jueves, 11 de julio de 2013

Experiencias do noso roteiro literario



Hai uns días comezaba o noso roteiro literario "Libros entre murallas" coordinado pola nosa voluntaria Melina, e así nos comenta a primeira experiencia:

"Alguén dixo que houbera unha morte no hotel, así que saímos a recoñecer o escenario do crime. A ruta literaria "Libros entre murallas" comezou así: coa lectura da obra de Marta Rivera de la Cruz, "Hotel Almirante", ambientada en Lugo e onde se conta a morte de Cristina Sanjuán nada máis comezar a historia.

A idea era coñecer e visitar en primeira persoa os escenarios que se mencionan na novela; de modo que despois dunha primeira sesión na que nos coñecemos e se propuxo a lectura, nunha segunda ocasión, nos trasladamos a eses lugares para charlar sobre eles e poñerlle voz ás nosas impresións.

Visitar lugares que son escenarios literarios, é unha experiencia única. O lector non só pode coñecer "in situ" os diferentes espazos, senón que compartilo ofrece lecturas variadas moi enriquecedoras.

Despois achegámonos á Praza Maior de Lugo e dende alí, fomos debullando anécdotas da historia lucense, ao tempo que trasladabamos á realidade, eses escenarios pintados na historia do hotel Almirante.

Quizais sexa este o primeiro paso para crear unha guía de sitios literarios lucenses: lectores e escritores por un obxectivo común!"




No hay comentarios: