miércoles, 14 de agosto de 2013

El Sr. Penumbra y su librería 24 horas abierta, de Robin Sloan

A crise económica obriga a Clay Jannon a deixar atrás a súa vida como deseñador de páxinas web en San Francisco e as casualidades, a curiosidade máis absoluta e a habilidade de subir escaleiras coma se fose un mono lévanlle a empezar o seu novo traballo na libraría permanentemente aberta do señor Penumbra. Despois duns días traballando, Clay decátase de que a libraría é un lugar moito máis extravagante do que o seu nome indica. Só hai uns cantos clientes, pero van continuamente e nunca compran nada. O que fan é levarse libros prestados, exemplares misteriosos que se encontran nos lugares máis recónditos da libraría, todo de acordo a un trato especial que manteñen con Penumbra.

Clay conclúe que a tenda non é máis que unha tapadeira para outro negocio e a súa curiosidade pronto lle leva a poñerse a analizar o complexo comportamento dos clientes e a arrastrar os seus amigos para que lle axuden a descubrir que é o que realmente pasa na libraría. Non obstante, cando lle levan os seus descubrimentos ao Sr. Penumbra, rematan por descubrir que os segredos se estenden moito máis alá das paredes da libraría?

A libraría permanentemente aberta do señor Penumbra é exactamente o que o seu nome indica: un lugar no que entras e do que non quererás saír, un gabinete das marabillas contemporáneo, que lle dará ao lector curioso unha descarga de enerxía, sen que importe a hora do día.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SLO srp novidades fantástica



No hay comentarios: