lunes, 15 de julio de 2013

Las lágrimas de San Lorenzo, de Julio Llamazares.

«-Cada estrela que pasa -dixo Otto- é un verán da nosa vida.
-Non -corrixiulle Nadia, a súa noiva, sen deixar de mirar ao ceo-. Cada estrela que pasa é unha vida.»

Un profesor de universidade que rodou por Europa como unha bóla do deserto sen botar raíces en ningún lugar regresa a Eivissa, onde pasou os seus mellores anos de mozo, para asistir xunto co seu fillo, do que vive separado hai xa tempo, á chuvia de estrelas da máxica noite de San Lorenzo. A contemplación do ceo, o olor do campo e do mar e o recordo dos días pasados desatan nel a melancolía, pero tamén a imaxinación.

«-Víchela? -dime Pedro, mirándome.
-Si -respóndolle eu. 

Dá igual que a vise ou non. Ao neno dálle o mesmo que sexa verdade ou mentira e, no fondo, prefire que lle minta con tal de compartir a súa emoción comigo.
Tróuxeno ata aquí arriba para velas. Lonxe das construcións que ocupan toda a illa e cuxas luces iluminan a distancia coma se fose un ceo invertido. É imposible escapar delas por máis que un se afaste de onde están.»

Unha emocionante historia sobre os paraísos e infernos perdidos -pais e fillos, amantes e amigos, encontros e despedidas- que percorren toda unha vida entre a fugacidade do tempo e as ancoraxes da memoria.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N LLA lag novidades  vida cotiá



No hay comentarios: