lunes, 1 de julio de 2013

Una reina en el estrado, de Hilary Mantel

En 1535, Thomas Cromwell, o fillo do ferreiro, está xa moi lonxe das súas humildes orixes. Como primeiro ministro de Enrique VIII, a súa fortuna floreceu, como tamén a de Ana Bolena, segunda esposa do rei por cuxo amor Enrique rompeu con Roma e creou a súa propia Igrexa. Pero as decisións do rei están a provocar un perigoso illamento político de Inglaterra, e ademais Ana non cumpriu a súa promesa, procurar un herdeiro que asegure a liña Tudor. 

Durante a visita a Wolf Hall de Enrique, Cromwell observa os amores do rei coa sibilina e silenciosa Jane Seymour. O ministro comprende que o que está en xogo é moito máis que o pracer do rei: está en xogo a seguridade da nación. Así que a medida que despexa o camiño de Enrique entre a corte e o seu miasma de chismes, negocia unha «verdade» que satisfaga ao rei e asegure a súa propia carreira. Pero nin ministro nin rei sairán indemnes do teatro sanguento dos últimos días de Ana.

Un dos episodios máis desconcertantes e aterradores da historia de Inglaterra: a destrución de Ana Bolena. Unha novela absolutamente vívida e audaz acerca da Inglaterra dos Tudor que bota luz sobre o mundo moderno.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MAN rei novidades histórica


No hay comentarios: