viernes, 10 de mayo de 2013

The Underground Library


Ese é o nome do proxecto de tres estudiantes de Miami para fomentar a lectura no metro, unha especie de biblioteca virtual que permita aos viaxeiros ler durante a súa viaxe, é ademáis promover o uso das bibliotecas públicas. Explicámosvos un pouco en que consiste...

A prosposta está baseada no metro de Nova York e consiste na instalación duns paneis interactivos en cada vagón, dende os cales, a través do teléfono móbil, os usuarios poden descargarse as 10 primeiras páxinas de varios libros no seu teléfono. Unha cantidade suficiente para un traxecto en metro, e para xerar o suficiente interese no lector, que ao saír do metro sería informado por unha aplicación da biblioteca máis próxima á súa posición onde podería seguir lendo o libro, levalo en préstamo, etc...

Unha interesante iniciativa que pode converterse en realidade en breve. Aquí vos deixamos o vídeo explicativo dos seus creadores.



No hay comentarios: