viernes, 31 de agosto de 2012

La tabla esmeralda, de Carla Montero

Madrid, na actualidade. Ata que "El Astrólogo" se cruzou no seu camiño, Ana, unha nova historiadora da arte do Museo do Prado, levaba unha vida tranquila xunto a Konrad, un rico empresario e coleccionista de arte alemá. Pero unha carta escrita durante a Segunda Guerra Mundial ponos sobre a pista do misterioso cadro atribuído a Giorgione, o enigmático pintor do Renacemento. Alentado polo enorme valor de "El astrólogo", Konrad convence a Ana para embarcarse na súa busca. A moza, consciente de todas as dificultades que se lle presentan, pedirá axuda ao doutor Alain Arnoux de la Universidad de la Sorbona, especialista en localizar obras de arte espoliadas polos nazis. Pero esta decisión só parece complicarlle as cousas.

París, durante a ocupación alemá. O comandante das SS, Georg von Bergheim, militar de elite e heroe de guerra, acaba de recibir unha orde: debe encontrar o paradoiro dun cadro de Giorgione, coñecido como "El Astrólogo". Hitler está convencido de que a obra esconde un grande enigma, unha revelación que pasou de man en man durante séculos. A busca conduce o comandante ata Sarah Bauer, iniciándose entre eles unha persecución trepidante que terá consecuencias inesperadas para ambos os dous.

Dúas historias de amor separadas no tempo pero unidas polo misterio dun cadro desaparecido. Un perigoso xogo de ameazas e intereses ocultos que cambiará a vida dos protagonistas para sempre.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MON tab novidades

jueves, 30 de agosto de 2012

Aviso: Cambio de horario


O verán está a piques de rematar, e por iso dende o luns 3  ata o venres 14 de setembro, voltamos a abrir polas tardes con este horario:

Luns a venres de 9 a 20 horas

Sábados de 10 a 14 horas


miércoles, 29 de agosto de 2012

Os asasinatos de Poe

Dende o blog dos nosos amigos das Bibliotecas de Redondela, chéganos este gráfico-resumen de todos os asasinatos de Edgar Allan Poe... Na ficción, claro ;)



martes, 28 de agosto de 2012

A cita da semana


"Guárdate del hombre de un solo libro."

Benjamin Disraeli (1766-1848), estadísta inglés



lunes, 27 de agosto de 2012

La hija del Nilo, de Javier Negrete

No ano 48 a.C, unha moza Cleopatra, a última herdeira dos faraóns e do sangue de Alejandro Magno, comparte o trono de Exipto cun irmán ao que aborrece, Ptolomeo.

Moi lonxe de alí, en Grecia, decídese o futuro da república romana, encarnado no enconado enfrontamento dos seus dous xenerais máis carismáticos: Pompeyo e Julio César.

Alexandría convértese no escenario deste decisivo episodio no que, finalmente, acabarán encontrándose os intereses e as paixóns de Cleopatra, unha muller dotada dunha intelixencia excepcional e que goberna con man firme nun mundo de homes, e de César, o estratego e político máis brillante do seu tempo, decidido a converter Roma na cidade máis poderosa do mundo.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N NEG hij novidades histórica




viernes, 24 de agosto de 2012

¿Libros perigosos?


Hoxe atopamos esta nova en Internet, e a verdade é que estamos un tanto sorprendidos...


Según científicos da Academia de Ciencias Médicas de Rusia, os libros que foron gardados na casa por máis dunha década son "extremadamente perigosos" para a nosa saúde, e recomendan utilizar luvas e outras medidas para manipulalos e así minimizar os riscos.

Non seremos nós os que lles levemos a contra, pero parécenos unha noticia un tanto esaxerada... 

Vós que opinades? Credes que un libro de máis de 10 anos pode causar tantos males?


jueves, 23 de agosto de 2012

A cita da semana


"El libro es fuerza, es valor, es poder, es alimento; 
antorcha del pensamiento, y manantial del amor."

Rubén Darío (1867-1916), poeta e periodista nicaragüense



miércoles, 22 de agosto de 2012

Recordade: Cambiamos o noso Facebook

Como xa vos comentamos a semana pasada, a partires do mes de setembro, cambiaremos o noso perfil en Facebook e esta será a nosa páxina oficial:

 Só tedes que premer na imaxe e darlle a "Me gusta"

Esperámosvos a todos alí!!! 


martes, 21 de agosto de 2012

Paper Passion, para os amantes dos libros


Unha nova fragancia acaba de saír ao mercado, "Paper Passion, o perfume para os amantes dos libros". A curiosa iniciativa é creación do editor Gerhard Steidl, o perfumista Geza Schoen e a revista 'Wallpaper'. Un perfume unisex que ule únicamente a libro, e que ven empaquetado entre textos de Günter Grass. Aínda non sabemos onde se pode mercar, pero de seguro que é un bo complemento para todos os lectores de e-books que botan en falta o olor dun bo libro...


lunes, 20 de agosto de 2012

Como no ser una drama mamá, de Amaya Ascunce

Este libro é para todos os que oíron frases inesquecibles como estas: "Toma o zume rápido que se lle van as vitaminas", "Vouche lavar a boca con xabón", ou "Cres que son a dona do Banco de España?".

É para os nenos con reforzos e chándal de táctel que sabía que os cromos que regalaban na porta do cole levaban droga e que hai que facer dúas horas de dixestión para meterse na auga. Pero tamén é para os que aseguran convencidos que nunca serán como a súa nai. Infelices...

Aquí van as 101 frases que prometiches non repetir; a opinión dalgúns expertos, como Javier Urra e Orballo Ramos-Paul -a supernanny da tele-; a contribución de centos de lectores anónimos que contaron a súa versión; e a historia da nena, a protagonista, que sabe que o negro do plátano non está bo, por moito que o diga a súa nai. Se a túa nunca dixo estas frases, bendice a túa sorte!

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: 159 ASC com novidades



viernes, 17 de agosto de 2012

La luz del Guernica, de Baltasar Magro

Pablo Ruiz Picasso viaxa a Florencia dende París, a súa cidade de residencia. Nesa cidade verá por primeira vez un cadro de Rubens "Los desastres da guerra" que lle causará unha impresión duradeira e que será o xerme da súa obra máis recoñecida: o Guernica.

Xa de volta en París, a guerra civil estala e, o 27 de abril do 1937, Jaime Sabartés, o fiel secretario de Picasso móstralle a este a cobertura nos xornais do bombardeo de Guernica. Esta noticia impactante e sobrecolledora, o horror polo masacre xeral tan ben planeada, trastorna profundamente Pablo e os seus amigos. O embaixador de España aproveita a futura apertura da Exposición Internacional para pedirlle a Pablo un mural e, aínda que o prazo é bastante curto, o pintor acepta o compromiso.

En "La luz del Guernica", Magro conseguiu recrear con luxo de detalles e profunda admiración unha das obras artísticas máis importantes de todos os tempos e, dende logo, a mellor expresión pictórica dun tremendo masacre.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MAG luz novidades biográfica


jueves, 16 de agosto de 2012

En memoria de Esther Tusquets


O pasado mes de xullo morreu a escritora e directora da editorial Lumen Esther Tusquets, e para recodar a súa obra e aportacións ao mundo da literatura infantil, podedes atopar un punto na Biblioteca con todas as súas obras. 

Ata sempre Esther!





martes, 14 de agosto de 2012

Casa de verano con piscina, de Herman Koch

Próspero médico de cabeceira en Ámsterdam, Marc Schlosser exerce a súa profesión con certa dose de cinismo. A súa nutrida clientela valora especialmente o tempo que dedica ás consultas, pero esta aparente xenerosidade esconde unhas intencións menos nobres, que Marc disimula con habilidade.

Cando un dos seus pacientes, o famoso actor Ralph Meier, o invita a pasar uns días de verán xunto á súa familia, Marc acepta malia as reticencias de Caroline, a súa esposa, molesta pola arrogante vulgaridade de Ralph e a súa actitude de sedutor irresistible. Así, os Schlosser e os Meier, cos seus respectivos fillos adolescentes, compartirán cun maduro director de Hollywood e a súa noiva, corenta anos máis nova, unha casa con piscina a poucos quilómetros dunha praia mediterránea. Os días transcorren con apracible monotonía, entre comidas, paseos, longas conversacións de sobremesa, excesos co alcohol e galanteos máis ou menos inocentes, ata que unha noite se produce un grave incidente que interromperá as vacacións e cambiará para sempre a relación entre as dúas familias.

Casa de verán con piscina é unha novela apaixonante na que ninguén é de todo inocente, nin sequera os que parecen máis fráxiles e inofensivos. Herman Koch logra que o lector quede atrapado ante unha incómoda encrucillada moral, que o mantén en vino ata a última páxina.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N KOC cas novidades intriga e misterio


lunes, 13 de agosto de 2012

Uns libros moi animados...



viernes, 10 de agosto de 2012

Criadas y señoras, de Kathryn Stockett

Skeeter, de vinte e dous anos, regresou á súa casa en Jackson, no sur de Estados Unidos, tras rematar os seus estudos na Universidade de Mississippi. Pero como estamos en 1962, a súa nai non descansará ata que non vexa a súa filla cunha alianza na man.

Aibileen é unha criada negra. Unha muller sabia e impoñente que criou dezasete nenos brancos. Tras perder o seu propio fillo, que morreu mentres os seus capataces brancos miraban cara a outro lado, sente que algo cambiou no seu interior. Envórcase na educación da pequena nena que ten ao seu cargo, aínda que é consciente de que rematarán separándose co tempo.

Minny, a mellor amiga de Aibileen, é bajita, gordita e probablemente a muller coa lingua máis larga de todo Mississippi. Cociña como ninguén, pero non pode controlar as súas palabras, así que perde outro emprego. Por fin parece encontrar o seu sitio traballando para unha recén chegada á cidade que aínda non coñece a súa fama.

A pesar do distintas que son entre si, estas tres mulleres rematarán xuntándose para levar a cabo un proxecto clandestino que supoñerá un risco para todas. E por que? Porque se afogan dentro dos límites que lles impón a súa cidade e o seu tempo. E, ás veces, as barreiras están para saltárseas.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N STO cri vida cotiá



jueves, 9 de agosto de 2012

Cambios no noso Facebook


¡¡¡Aviso a todos os nosos amigos e seguidores do Facebook!!!

Gústanos facer as cousas ben, e para mellorar a nosa presencia no Facebook, no plazo de 15 días só poderedes atoparnos na páxina oficial da Biblioteca:


 Só tedes que entrar e darlle a "Me gusta"

Tiñamos o noso perfil duplicado, e xa é hora de por solución!! Esperámosvos a todos alí!!! 


Novidades no fondo de adultos: Non-ficción

Seguimos coas novidades, neste caso as de non-ficción. Aprender algo máis sobre a situación política, como criar coellos, facer pasteliños de punto ou coñecer novas fontes de enerxía son algunhas das cousas que podedes descubrir coas nosas novidades. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí



miércoles, 8 de agosto de 2012

Ludoteca de verán


Durante estos meses de verán convertemos a nosa sala de actividades da Sala Infantil nunha Ludoteca para os máis pequenos. Poderán aceder os nenos menores de 8 anos, sempre acompañados dun adulto. Alí poderán atopar xogos didácticos, puzzles, etc. para pasar un bó rato, ou ben levar libros da sala para ler na nosa super-alfombra! ;)





martes, 7 de agosto de 2012

Deixa voar a imaxinación...



lunes, 6 de agosto de 2012

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Coma este verán parece que non nos deixa desfrutar do sol e da praia, e para esas tardes de ocio, que mellor que unha boa novela!! Estas son as últimas novidades das que podedes desfrutar na Biblioteca. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí



viernes, 3 de agosto de 2012

La luz en casa de los demás, de Chiara Gamberale

Maria, unha muller libre e carismática, é a administradora do 315 de Grotta Perfetta, en Roma. Cando morre repentinamente, deixa unha filla de seis anos; e deixa tamén unha carta. A nena chámase Mandorla -Améndoa -, e xa só o seu nome encerra todo o encanto e o absurdo do que será o seu destino, xa que Maria deixou escrito que o verdadeiro pai de Mandorla é un dos homes que vive no edificio.

Tras unha asemblea de veciños na que ninguén confesa a súa paternidade, deciden criar a nena entre todos. Así, Mandorla irá cambiando de casa dos 6 aos 17 anos, adaptándose a cinco modelos de familia: será testemuña da soidade de Tina; vivirá a separación de Caterina e Samuele; acompañará a Paolo e Michelangelo ao Orgullo Gay; sentarase á mesa dos Barilla, unha familia tradicional, e vivirá as turbulencias da eterna parella de feito, Lidia e Lorenzo.

E mentres Mandorla crece, se namora e busca o seu pai, Chiara Gamberale recórdanos que, antes de ser mulleres, maridos, pais ou fillos, somos persoas: marabillosas e terribles, cunha infancia que nos persegue. Nesta luminosa novela descubrimos que a familia é unha alquimia indefinible: quen a ten é consciente do seu peso, ata o punto de querer librarse dela, e quen non a ten deséxaa como o único escenario posible da felicidade.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GAM luz novidades vida cotiá



jueves, 2 de agosto de 2012

A cita da semana


"Libros, caminos y días dan al hombre sabiduría"

Proverbio árabe



miércoles, 1 de agosto de 2012

Argine