lunes, 31 de diciembre de 2012

Feliz ano 2013!


Un nadal de libros

Aquí vos deixamos unha reportaxe da cadea V Televisión sobre os libros máis vendidos este nadal e algunhas das novidades para 2013...




viernes, 28 de diciembre de 2012

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Marchando unha de novidades de non-ficción! Política, cociña, cultura, historia, saúde, filosofía, pensamento, informática.... e moitas máis propostas no noso boletín e nos andeis de novidades... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.

















Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


jueves, 27 de diciembre de 2012

Mañá na Biblioteca...


E para rematar o ano, temos sesión de animación á lectura con Iago López e "A princesa Sabela"

A princesa Sabela é unha princesa que non quere vestidos elegantes, nin que a peiteen, nin que a vistan de cousa...

Unha actividade para nen@s de 3 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 28, ás 18:00 h. na Sala de Actividades (Ludoteca)



miércoles, 26 de diciembre de 2012

Descobre os mellores do 2012

Os mellores libros da literatura infantil e xuvenil son os que podes atopar no noso novo boletín "Os mellores do 2012", unha selección dos premiados durante este ano que xa se acaba.




Novidades no fondo de adultos: Ficción

Tedes moito tempo libre este Nadal? Pois aquí están as últimas novidades por se vos apetece botar unhas cantas horas atrapados nun bó libro... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.

















Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


sábado, 22 de diciembre de 2012

Pechado por festas


Os días 24 e 31 de Decembro a Biblioteca permanecerá pechada.
Desculpade as molestias.

Bo Nadal!


viernes, 21 de diciembre de 2012

Bo Nadal!


Dende a Biblioteca Nodal queremos desexarvos unhas felices festas!



Aviso: Horario de Nadal



Dende o próximo mércores 26 ata o 7 de Xaneiro, o horario da biblioteca será:

Luns a venres: de 9:00 a 20:00 h.

Sábados: de 10:00 a 14:00 h.


Deja en paz al diablo, de John Verdon

Nada é nunca o que parece. E menos se David Gurney está involucrado.

Pasaron seis meses. David Gurney apenas conseguiu reincorporarse a certa normalidade despois de encontrarse ao bordo da morte tras resolver o caso máis perigoso ao que se enfrontara.

Madeleine, a súa esposa, está preocupada; Gurney foi diagnosticado con síndrome de estrés post traumático e nada parece alegralo. Días despois o ex detective recibe unha chamada. Connie Clarke, a xornalista que creou a lenda de superpoli e o catapultou á fama quere pedirlle axuda. A súa filla Kim está a realizar un documental sobre as familias das vítimas dun asasino en serie ao que nunca atraparon, o Bo Pastor, e Connie quixera que Gurney supervisase as súas investigacións e a guiase. En parte por aburrimento e en parte por facerlle un favor a Connie, Gurney acepta.

Non obstante, isto non será máis que o principio. Incapaz de poñerlle couto á súa curiosidade e á súa necesidade de resolver cada unha das incógnitas que se lle presentan, David Gurney verase arrastrado a unha investigación para descubrir a verdadeira identidade do asasino. Un asasino que é tan imprevisible como perigoso, un demo ao que conviría deixar en paz.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N VER dej novidades intriga e misterio





jueves, 20 de diciembre de 2012

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro de nadal "Soños de neve" con Cucarandainas

Un obradoiro deseñado para o desenvolvento da creatividade mediante o emprego de diferentes materiais, dando forma a distintos agasallos pensados para o Nadal.

Unha actividade para nen@s de 5 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 21, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 19 de diciembre de 2012

"Orgullo y prejuicio" no Facebook


Para todos os fans da escritora Jane Austen e dos xogos de Facebook, hoxe traemos esta novidade: "Jane Austen's Rogues and Romance"

E qué é isto? Pois un videoxogo no que Elizabeth Bennet e o señor Darcy escapararon das páxinas da novela, e no que temos que axudar a Jane Austen a atopalos para poder terminar o seu libro. Eles andan a percorrer paisaxes e ubicacións doutras das súas novelas, como Emma, Sentido e Sensibilidade, Persuasión ou Mansfield Park.

Se queredes xogar unha partidiña, non tedes máis que premer aquí





Obradoiro Literario


Mañá na Biblioteca temos un obradoiro literario do máis interesante!!

A encargada de impartilo será Marta Naveira e consistirá en facer composicións (narrativa e/ou poesía) a partir de frases.


A entrada é libre (no hai que anotarse previamente), e poden participar adultos a partir de 16 anos.

Xa o sabedes, mañá, ás 18:00 h. no Salón de Actos

Agardamos que desfrutedes e aprendades moito!



martes, 18 de diciembre de 2012

Nova reunión do Café Filosófico


Mañá terá lugar a terceira reunión do Café Filósofico, onde abordaremos un novo tema: a morte

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


lunes, 17 de diciembre de 2012

La librera y el hereje, de Brenda Vantrease

Inglaterra, 1528.

Tomás Moro, o poderoso chanceler de Lancaster, persegue sen piedade os seguidores da Reforma, nun país católico con fortes reticencias ao cambio relixioso. A máxima ambición de Enrique VIII é casar con Ana Bolena, pero a Igrexa e o Vaticano néganse a concederlle a anulación do seu matrimonio con Catalina de Aragón.

Con este escenario político como trasfondo, a moza Kate Gould e o seu irmán John dedícanse á venda de libros prohibidos nunha pequena libraría e imprenta de Londres. Pero cando arrestan a John por non cumprir a orde de queimalos todos, Kate trasládase a Bristol decidida a comprar novos libros e a preservar a súa liberdade. Aí coñecerá a John Fritz, un brillante universitario de Oxford con quen terá a posibilidade de emprender unha nova vida lonxe de Inglaterra.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N VAN lib novidades histórica



viernes, 14 de diciembre de 2012

Centro de interese "Nadal 2012"


Na sala infantil temos un novo centro de interese ao carón da nosa árbore de nadal feita de libros, vos gusta? Son todo historias do Nadal, para pasalo ben nestas datas. Estes son algús dos títulos que podedes atopar...