miércoles, 24 de abril de 2013

La verdad de la señorita Harriet, de Jane Harris

"Pareceravos estraño que sexa eu a primeira en falar de Ned Gillespie, pero quen senón eu ía facelo?"

Así empeza a súa historia Harriet Baxter, unha dama de case oitenta anos que en 1933, comodamente instalada na súa casa de Londres, recorda un día de primavera de 1888, cando ela, que xa roldaba os trinta e cinco anos e estaba condenada a ser unha solteirona, visitou por primeira vez Glasgow con ocasión da Exposición Internacional.

Nun dos seus paseos polas rúas da cidade, Harriet volveu encontrar a Ned Gillespie, un mozo pintor da escola de Glasgow, e empeñouse entón en coñecer a toda a súa familia. As visitas á casa onde vivía o artista coa súa esposa e as súas dúas fillas foron cada vez máis frecuentes, ata que un crime cambiou por completo o destino dos Gillespie, e Harriet de súpeto tivo que vérllelas coa xustiza.

Por que a policía chegou a sospeitar dunha dama tan entregada? A voz da anciá vai debullando unha versión moi persoal dos feitos... Está en mans do lector fiarse ou non das súas palabras.

Novela valente e ambiciosa, "La verdad de la señorita Harriet" é un espléndido thriller psicolóxico gobernado por unha voz poderosa que atrapa e manipula o lector dende as primeiras páxinas e valeu á súa autora a nominación National Book Award.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N HAR ver novidades intriga e misterio


No hay comentarios: