martes, 5 de marzo de 2013

Mysterium, de Rita Monaldi

Outono de 1646, Atto Melani, castrato e axente secreto ao servizo dos Medici, é enviado polos mecenas a París para interpretar unha ópera da que nada se sabe. Durante a travesía, o barco no que viaxa é atacado por piratas islámicos e Atto e outros superviventes refúxianse na antiga abadía da illa de Gorgona, no mar da Toscana.

Alí encontrará un manuscrito en latín que cuestiona toda a Historia da humanidade: o antigo Exipto, a verdade sobre Grecia e o esplendor do Imperio romano. Son as notas de Jacques Bouchard, asasinado cinco anos atrás en estrañas circunstancias cando descubriu un códice ancestral escondido entre os volumes da biblioteca do Vaticano.

Atto Melani relacionará os dous textos e descubrirá quen está detrás da morte de Bouchard. Pero por descontado, non é algo que os sabios da igrexa pretendan desvelar...

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MON mys histórica



No hay comentarios: