jueves, 31 de mayo de 2012

Mañá na Biblioteca...



Temos o contacontos teatral "Contos de ratiños e amistade" con Trinke Trinke

Entre os ratos da biblioteca hai problemas de ciumes e de inadaptación. Faise preciso lembrar contos que tratan o tema e que lles axuden a solucionar estes problemas

Unha actividade para nen@s de 3 a 5 anos

Mañá, venres 1, ás 18:00 h. no Salón de Actos

miércoles, 30 de mayo de 2012

Aquí están os gañadores de Debuxo do Certame "Letras Galegas 2012"




Hoxe queremos ensinarvos os debuxos gañadores do Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2012". A cada cal máis bonito!! Visitade a nosa galería no Facebook...



martes, 29 de mayo de 2012

Novidades no fondo de adultos: Ficción

Marchando unha de novidades!! Xa temos o verán a volta da esquina, e non hai mellor época para sumerxirse nun bo libro. Estes son algúns dos títulos que podedes atopar nos nosos andeis. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí



lunes, 28 de mayo de 2012

Xa temos aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2012"

Queredes saber quenes foron os gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2012" na súa fase local? Pois estes son os nosos escritores e artistas merecedores deste premio...



DEBUXO


Categoría A (ata 8 anos)
Sara Álvarez Cibeira
Rubén Díaz Fraga
Patricia Rodríguez Dafonte

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Paula Barreiro Rodríguez
Mónica Díaz Fraga
Andrea García García

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Marina I. Riesco Amurrio
Helena Aurora Risco Montero
María Lage Díaz


NARRACIÓN

Categoría A (ata 8 anos)
Paula Espín García
Paula Reija García
Hugo Núñez Yáñez

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Raquel Eiras Lombardero

Paula Suárez Vázquez

Raquel González Padín

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Marina I. Riesco Amurrio
Antía Otero Gay
María Barrio Hermida

A entrega de premios terá lugar este mércores 30, ás 18:00 horas no Salón de Actos.

Noraboa a todos!!


viernes, 25 de mayo de 2012

A cita da semana


"Estos son malos tiempos. Los hijos han dejado de obedecer a sus padres y todo el mundo escribe libros"

Cicerón (106 a.C. - 43 a.C.), Escritor, orador y político romano



jueves, 24 de mayo de 2012

Mañá na Biblioteca...



Temos teatro con Caramuxo Teatro e "Glub, glub"

Caramuxo presenta o primeiro espectáculo de teatro para bebés en Galicia. Glub, glub conta a historia da amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual que introduce ós máis novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para disfrutar cos fillos da primeira viaxe polo mundo do teatro.

Unha actividade para nen@s de 6 meses a 3 anos


Dúas sesións: 18:00 e 18:30 h.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20-25 prazas por sesión)

Mañá, venres 25, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 23 de mayo de 2012

Novidades do Cómic

Seguindo coas novidades, hoxe tocalle o turno aos cómics. Se aínda non coñecedes a nosa nova Comiteca non sei que estades a esperar!! Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí



martes, 22 de mayo de 2012

Aspasia, amante de Atenas, de Julio Medem

Aspasia de Mileto, que coa súa sabedoría e beleza cativou a Pericles, é a protagonista absoluta desta novela. A través das súas páxinas o lector acompañaraa dende a súa infancia na cidade jonia de mileto á súa adolescencia no harén de Artajerjes e a súa primeira xuventude como escrava en Esparta: un camiño de coñecemento e perfección que desemboca, aos seus vinte anos, en Atenas.

Aspasia viviu nunha época crucial para a formación de Occidente. O punto culminante da súa traxectoria vital foi o encontro con Pericles: ao seu lado foi testemuña e protagonista da idade de ouro de Grecia, cando Atenas era o lugar onde se deron cita o esplendor das artes e o teatro, o nacemento da filosofía, as contradicións da democracia e a desolación da Guerra do Peloponeso.

Julio Medem converte a lendaria beleza e intelixencia da moza milesia na metáfora perfecta da grandeza ateniense e consegue que vexamos a través dos seus ollos os momentos que marcaron un tempo mítico.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MED asp novidades histórica






lunes, 21 de mayo de 2012

Unha fervenza de libros...


Obra da artista española Alicia Martín, que emprega libros na maioría das suas instalacións artísticas. Ademáis destas fervenzas de libros, aquí podédes ver algunhas das súas outras obras...











viernes, 18 de mayo de 2012

A Biblioteca na Feira do Libro




Como anos anteriores a Biblioteca está a participar na Feira do Libro sita na Praza Maior de Lugo. Dende o martes 15 ata o domingo 20 podédesvos achegar e coñecer as últimas novidades e todos os servizos que atoparedes na Biblioteca. E se aínda non sodes socios non o dubidedes, apuntádevos no noso stand, é totalmente gratuito! Eso sí, vide guapiños para a foto que vos sacaremos! ;) E xa para rematar, unhas cantas fotos tomadas esta tarde...



La torre prohibída, de Ángel Gutiérrez y David Zurdo

Tras sufrir un accidente que case remata coa súa vida e que lle provocou unha perda total da memoria, Jack Winger ingresa nunha clínica de repouso para recuperarse das graves secuelas. Alí explicaranlle que era xornalista de sucesos, que ninguén o visitou no hospital e que todos os internos padecen amnesia. O que ninguén lle contará é que todos os enfermos sofren pesadelos recorrentes, sonos terribles que se repiten cada noite. Nin que ás veces o enfermeiro xefe se leva a un interno ao bosque pero volve só, nin que existe unha torre cuxa entrada permanece oculta e á que non lles está permitido entrar...

Coa axuda de Julia, unha moza paciente cuxo pesadelo é, se cabe, moito máis terrible que a súa, Jack descubrirá que hai lugares nos que é mellor non se internar, e que algúns segredos deberían permanecer ocultos para sempre.

A obra gañadora do premio Minotauro 2012 é un thriller de terror cunha atmosfera asfixiante e unha resolución tan sorprendente que deixará coa boca aberta a máis dun lector. David Zurdo e Anxo Gutiérrez conseguiron entretecer unha trama que atrapa dende a primeira páxina.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GUT tor novidades terror



miércoles, 16 de mayo de 2012

O venres na Biblioteca...

Temos sesión de Contacontos Multilingües

E en que consisten estes contos? Pois son sesións de contacontos, en 5 idiomas diferentes: galego, castelán, inglés, francés e lingua de signos.


Podedes inscribirvos de forma presencial na Biblioteca ou ben enviado a solicitude (descargar no blog) por correo electrónico a seguinte dirección: biblio.publica.lugo@xunta.es

Unha actividade para nen@s de 4 a 8 anos

O venres 18, ás 18:00 h. na Sala de actividades


martes, 15 de mayo de 2012

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Queres saber que é o último que recibimos na Biblioteca en non-ficción? Unha chea de cousas!! Estas son algunhas delas! Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí