lunes, 8 de abril de 2013

Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2013"

Como todos os anos, a biblioteca convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2013", na súa fase local.


Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dous modalidades: Narración e Debuxo, e este ano o tema seleccionado é "A toda máquina (coa imaxinación)"

As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos
B -- nenos de 9 a 11 anos
C --- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

O xurado, que estará formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade (debuxo e narración) e categoría (A, B e C) un máximo de 3 traballos. Os seleccionados daránse a coñocer antes do Día das Letras Galegas, e recibirán cadanseu diploma e lote de libros nun acto de entrega de premios na Biblioteca.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Descarga aquí a solicitude de inscrición.



No hay comentarios: