lunes, 1 de abril de 2013

La escandalosa señorita Pilgrim, de Frederica Sagor Maas

En 1924 e con só vinte e tres anos, Frederica Sagor Maas chegou a Hollywood e loitou ata converterse nunha cobizada guionista. Rebelde e enxeñosa, ela mesma relata nestas páxinas as súas experiencias nos anos dourados do cine mudo, e como sobreviviu nun mundo de xogos de poder, envexas e traizóns, dominado por homes: produtores e directores que, nas súas propias palabras, eran «uns analfabetos sexistas, alcohólicos, trepas, mentireiros e tramposos.»

Este é o apaixonante relato dunha muller que o viu todo, unha pioneira que arrepor aos peixes gordos da industria cinematográfica e viviu o suficiente para ser testemuña dos maiores escándalos do temperán Hollywood e, pasados os anos, contalo todo sen disimulos, nunha crónica picante que se le como unha doce vinganza.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: OX MAA esc novidades



No hay comentarios: