lunes, 30 de diciembre de 2013

Ata o ano que ven!



viernes, 27 de diciembre de 2013

Legado en los huesos, de Dolores Redondo

O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a punto de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, a inspectora da Policía Foral que un ano atrás resolvera os crimes do chamado basajaun, que sementou de terror o val do Baztán.

Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do basajaun asasinara, violado e mutilado a Johana, a adolescente filla da súa muller. De pronto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado.

Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha concisa e inquietante mensaxe: «Tarttalo». Esa soa palabra que remite ao personaxe fabuloso do imaxinario popular vasco destapará unha trama terrorífica que envolve á inspectora ata un trepidante final.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N RED leg novidades intriga e misterio




jueves, 26 de diciembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o contacontos "Contos para acabar cos medos" con Paula Carballeira

Tres contos de diferentes tradicións culturais, axudan a acabar co medo á escuridade, ao perigo, ao descoñecido, a través da valentía, da intelixencia, e sobre todo do humor.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 27, ás 18:00 h. na Ludoteca



martes, 24 de diciembre de 2013

Pechado por festas


Os días 24, 25, 31 e 1 a Biblioteca permanecerá pechada.
Desculpade as molestias.

Bo Nadal!


lunes, 23 de diciembre de 2013

Aviso: Horario de Nadal


Dende hoxe, luns 23, ata o 7 de Xaneiro (ambos incluídos), o horario da biblioteca será:

Luns a venres: de 9:00 a 20:00 h.

Sábados: de 10:00 a 14:00 h.


Mientras pueda pensarte, de Inma Chacón

"Non sei quen son"

Carlos Miranda ten corenta anos, é creativo de publicidade na cidade de Valencia e goza dun grande éxito persoal e profesional, pero non sabe quen é. A esa idade descobre que os seus pais, que o criaron con todo luxo de comodidades, en realidade non eran os seus proxenitores xa que lle compraron ao nacer nun ilegal e dubidoso procedemento de adopción onde un médico, unha monxa e un taxista foron cómplices necesarios.

Corenta anos antes, nunha casa berce da provincia de Valladolid, María Dolores González é unha moza de dezasete anos solteira e sen parella coñecida, que dá a luz un bebé. Ás poucas horas de alumeamento, comunícanlle que o neno morreu dunha estraña infección. Pero algo no seu interior lle di a moza que as cousas non son o que parecen.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CHA mie novidades vida cotiá



viernes, 20 de diciembre de 2013

Bo Nadal!


jueves, 19 de diciembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos "Contos para bebés" con Pavís Pavós

Un espectáculo de cantos, contos e arrolos para bebés.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 20, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 18 de diciembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (V)

Como xa falabamos a semana pasada, no club de lectura estamos rematando a novela “El señor Pip”, de Lloyd Jones.

Aí andamos, nun lugar como o da foto, pero nun contexto moito menos apacible.

De xeito que xa adiantei, a historia está contada na voz dunha pequena, Matilda, que vive certos días nos anos 90, embelesada por outra historia: a de “Grandes Esperanzas”, de Dickens; xa que Mr. Watts emprégaa como medio de aprendizaxe na escola.

Pero todo iso acontece nunha época de revoltas e conflictos que se desenvolven na illa por aquel entonces e que marcan un momento de gran crispación e horror no que se verán inmersos todos os personaxes da historia.

A lectura dividímola en dúas partes (dúas sesións do club), así que a nosa visión inicial, troca nestes días a medida que avanzan as páxinas. Non entanto, estabamos case todos de acordo, na idea de que é un acerto completo do autor, a voz narradora.

Matilda resulta ser a voz dunha pequena que lle resta importancia as cousas que para ela non a teñen. Nese senso, os protagonistas da historia atópanse nunha situación moi tráxica e dramática, pero ao lector esa sensación chégalle mitigada e iso fai a lectura moito máis levadeira.

Varios temas agroman na historia: a devastación que supón calquera conflicto, a morte, a idea da literatura como refuxio,…pero o máis salientable, por abarcar toda a estructura da novela, é o enfrontamento do home blanco co home negro. O imperialismo e as súas consecuencias.

Trátase, polo tanto, dunha historia capaz de satisfacer polos personaxes, pola ambientación (posto que, para a maioríai da xente, está situada nun lugar case descoñecido), polo ton e por ser de lectura áxil.

