lunes, 29 de abril de 2013

Intemperie, de Jesús Carrasco

Un neno escapado de casa escoita, acazapado no fondo do seu acocho, os berros dos homes que o buscan. Cando a partida pasa, o que queda ante el é unha chaira infinita e árida que deberá atravesar se quere afastarse definitivamente daquilo que o fixo fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro e, a partir dese momento, xa nada será igual para ningún dos dous.

Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola seca e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, no que a moral escapou polo mesmo sumidoiro polo que se foi a auga. Nese escenario, o neno, aínda non de todo malogrado, terá a oportunidade de iniciarse nos dolorosos rudimentos do xuízo ou, pola contra, de exercer para sempre a violencia que mamou.

A través de arquetipos como o neno, o cabreiro ou o alguacil, Jesús Carrasco constrúe un relato duro, salpicado de momentos de gran lirismo. Unha novela tallada palabra a palabra, onde a presenza dunha natureza inclemente ganduxa toda a historia ata confundirse coa trama e na que a dignidade do ser humano xermola entre as gretas secas da terra cunha forza inusitada.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CAR int novidades vida cotiá

No hay comentarios: