viernes, 4 de enero de 2013

El tango de la guardia vieja, de Arturo Pérez-Reverte

A trepidante aventura de Max Costa e Mecha Inzunza lévaos a percorrer tres escenarios distintos do convulso século XX: pasarán en 1928 por Bos Aires grazas a unha estraña aposta entre dous músicos, en Niza veranse envolvidos no medio dunha trama de espionaxe durante os anos da Guerra Civil española e os primeiros ventos da segunda Guerra Mundial, para rematar en Sorrento, nos anos sesenta, embarcados nunha inquietante partida de xadrez.

"El tango de la guardia vieja" narra con pulso admirable unha turbia e apaixonada historia de amor, traizóns e intrigas, que se prolonga durante catro décadas a través dun século convulso e fascinante, baixo a luz crepuscular dunha época que se extingue.

Un libro que apaixonará aos lectores habituais de Pérez-Reverte, pero que tamén atraerá a un novo público que gusta da espionaxe e a estratexia, e saberá apreciar este particular historia de amor.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N PER tan novidades intriga e misterio





No hay comentarios: