miércoles, 23 de octubre de 2013

24 de Outubro, Día da Biblioteca


Mañá é o Día da Biblioteca, e para celebralo temos Xornada de Portas Abertas; para todos aqueles que queirades coñecer a Biblioteca moito máis a fondo.

Ademáis, presentaremos o vídeo "Benvido á tua casa” onde se fai un breve percorrido pola biblioteca e tamén o novo servizo “A biblioteca na tua casa”

"A biblioteca na túa casa" é un servizo que vai a levar a biblioteca á xente que por problemas de saúde ou de mobilidade, non pode achegarse á biblioteca.

Consistirá en levar os préstamos á casa. O servizo é gratuito, e o único requisito é que vivas dentro do casco urbano de Lugo. Se vives fóra da zona urbana, terías que facerte cargo dos gastos de envío por correo. Os préstamos levaraos a voluntaria cultural María

Para máis información entrade na nosa web www.rbgalicia.xunta.es/lugo/ ou chamade por teléfono ó 982 228 525.


Esperemos que desfrutedes do noso día!


No hay comentarios: