viernes, 28 de septiembre de 2012

Lugares que no quiero compartir con nadie, de Elvira Lindo

Elvira Lindo percorre nestas páxinas aqueles lugares de Nova York que teñen algo especial, escenarios que evocan situacións persoais ou que pertencen ao noso imaxinario colectivo a través do cine ou da literatura. A partir dunha conversación cun descoñecido no barrio de Queens, a quen a escritora ha de explicar quen é, Elvira Lindo retrátase a si mesma a medida que descobre cantos de Nova York. Ao facelo, revélanos a esencia dalgúns lugares que existen aínda na gran mazá e outros que permanecen no corazón.

«Este libro é unha trampa a min mesma: falo de lugares que non me gustaría compartir con ninguén, porque forman parte da miña vida cotiá, non é unha guía turística, pero xa se sabe, igual que o contiñeiro non pode evitar contar un segredo, o narrador cae sempre no vicio de escribir o que vive.»

Elvira Lindo é dona dun estilo propio, dunha voz narrativa tan literaria como empática, tan directa como próxima, allea a calquera retórica. A súa prosa harmoniza o familiar e íntimo cunha marcada personalidade e hondura no seu modo de observar o mundo que a rodea. A súa voz é o fío condutor deste libro no que nos descobre cantos secretos, bares, restaurantes, parques, panadarías, postas de sol ou escenarios de película que gardan toda a esencia da cidade de Nova York.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: OX LIN lug






jueves, 27 de septiembre de 2012

Lendo na cama...


Que de seguro é o que facedes moitos de vós, pero hoxe imos máis aló e queremos ensinarvos este pixama... Non sei a vos, pero a min encántame!! Sobre todo o envoltorio, unha caixa en forma de libro. Son creación do deseñador Peter Alexander, para home e muller. Unha mágoa que xa non estean á venda...





miércoles, 26 de septiembre de 2012

A cita da semana


"Ante ciertos libros, uno se pregunta: ¿quién los leerá? 
Y ante ciertas personas uno se pregunta: ¿qué leerán?
Y al fin, libros y personas se encuentran."

André Gide (1859-1951), escritor francés



martes, 25 de septiembre de 2012

O poder dos libros...




lunes, 24 de septiembre de 2012

La huella del pájaro, de Max Bentow

É o asasino en serie máis cruel ao que o comisario Nils Trojan se enfrontou nunca. Escolle mulleres novas e louras, arráncalles o cabelo e os ollos e coloca no ventre dos cadáveres un paxaro morto. Unha nena, filla da segunda vítima, podería ter visto o asasino da súa nai, e Trojan alimenta a esperanza de que poida proporcionarlles algunha pista valiosa.

Non obstante, antes de que iso ocurra, a pequena desaparece, ante a alarma xeral e a do propio comisario, que, entre ataques de pánico e ameazas, empeza a temer pola vida daqueles aos que máis quere.Divorciado, cunha filla adolescente á que apenas ve pero que desexa protexer con todas as súas forzas, Trojan é un home atormentado por pesadelos nos que se ve incapaz de rescatar a unha misteriosa muller dunha morte segura. O seu único alivio son as citas que concerta con Jana Michels, a súa psicóloga, cara á que sente un interese que vai máis alá do profesional, un interese que pode poñela en peligro...

Con "La huella del pájaro" Max Bentow consegue unha novela que avanza a trescentos quilómetros por hora, lese co corazón nun puño e na que ninguén está a salvo.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N BEN hue novidades intriga e misterio


viernes, 21 de septiembre de 2012

Ciclo de cine "Y, para comer Lugo": Julie y Julia

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Julie y Julia", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Baseada en feitos reais. Julie Powell (Amy Adams) é unha moza que, convencida de que está a desperdiciar a súa vida, decide dedicar un ano a preparar todas as receitas de "Dominando a Arte da Cociña Francesa" (Mastering the art of french cooking), clásico libro de cociña da célebre cociñeira Julia Child (Meryl Streep). Durante ese ano, como alumna de Child, escribe cada día as súas experiencias nun blog que terá múltiples adeptos.



jueves, 20 de septiembre de 2012

Ciclo de cine "Y, para comer Lugo": A mí me gusta

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "A mí me gusta", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Margarita García soña con ser unha gran xefe de cociña, pero para ela o éxito non está no seu país. Así que deixa Venezuela para irse a Londres, onde se estrela contra unha realidade moi distinta. De volta á súa cociña caraqueña, tócalle empezar dende cero. E xusto cando a súa estima se vén ao piso, parece ter outra oportunidade: Paul Welsare, o xefe de cociña inglés que tanto admirou nas súas pasantías londinienses, vén ao restaurante onde ela traballa. Se obtén unha recomendación del, terá nas súas mans o pasaporte ao éxito. Pero Margarita e Paul son polos opostos.




miércoles, 19 de septiembre de 2012

Exposición fotográfica "Toñi Ónega"


Onte inauguramos con motivo da XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, e elaborada polo grupo Fonmiñá, unha exposición fotográfica en lembranza de Toñi Ónega, membro de esta agrupación. Desfrutade das súas fotos mentras esperades a proxección das películas...





Ciclo de cine "Y, para comer Lugo": Tortilla Soup

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Tortilla Soup", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Tras "Lluvia en los zapatos", a directora española María Ripoll -que estudara cine no American Film Institute-, volve aos Estados Unidos para rodar unha versión latina de "Comer, beber, amar", a aclamada comedia familiar de Ang Lee que retrata a vida dun xefe de cociña viúvo -aquí de orixe mexicana- que ten problemas co seu sentido do gusto e coas tres fillas solteiras coas que vive.



martes, 18 de septiembre de 2012

Ciclo de cine "Y, para comer Lugo": Comer, beber, amar

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Comer, beber, amar", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Agridoce comedia sobre a vida de Chu, un vello xefe de cociña de Taipei, viúvo e con tres fillas (Jen, Chien e Ning) moi distintas pero con algo en común: a rebeldía. Un bo día, as súas vidas empezan a complicarse: unha rosmona viúva múdase ao apartamento do lado, alguén queda embarazada, alguén cae nunha profunda depresión, alguén morre e alguén encontra o amor verdadeiro. O reputado director Ang Lee volveu a Taiwán para contar outra historia de sentimentos e emocións.



lunes, 17 de septiembre de 2012

Apúntate aos nosos obradoiros

Dentro da programación da Biblioteca estamos a organizar tres obradoiros para nenos e maiores moi interesantes, mirade, mirade...


IMPRESIÓN DUN PEQUENO LIBRO


Un obradoiro para adultos no que realizaráse un pequeno libreto mediante dúas técnicas de impresión: tipografía e pranchas de imprenta. Empregaráse unha autentica imprenta de época, e remataráse cunha sinxela encadernación en rústica, todo de maneira artesanal.

Podedes inscribiros de forma presencial na Biblioteca, ou enviando a solicitude (descargar aquí) por correo electrónico a seguinte dirección: 



INICIACIÓN Á ESCRITA


Outro obradoiro para adultos que, dende a lectura, convida a escribir, analizando algúns aspectos relacionados coa elaboración dun texto narrativo. Por exemplo, analizaráse a relación entre cine e literatura, comparando como narran os dous xenéros.

Podedes inscribiros de forma presencial na Biblioteca, ou enviando a solicitude (descargar aquí) por correo electrónico a seguinte dirección:



OBRADOIRO EXPRESO DE MANGA


Obradoiro para nen@s a partires de 9 anos, no que aprenderán os pasos básicos e conceptos principais do estilo do cómic xaponés "manga". Coñecerán como se deseña unha persoaxe, como é a elaboración dun bosquexo, un guión e unha páxina de banda deseñada. empregando distintos materiais  e técnicas orixinais usadas polos profesionais xaponeses.

Podedes inscribiros de forma presencial na Biblioteca, ou enviando a solicitude (descargar aquí) por correo electrónico a seguinte dirección: 

Ciclo de cine "Y, para comer Lugo": El gran restaurante

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "El gran restaurante", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: O Sr. Septime dirixe o seu luxoso restaurante cunha disciplina case militar. A visita dun Xefe de Estado sudamericano fará que o hotel se mobilice na súa honra, e deciden preparan un prato especial para el: a "Pirámide ao Septime". No momento da aparición do prato, o Presidente Novalés desaparece. Septime encóntrase entón nunha situación delicada: o comisario sospeita del, e é acosado polo secretario do presidente




viernes, 14 de septiembre de 2012

Aviso: Cambio de horario

Dende o próximo luns 17 voltamos ao noso horario habitual:

Luns a venres de 9 a 21 horas

Sábados de 10 a 14 horas


Cine e gastronomía


Aproveitando a colaboración da Biblioteca coa XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, quixemos complementar a programación cun centro de interese na nosa sala de audiovisuais: "Cine e Gastronomía". Se non tedes suficiente coas películas proxectadas, aquí podedes atopar algúns títulos máis relacionados có mundo da gastronomía. Bo proveito!!

















jueves, 13 de septiembre de 2012

XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Do 17 ao 22 de setembro terá lugar a XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor Lugo 2012, e coma todos os anos, a Biblioteca participa cun ciclo de películas que serán proxectadas no noso Salón de Actos.

A entrada é gratuita, así que estades todos convidados! Este ano, igual que o pasado, o ciclo está dedicado á gastronomía no cine, e denomínase "Y, para comer Lugo".

As proxeccións serán ás 20:00 h.

Aquí vos deixamos a programación, que tamén estará dispoñible na nosa axenda...

Luns 17
20.00 h. - El gran restaurante (1966)

Martes 18
20.00 h. - Comer, beber, amar (1994)

Mércores 19
20.00 h. - Tortilla Soup (2001)

Xoves 20
20.00 h. - A mí me gusta (2008)

Viernes 23
20.00 h. - Julie y Julia (2009)


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Centros de interese de Setembro


Na entrada da Biblioteca, ao lado do mostrador, podédes atopar dous novos centros de interese cunha selección de libros para comezar con bó pé o mes de setembro: "De volta a escola" e "Outra vez setembro..." Botádelles un ollo!!




martes, 11 de septiembre de 2012

O libro que non pode esperar


Ese é o título deste novidoso libro creado pola editorial argentina Eterna Cadencia. Un libro que como ben dí o seu nome, non pode esperar, porque o texto desaparece!!. A obra é un compendio de textos de xoves promesas da literatura latinoamericana, é unha vez que se saca do seu envoltorio, tarda entre dous e catro meses en desaparecer totalmente. Todo un reto para os lectores!! Botádelle unha ollada ao video...



lunes, 10 de septiembre de 2012

Misión olvido, de María Dueñas

Incapaz de recompoñer os seus propios anacos, a profesora Blanca Perea acepta á desesperada o que anticipa como un tedioso proxecto académico. A súa estabilidade persoal acaba de derrubarse, o seu matrimonio saltou polos aires. Confusa e devastada, a fuxida á insignificante universidade californiana de Santa Cecilia é a súa única opción.

O campus que a acolle resulta, non obstante, moito máis sedutor do previsto, axitado neses días por un movemento cívico contrario á destrución dunha paraxe lendaria co fin de construír nel un enorme centro comercial. E o labor que a absorbe -a catalogación do legado do seu vello compatriota Andrés Fontana, falecido décadas atrás- dista enormemente de ser tan insubstancial como prometía.

A medida que se afana en vertebrar a memoria daquel hispanista esquecido, xunto a ela vai gañando proximidade Daniel Carter, un colega americano veterano e atractivo que non ocupa o sitio que debería ocupar. Entre ambos os dous homes, un a través dos seus testemuños póstumos e outro coa súa complicidade crecente, Blanca verase arrastrada cara a unha armazón de sentimentos encontrados, intrigas soterradas e portas sen pechar.

Por que ninguén se preocupou nunca de rescatar o que Andrés Fontana deixou á súa morte? Por que, despois de trinta anos, alguén ten interese en que todo aquilo se destape á fin? Que ten que ver o labor inconcluso do vello hispanista con todo o que está a acontecer agora en Santa Cecilia? Que o moveu a desempoar a historia non contada das misións do Camiño Real? Antes de encontrar respostas, Blanca aínda ten moito que entender.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DUE mis novidades vida cotiá






viernes, 7 de septiembre de 2012

Uns marcapáxinas do máis naturais


Este que vedes aquí é o Sprout Bookmark, un sinxelo marcapáxinas coa forma do brote dunha planta. Moi simple, pero moi bonito. Según comentan na páxina web onde está a venda, "semella que crece a medida que o noso coñecemento crece". Para os interesados, está a venda aquí, un pack de 3 marcapáxinas por 5 libras.


E este outro está diseñado por Yuruliku, e semella unhas ramiñas verdes ou céspede brotando directamente do interior do libro. Son adhesivos, e de seguro que moi decorativos, xa que se poñemos varios nun andel podemos ter un xardín dentro da casa! ;)

Un bo regalo para os amantes da natureza!


jueves, 6 de septiembre de 2012

Únete aos nosos clubs de lectura


Volven á Biblioteca os nosos clubs de lectura, este ano con novidades!!

Como sempre vos contamos, un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo o mesmo libro, cada un na súa casa, e que logo se reunen na biblioteca, para compartir e contrastar as súas opinións. 

A biblioteca proporciona os libros aos integrantes do club, así que non vos teredes que preocupar de conseguir determinado título... Nós poñemos todo o necesario!

Podedes inscribiros directamente na Biblioteca, ou ben completar a solicitude de inscrición que atoparedes en cada clube e enviala por correo electrónico a esta dirección:
biblio.publica.lugo@xunta.es


CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS

20 prazas
Horario das reunións: Todos os xoves, de 18:00 a 20:00 h.



¡NOVIDADE! CLUB DE LECTURA INFANTIL

Este ano comezamos un club de lectura para rapac@s que lles guste ler, pero tamén para aqueles que non lean tanto, pero queiran facer amigos e falar sobre temas que lles interesan.

O grupo estará formado por un máximo de 15 nen@s, e as reunións serán unha vez ao mes.



¡NOVIDADE! CLUB DE LECTURA EN INGLÉS

Este novo club de lectura está dirixido a persoas cun nivel medio de Inglés, que estean interesados en practicar a lectura e a conversación nesta lingua, coñecer a cultura, a historia anglosaxona e queiran pasar un bo anaco, compartindo o pracer da lectura. 

Nalgunhas reunións, proxectaránse películas relacionadas co libro que se estea a ler.

Está orientado a maiores de 18 anos e as reunións serán unha vez ao mes.

Descarga aquí a solicitude de inscrición