O título atópase dispoñible, en préstamo intrabibliotecario.



martes, 17 de diciembre de 2013

Proyecto Nocilla, de Agustín Fernández Mallo

Un ambicioso proxecto no que a Arte, con maiúsculas, toma a palabra, encarnada en hipnóticas pezas de prosa poética e microrrelatos co poder evocador dunha vella polaroid, coa colaboración do historietista e ilustrador Pere Joan.

«Dende que en 2006 apareceu no espazo literario desta lingua Nocilla dream, a primeira versión do "Proyecto Nocilla", seguida pola súa reversión, Nocilla experience (2008) e pola súa final investimento, Nocilla lab (2009), a constelación narrativa española xa non é a mesma. Non porque este Proxecto dunha escritura en construción refute outras opcións senón porque o seu radicalismo, independencia e novidade abren un espazo estraño por pouco entrevisto; en lugar dunha exploración das raíces, a memoria ou o pasado, Agustín Fernández Mallo propúxose un proxecto máis futurista que español: a construción dun espazo de actualidade desbordada, alí onde a escritura non se debe á melancolía da nacionalidade senón á proxección dunha lingua en devir. (...)

Como definir o asombro gratuíto da primeira lectura de Nocilla dream? Cada lector fíxoo con entusiasmo pola súa propia lectura, como é natural, e por vía comparativa dotouna dunha liñaxe tan ilustre como actual. A suma do Proxecto permítenos vela hoxe (e o termo é inexhausto) como unha primeira lectura reiterada: sempre é outro obxecto, con outra ruta de acceso.» 
Xulio Ortega

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N FER pro novidades vida cotiá

lunes, 16 de diciembre de 2013

Café Filosófico


Mañá temos unha nova reunión do noso Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: o ben e o mal (2ª parte)

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


Máis ideas para este Nadal


Hoxe traemos máis ideas para agasallar este Nadal, nesta ocasión para os maiores da casa. Novelas, non-ficción e cómic para todos os gustos.

Agasallos para este NadalCómics para regalar


viernes, 13 de diciembre de 2013

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 14, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Novo servizo "A biblioteca na túa casa"


Hoxe queremos informarvos do noso novo servizo "A biblioteca na túa casa". E en que consiste? Pois en achegar a biblioteca á xente que por problemas de saúde ou de mobilidade non pode vir ata a biblioteca, levando os préstamos ata as vosas casas.

O servizo é gratuito, e o único requisito é que vivades dentro do casco urbano de Lugo. Se vivides fóra da zona urbana, teríades que correr cos gastos do envío por correo. Os préstamos levaraos a voluntaria cultural María.

Podedes facer uso deste servizo de dúas maneiras:

1. Cubrindo este impreso (descargar aquí) e enviárnolo:

 Vía email:

Vía correo ordinario:
Biblioteca Pública Nodal de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro nº23
27002 Lugo

2. Chamando por teléfono ao 982 222 585, e dicindo que queredes facer uso do servizo de levar os préstamos a casa. Pediránvos o número de carné de socio e os libros / películas / revistas que queirades que vos leven a casa.

O préstamo é igual que o presencial, podedes solicitar 5 libros, 3 audiovisuais (música, películas, cd's) e 2 revistas, coa diferenza de que o plazo de préstamo será de 30 días.


Agardamos os vosos pedidos!


jueves, 12 de diciembre de 2013

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo "Entre arrolos e contiños" con Migallas

Entre arrolos e contiños os nenos e nenas compartirán con aquelas persoas que os/as coidan e os/as educan un momento de pracer lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 13, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 11 de diciembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (IV)

“Había encontrado a un nuevo amigo. Lo sorprendente era el lugar donde lo encontré, no en lo alto de un árbol, ni enfurruñado a la sombra, ni chapoteando en un arroyo, sino en un libro: Nadie nos había dicho que los amigos podían hallarse también allí. Ni que podíamos meternos en la piel de otro. Ni viajar a otro lugar con marjales, donde, a nuestros oídos, los malos hablaban como piratas”.

Nova proposta do club de lectura que veño contarvos hoxe: “El señor Pip” de Lloyd Jones. Mellor libro da Commonwealth en 2007 e premio Readers’ Choice Award en Nova Zelanda.

A novela conta a relación que se establece entre Matilda, unha nena que vive na illa de Bouganville, e o señor Pip, o protagonista de “Grandes esperanzas” de Dickens.

Son os primeiros anos da década dos 90 e a illa atópase inmersa nunha guerra civil, de xeito que todos viven rodeados de horror, destrucción e un bloqueo, que non permite chegar nin comida, nin medicamentos ou roupa á illa. Situámonos no Pacífico Sur. No conxunto de illas que comprende Papúa Nueva Guinea, e para ser máis exactos as Illas Solomon, que sufriron as consecuencias da independencia, recén adquirida en 1975.


Nesas circunstancias, un estrano home blanco, o señor Watts, decide facerse cargo da escola e lerlles aos pequenos, “Grandes esperanzas”. É desenvolver a idea de que a imaxinación axuda a facer máis soportable unha triste realidade.

Moitos califican a obra como metaliteraria: fala de literatura e fai referencias concretas a obras clásicas ou coñecidas.

O autor, Lloyd Jones, naceu en Nova Zelanda e aínda que estudou Ciencias Políticas, non chegou a graduarse. Exerceu o xornalismo viaxando por todo o mundo e comezou a publicar en 1985, sendo gañador de diversos premios literarios.

Veremos o que nos reporta esta lectura que, a priori, parece ben interesante.


martes, 10 de diciembre de 2013

Os mellores do 2013


Como en anos anteriores, aquí están os mellores libros da literatura infantil e xuvenil do 2013. Unha selección co mellor do mellor, na que podedes encontrar ideas para regalar este Nadal a algún pequeno lector.


lunes, 9 de diciembre de 2013

A cita da semana

Mesa de conversa en francés


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en francés.

Dun xeito ameno e divertido, e para todos os niveis de francés, podédes participar nestas mesas de diálogo coordinadas polos nosos voluntarios, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos mañá, martes 10, a partir das 12:30 na Sala multiusos

Animádevos a participar!



jueves, 5 de diciembre de 2013

El cielo ha vuelto, de Clara Sánchez

Patricia é unha nova modelo de pasarela cuxa vida parece marcada polo éxito. Nun voo de traballo coñece a Viviana, a súa compañeira de asento, que lle advirte que teña coidado porque alguén do seu ámbito desexa a súa morte.

Descrida e nada supersticiosa, cando Patricia regresa á felicidade do seu fogar decide esquecérselle esta recomendación sen fundamento. Ata que unha serie de fortuítos accidentes, que afectan ao seu traballo e á súa vida privada, a levan a buscar a Viviana para encontrar unha explicación a estes sucesos.

Gañadora do Premio Planeta 2013

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SAN cie novidades intriga e misterio


miércoles, 4 de diciembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (III)


Tal e como vos contaba a semana pasada, no club de lectura da Biblioteca estamos a ler "La extraordinaria vida de William Petty", unha obra de Alexandra Lapierre. Novela cuxa lectura se dividiu en tres sesións debido á extensión desta.

Na segunda sesión, afondamos un pouco máis nas percepcións de cada un dos lectores. A xeito de idea xeral, afirmouse que a autora realiza un labor de investigación moi exhaustiva, da cal se decata ao final do libro cun extenso compendio de notas e documentos gráficos. Trátase, segundo sinala a propia Lapierre, de non só completar a lectura, senón de lectura en si mesma.


O protagonista do noso libro, é un deses personaxes que son practicamente descoñecidos e aos que gusta de acudir a autora para novelalos e darlles unha nova vida.

"El castigo de Marsias"

de Tiziano,
unha das compras de Petty

William Petty veu ao mundo en 1587 no seo dunha familia humilde da zona fronteiriza entre Escocia e Inglaterra. Dende mozo mostra grande interese pola antigüidade e os estudos, o que lle permite ingresar na Universidade de Cambrige. E pronto, as súas ansias de coñecemento fan que entre a servir para a poderosa familia Arundel, dándose a circunstancia de que o conde era un dos maiores coleccionistas de arte de Inglaterra. Así é como o conde adestra a Petty para que desenvolva o seu gusto artístico e se dedique a "cazar" para el todo tipo de esculturas, pinturas…

En fin, un filón para crear unha novela de aventuras, como dixemos na crónica anterior. Unha novela que xuntase unha fantástica época histórica, cun personaxe amante da arte e unha trama entretecida de maneira que o lector non puidese despegarse das páxinas.

Non obstante, do mesmo xeito que concluímos que a parte de documentación é estupenda, a maior parte dos membros do club afirmaron non se enganchar coa historia. Ás veces, acontece que non se mesturan ben todos os ingredientes e o biscoito remata por ser calquera cousa menos un biscoito.


martes, 3 de diciembre de 2013

Obradoiro de Nadal


Mañá comeza o "Obradoiro de Nadal" para os máis pequenos

Unha actividade para nen@s de 5 a 9 anos

Para participar é necesario inscribirse no mostrador da Sala Infantil (15 prazas)

O obradoiro terá lugar os días 4, 11 e 18 de Decembro, ás 18:30 h. na Sala multiusos


Mesa de conversa en inglés


Mañá, mércores 4, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 18:30 no Salón de Actos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



lunes, 2 de diciembre de 2013

Biblioteca Quitapenas

A Biblioteca quere ser solidaria, e que tí tamén o sexas.

Dende hoxe e ata o 28 de febreiro, poñemos en marcha a campaña "Biblioteca Quitapenas".

Esta campaña consiste en cambiar as sancións que paralizan o teu carné - por mor das devolucións retrasadas - por produtos básicos non perecedoiros que se entregarán a Cáritas e ao Banco de Alimentos de Lugo.

  

Esteas sancionado ou non, teñas ou non préstamos, uses ou non a nosa biblioteca, sempre podes participar e doar alimentos!!!



Comezamos un novo curso de informática


Hoxe comeza o curso "Folla de Cálculo OpenOffice Calc (Básico)"

 Para todos os inscritos, o curso terá lugar os días 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de Decembro, de 16:30 a 18:30 h. na Sala multiusos da Biblioteca.

Agardamos que aprendades moito e desfrutedes do curso ;)


viernes, 29 de noviembre de 2013

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués, coordinado polo voluntario cultural Xavier García.

Esperámosvos mañá, sábado 30, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



jueves, 28 de noviembre de 2013

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Xa se achega Decembro e temos un montón de novidades nos andeis de non-ficción!! Unha boa maneira de botarlle un ollo a algún libro e coller ideas para regalar este Nadal. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.














Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premede aquí


Mañá na Biblioteca...


Temos animación con Os contos de Pablísimo "Príncipas e Princesos"

¡Faise saber que se buscan príncipes rosas...e princesas azuis!
¡Faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de Príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!
Son contos de Príncipas e Princesos! Unha divertida reflexión sobre a igualde.

Unha actividade para nen@s de 4 a 9 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 29, ás 18:00 h. na Ludoteca



miércoles, 27 de noviembre de 2013

As crónicas do Club de Lectura (II)

"¿Quién fue William Petty? ¿Un experto en arte clásico o un ladrón de obras de arte? Lo que sabemos con certeza es que fue uno de los primeros aventureros en perseguir los tesoros de la antigua Grecia a lo largo de la orilla del Mediterráneo y también uno de los primeros locos que consiguió apoderarse de las obras maestras de la humanidad. La historia ha olvidado su nombre. Sin embargo, William Petty fue el pionero que siguió los rastros de la Antigüedad para ofrecerlos a la posteridad.(…)

La historia de nuestro protagonista es un misterioso viaje. Petty empleó cualquier método, lícito o no, para llevar a Inglaterra trofeos de incalculable valor. Obras que hoy, cuatro siglos después, seguimos admirando en los más importantes museos del mundo."

A miña experiencia como lectora, faime desconfiar das contraportadas porque non lle son fieis ao libro en máis do 50% dos casos. No club de lectura andamos a ler “La extraordinaria vida de William Petty”, de Alexandra Lapierre e velaí tedes un exemplo de cómo distorsionar a información de cara a captar lectores ávidos de aventuras.

Acontece varias veces que, no club, temos que “partir” as lecturas. Isto é: naqueles libros nos que a extensión é moi ampla, vémonos na obriga de facer lecturas fraccionadas en varias sesións. Esta vez é así, xa que a novela acada as 460 páxinas, notas da autora aparte. De xeito que para a sesión inicial, propúxosenos a lectura das 120 primeiras.

E aquí era onde quería eu chegar. Nestas circunstancias, estou en condicións de reafirmarme no anterior: a obra ata o momento non ofrece aventuras, nin sequera un chisco de intriga para un ladrón como se di de Petty, de obras de arte.

De maneira que así estamos: tentando averiguar se Alexandra Lapierre (filla do afamado Dominique Lapierre) foi quen de, non só facer unha investigación exhaustiva (que parece que si), senón de trasladar á ficción o que prometía ser unha máis que interesante vida. A historia do personaxe real William Petty.

Na biblioteca podedes atopar esta historia baixo a sinatura N LAP ext

E tamén as obras máis recentes da mesma autora, como son:


Máis información sobre a autora en www.alexandralapierre.com