lunes, 21 de octubre de 2013

Circo máximo: la ira de Trajano, de Santiago Posteguillo

"Circo Máximo" é a historia de Trajano e o seu goberno, guerras e traizóns, lealdades insubornables e historias de amor imposibles. Hai unha vestal, un xuízo, inocentes acusados, un avogado especial, mensaxes cifradas, códigos secretos, batallas campais, fortalezas inexpugnables, asedios sen fin, dous aurigas rivais, o Anfiteatro, os gladiadores e tres carreiras de cuadrigas.

Hai tamén un cabalo especial, diferente a todos, leis antigas esquecidas, sacrificios humanos, amargura e terror, pero tamén fulgores de nobreza e esperanza, como a chama de Vesta, que mentres arde preserva a Roma. Só que hai noites nas que a chama do Templo de Vesta treme. A roda da Fortuna comeza entón a xirar. Neses momentos, todo pode pasar e ata a vida do propio Trajano, aínda que el non o saiba, corre perigo. E, isto é o mellor de todo, aconteceu: houbo un complot para asasinar a Marco Ulpio Trajano.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N POS cir novidades histórica



No hay comentarios: