martes, 14 de mayo de 2013

La ridícula idea de no volver a verte, de Rosa Montero

Cando Rosa Montero leu o marabilloso diario que Marie Curie comezou tras a morte do seu esposo, e que se inclúe ao final deste libro, sentiu que a historia desa muller fascinante que se enfrontou á súa época lle enchía a cabeza de ideas e emocións. A ridícula idea de non te volver ver naceu dese incendio de palabras, dese vertixinoso turbillón.

Ao fío da extraordinaria traxectoria de Curie, Rosa Montero constrúe unha narración a medio camiño entre o recordo persoal e a memoria de todos, entre a análise da nosa época e a evocación íntima. Son páxinas que falan da superación da dor, das relacións entre homes e mulleres, do esplendor do sexo, da boa morte e da bela vida, da ciencia e da ignorancia, da forza salvadora da literatura e da sabedoría dos que aprenden a gozar da existencia con plenitude e con lixeireza.

Vivo, libérrimo e orixinal, este libro inclasificable inclúe fotos, recordos, amizades e anécdotas que transmiten o primitivo pracer de escoitar boas historias. Un texto auténtico, emocionante e cómplice que te atrapará dende as súas primeiras páxinas.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: OX MON rid novidades

No hay comentarios: