre de 2013

El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa

"El héroe discreto" narra a historia paralela de dous personaxes: o ordenado e entrañable Felícito Yanaqué, un pequeno empresario de Piura, que é extorsionado; e de Ismael Carrera, un exitoso home de negocios, dono dunha aseguradora en Lima, quen orde unha sorpresiva vinganza contra os seus dous fillos lacazans que quixeron velo morto.

Ambos os dous personaxes son, ao seu modo, discretos rebeldes que intentan facerse cargo dos seus propios destinos, pois tanto Ismael coma Felícito lle botan un pulso ao curso dos acontecementos. Mentres Ismael desafía todas as convencións da súa clase, Felícito aférrase a unhas poucas máximas para sentar cara á chantaxe. Non son xusticeiros, pero están por enriba das mesquindades do seu ámbito para vivir segundo os seus ideais e desexos.

Vellos coñecidos do mundo vargasllosiano aparecen nestas páxinas: o sarxento Lituma e os inconquistables, don Rigoberto, dona Lucrecia e Fonchito, todos movéndose agora nun Perú moi próspero.

Un libro cheo de humor, con elementos propios do melodrama, onde Piura e Lima xa non son espazos físicos, senón reinos da imaxinación poboados polos personaxes do grande escritor que é Mario Vargas Llosa.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N VAR her novidades vida cotiá



No hay comentarios: