martes, 9 de abril de 2013

Peores maneras de morir, de Francisco González Ledesma

O brutal asasinato de dúas rapazas no barrio do Raval pon en alerta ao inspector Méndez, a quen non lle falla o olfacto para tirar do fío e descubrir que, detrás de tal atrocidade, se oculta unha sórdida organización internacional dedicada ao tráfico de belas mulleres eslavas.

"Peores maneras de morir" é unha radiografía social da Barcelona actual, na que os ideais do pasado se renderon ante un capitalismo feroz que, xa sen inimigos que o conteñan, converteu os seres humanos nunha mera mercadoría. A Barcelona de Méndez está a desaparecer e, talvez, o vello policía fágao con ela.

Francisco González Ledesma é o autor de referencia da novela policíaca ambientada en Barcelona. A novela mestura á perfección o estilo clásico do xénero negro (intriga,suspense, vidas cruzadas nos baixos fondos co gran dispendio dos ricos...) cunha intencionada denuncia social. A serie policíaca do policía Méndez é de recoñecido éxito internacional.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GON peo novidades intriga e misterio



No hay comentarios: