miércoles, 31 de octubre de 2012

O venres na Biblioteca...


Temos sesión de animación á lectura con Beatriz Iglesias e "Contos da lúa"

Son as historias que un pequeno trasno conta, e que son fruto dos seus sonos...

Unha actividade para nen@s de 3 a 12 anos

venres 2, ás 18:00 h. na Sala de Actividades (Sala infantil)



Recital e Presentación da revista "Aires Novos"

Este venres, 2 de novembro, estádes convidados ao recital de poemas e presentación da revista "Aires Novos"


Ás 19:00 h. no Salón de Actos


martes, 30 de octubre de 2012

O uso das bibliotecas no futuro...


Non pinta moi ben, verdade?



lunes, 29 de octubre de 2012

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Noviños, noviños!!! Así están estes libros recén chegados á Biblioteca. Botádelles un ollo porque temos para todos os gustos... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.

















Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


viernes, 26 de octubre de 2012

Tatuaxes bibliotecarios

Hai xente que leva a súa paixón polos libros ou pola súa profesión ata límites insospeitados... E unha das maneiras de demostrar esa paixón é mediante as tatuaxes. Dende a web www.mentalfloss.com chégannos varios exemplos de bibliófilos que decidiron marcar o seu corpo en honor ao mundo bibliotecario. A min, que queredes que vos diga, paréceme demasiado... ;)

O modelo "Catálogo de fichas"

O modelo "Mandándo calar... Shhhhh"

O modelo "CDU de Harry Potter" (para verdadeiros fans)

O modelo "Bibliotecario malote"



jueves, 25 de octubre de 2012

Mañá na Biblioteca...

Temos maxia con Javier Muro e "Un conto máxico"

Érase unha vez un neno chamado Javi que lle gustaba moito a lectura. Un día estaba lendo un libro cando sucedeu algo inesperado ....

Unha actividade para todos os públicos

Mañá, venres 26, ás 18:00 h. no Salón de Actos



miércoles, 24 de octubre de 2012

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Non se vos ocorre que facer nestes días grises e apagados de outono? Nós temos a solución: ler un bó libro tirados no sofá!!l E para iso aquí están as últimas novidades de ficción, que de seguro vos farán desfrutar. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...

















Se queredes saber que máis podedes atopar na sección de novidades, 
premer aquí


Feliz Día da Biblioteca!!

martes, 23 de octubre de 2012

Actividades no Día da Biblioteca

Mañá celebramos o noso día, o Día da Biblioteca!! Cada 24 de outubro as bibliotecas españolas o celebramos realizando diversas actividades, e nesta ocasión organizamos dous: os cafés filosóficos e unha obra de teatro para os pequenos.

¿E que son os cafés filosóficos?
Pois un café filosófico consiste nunha mesa de diálogo organizada nun lugar público co obxectivo de tratar un tema desde unha perspectiva filosófica, intercambiando diferentes puntos de vista e construindo unha reflexión común que nos axude a flexibilizar o noso pensamento, desenvolvendo deste xeito a capacidade de pensar críticamente e adquirindo consciencia das cuestions tratadas durante a actividade.

Non é un obradoiro de autoaxuda, nin unha clase de psicoloxía nin unha sesión de psicoterapia
.
As únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

As reunións durarán entre dúas e tres horas, e terán lugar unha vez ao mes, e pode participar todo o mundo, e de calquera idade. Cremos que un mundo onde se filosofe máis e no que se filosofe ben será un mundo mellor ;) 

Comezamos mañá, ás 18:00 h. na Sala Multiusos da Biblioteca.

E para os máis pequenos, temos sesión de teatro kamishibai con Cucarandainas e "Qué será será"


A técnica do Kamishibai chenga dende Xapón e permite ver os contos nun pequeno teatriño de madeira á vez que os nenos/as escoitan a historia, polo que interactúan coas imaxes

É unha actividade para todas as idades, e xa podédes inscribirvos no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).



lunes, 22 de octubre de 2012

Baila, baila, baila, de Haruki Murakami

En marzo de 1983, o novo protagonista desta novela, redactor freelance todoterreo, despois de pasar días sombríos, sente a necesidade de volver a certos escenarios da súa vida para axustar contas co pasado.

Viaxa a Sapporo coa intención de aloxarse no Hotel Delfín, onde anos atrás pasou unha semana cunha misteriosa muller que, de xeito inesperado, desapareceu do seu lado. Á súa chegada descobre que derrubaron o hotel e que no seu lugar se alza outro, moderno e luxoso, pero a súa estanza alí propicia a aparición de personaxes envolvidos nunha aura de irrealidade: unha guapa recepcionista que viviu experiencias inverosímiles, unha adolescente dotada dunha aguda sensibilidade, ou un antigo compañeiro de colexio, agora actor de éxito, que o meterá en graves apertos.

Asasinatos, viaxes a Hawai, pasaxes a outros mundos e festas sucédense ao ritmo da música que soa na radio do seu destartalado Subaru. O certo é que, como afirma un enigmático personaxe, todo está conectado. Porque só se regresa ao Hotel Delfín para poder empezar de novo.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MUR bai novidades vida cotiá


viernes, 19 de octubre de 2012

Exposición "Intervida"

Dende o día 16 ata o 31 de Outubro podédes visitar na Biblioteca a exposición "Intervida"


A exposición trata de achegar a temática dos dereitos da infancia ao público máis novo por medio de nove paneis. Unha plantilla de debuxo anima aos nenos/as a deixar a súa reflexión sobre o que significan os dereitos da infancia e xogar nun xogo online coñecendo os seus dereitos.



jueves, 18 de octubre de 2012

Mañá na Biblioteca...

Temos sesión de animación á lectura con Fátima Fernández e "Contos de galos e galiñas"



Ven coñecer estes galos e galiñas, teñen unhas historias moi interesantes por contar!

Unha actividade para nen@s a partir de 5 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 19, ás 18:00 h. na Sala Multiusos



miércoles, 17 de octubre de 2012

Ups, esquecín o libro!!

De seguro que dixéchedes esta frase máis dunha vez, a que si?? Pois a cadena hoteleira Travelodge foi máis aló, e confeccionou unha lista cos 10 libros máis esquecidos nos seus hoteis de Reino Unido, Irlanda e España. Como o listado é bastante actual, podedes imaxinar cal é o número un... Como curiosidade, dicirvos que no que vai de ano foron esquecidos  nos seus hoteis 22.000 exemplares, dos que 7.000 pertencen a este coñecido número un...


1. “Cincuenta Sombras de Grey”, E.L. James

2. “Millenium: Los hombres que no amaban a las mujeres”, Stieg Larsson

3. “La reina en el palacio de las corrientes de aire”, Stieg Larsson

4. “Cincuenta sombras liberadas”, E.L. James

5. “Los Juegos del Hambre”, Suzanne Collins

6. “La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina”, Stieg Larsson

7. “Cincuenta sombras más oscuras”, E.L. James

8. “En llamas”, Suzanne Collins

9. “Sinsajo”, Suzanne

10. “Criadas y Señoras”, Kathryn Stockett

Como vedes, agás o décimo, todos os demáis pertencen a distintas sagas. Esta claro que as triloxías están de moda ;)



martes, 16 de octubre de 2012

Novidades do cómic

Para os amantes do cómic, aquí están as útlimas novidades que chegaron á Biblioteca. Botádelles un ollo! Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...